Calendario
Info da proba

Ordes

26/09/2021 9:00 - 13:00
Regulamento ANDAINA SOLIDARIA
“COÑECE O TEU CAMIÑO
A Xunta de Galicia, dentro das actividades promocionais do Xacobeo 2021, crea o programa “O teu
xacobeo”, no cal as entidades públicas ou privadas poden promover actividades relacionadas co ano santo.
Con este motivo, o Concello de Ordes realizará a Andaina Solidaria “Coñece o teu camiño” en colaboración
con Asotrame (Asociación galega de transplantados de médula ósea), que conta co obxectivo de prestar
apoio a persoas afectadas polo cancro hematolóxico e as súas familias, do mesmo modo que traballan día a
día para sensibilizar e informar ao conxunto da sociedade sobre a importancia de facerse doante de médula
ósea e colaborando na investigación contra esta enfermidade.
Así, vinculamos a promoción do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Inglés) que trasncorre pola
localidade de Ordes, dando visivilidade a dita asociación e o seu traballo.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
• Data, hora e lugar de saída:
Domingo,26 de setembro de 2021, ás 9:00 h. no campo de fútbol de Mesón do Vento (Ordes).
• Percorrido:
Distancia de 15 km., apta para tódalas idades, con saída do campo de fútbol de Mesón do Vento (disponse
de zona de aparcamento para os coches), hacia o lugar de O Seixo, onde se enlazará co Camiño de
Santiago en dirección hacia o lugar de Carrás onde finalizará a etapa.
Segundo se vaia producindo a chegada dos participantes ao punto de chegada, haberá servicio de autobús
gratuito para transportalos de volta ao punto de saída.
Lugar de saída:
https://www.google.com/maps/place/43%C2%B008'53.8%22N+8%C2%B022'39.9%22W/@43.1482696,-
8.378629,383m/data=!3m2!1e3!4b1!4m6!3m5!1s0x0:0x0!7e2!8m2!3d43.1482675!4d-8.3777346
Lugar de chegada:
https://www.google.com/maps/place/43%C2%B001'49.0%22N+8%C2%B024'20.3%22W/@43.0301824,-
8.4059621,323m/data=!3m1!1e3!4m15!1m8!3m7!1s0x0:0x0!2zNDPCsDA4JzUzLjgiTiA4wrAyMiczOS45Ilc!
3b1!7e2!8m2!3d43.1482675!4d-8.3777346!3m5!1s0x0:0x0!7e2!8m2!3d43.0302672!4d-8.4056239
Ata o 21/09/2021 ás 23:59 h. na web www.carreirasgalegas.com no apartado calendario, cun prezo de 5 €.
Todo o recadado será doado a Asotrame, contando ademáis cun dorsal 0, dando a posiblidade de que
calquera persoa, participante ou non na actividade, poda facer a doazón que considere.
Cada participante deberá de recoller o seu dorsal o propio día do evento (26 de setembro) de 8:00 a 8:30 h.
ao carón da saída.
Con cada dorsal entregaráse unha camiseta promocional ca que poder realizar o percorrido e información
cos puntos máis destacados do mesmo.
Ao fin da actividade, unha vez de volta todos os participantes ao lugar de saída, realizaráse un sorteo, en
base aos números dos dorsais, de distinto material deportivo facilitado polos colaboradores.
• Protocolo Covid-19:
Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento.
No caso de ser necesario polo número de inscritos, relizáse saída escalonada por grupos separados polo
tempo que se considere prudente.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por
imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade,
terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar
a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de
Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións,
medios de comunicación e/ou internet.