Calendario
Info da proba

Chantada

10/10/2021 9:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO
5ª ANDAINA POLO CORAZÓN DE GALIZA
1. DATA E LUGAR:
Celebrarase o día 10 de outubro de 2021, con saída e chegada no Cantón de
Chantada.
Saída ás 9:30h.
2. PERCORRIDO:
A proba discorre por pistas, bosques e ribeiras de Chantada e ten unha distancia
aproximada de 16 quilómetros cunha dificultade baixa
3. PARTICIPACIÓN:
O número máximo de participantes é de 400 persoas maiores de 16 anos.
O feito de inscribirse e participar nesta Andaina implica a aceptación deste
regulamento.
4. INSCRIPCIÓNS:
A través da páxina:
www.championchipnorte.com ou de xeito presencial en electrodomesticos Lage
O prazo para inscribirse remata o 7 de outubro de 2021 ás 23:59h.
5. PREZO:
A inscrición ten un custe de 7€.
6. ENTREGA DO IDENTIFICADOR
A entrega do identificador alusivo á Andaina será o domingo día 10 de outubro
de 8:00h a 9:15h no Cantón. Será obrigatorio colocalo nun lugar visible e non ser
manipulado para facer uso de todos os servizos establecidos pola Organización.
7. SINALIZACIÓN:
O percorrido estará debidamente sinalizado e marcado con cintas e frechas.
8. RESPONSABILIDADE:
O dispositivo de seguridade avituallamentos e sinalización estará debidamente
montado dentro do horario da andaina e estará operativo para todos os
participantes que se encontren entre os encargados da apertura e os
encargados do peche.
A Organización responsabilizarase dos accidentes que se rexistren dentro do
percorrido, pero declina toda responsabilidade en caso de accidente por abandono
do itinerario establecido, neglixencia do participante ou que este se encontre fora
dos parámetros establecidos no punto 8.
A Organización non se fai responsable dos obxectos de cada participante.
A Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí
mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta andaina.
9. ASISTENCIA:
A Organización contará con persoal de asistencia en ruta, varios voluntarios nos
puntos estratéxicos e persoas pechando a Andaina coa finalidade de que ningún
participante se quede rezagado, pero non nos facemos responsables de quen,
voluntariamente abandoe o percorrido establecido.
Os participantes están obligados a auxiliar aos accidentados e avisar á
Organización se alguén necesita axuda. Poderán informar de calquera percance
nos controis de paso, ao persoal da organización que estará ó longo do percorrido
ou nos números 637 85 88 83 – 609 8193 06.
10. NORMATIVA COVID-19
A organización velará por que se cumpla a normativa vixente relativa ao COVID-19,
será obligatorio utilizar a máscara nos lugares que sexa necesaria e manter, en todo
momento, a distancia de seguridade.
11. AVITUALLAMENTOS:
Disporase un punto de avituallamento ó longo do percorrido e outro na chegada,
nos que se ofrecerán productos líquidos e/ou sólidos.
É obriga de tod@s @s participantes preservar o entorno evitando tirar
desperdicios fóra das áreas de control. A tal efecto colocaranse colectores de lixo
nos avituallamentos.
A inscrición nesta andaina dá dereito á Organización para poder facer uso das
fotografías e imaxes do evento para a súa utilización, podendo publicalas en todos
aqueles soportes de comunicación (folletos, carteis, artigos de prensa, web, etc.)
que estime convinte para dar a coñecer a proba.