Calendario
Info da proba

Verín - Carreira polo Domund

23/10/2021 16:30 - 17:30
Regulamento Carreira solidaria que terá lugar na vila de Verín.
Distancias e horarios:
- 16:30 h. ANDAINA (4.500 m.)
- 17:30 h. De 6 a 8 anos: 850 m.
- 17:40 h. De 9 a 12 anos: 1.400 m.
- 17:50 h. De 13 a 16 anos: 1.400 m.
- 18:00 h. De 17 anos en adiante: 4.500 m.
- Unha vez finalizadas as carreiras anteriores e antes da entrega de premios: Biberón (ata 5 anos): 100 m.
Inscripción da carreira e a andaina de 4,5 km: donativo de 9 €.
Todos os participantes levarán camiseta conmemorativa.
Os nenos participantes terán medalla.
Entrega de trofeos nas categorías de nenos e na CARREIRA 4,5 km.
Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma.
Os menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto responsable.
O recadado será destinado íntegramente a axudar aos misioneiros colaborando coas Obras Misionais Pontificias a través da campaña do DOMUND 2021.
O derradeiro día para facer a inscripción será o martes 19 de outubro ás 23:00 h.
Os participantes deberán de entregar o día da recollida de dorsáis, nos locáis habilitados, a DECLARACIÓN RESPONSABLE firmada.
Os participantes deberán gardar a máscara posta na saída ata que, unha vez iniciada a marcha, poidan sacala con seguridade.
Deberá gardarse en todo momento a distancia mínima de 1,5 m de separación tanto na saída da proba, como en calquera adiantamento entre participantes durante o transcurso da mesma.
A asignación de dorsais será o venres día 22 e o participante poderá ver o dorsal na páxina onde se fai a inscripción online. A entrega física dos mesmos será na Praza Maior entre as 15:30 e as 16:30 h.
Pódese facer a inscripción online en:
INSCRIPCIÓN ONLINE
Pódese facer a inscripción presencial nos seguintes locaís:
- Delegación de Misións (Ourense)
- Parroquia de Verín
- Multisport (Verín)
Percorridos:
- De 6 a 8 anos (850 m.)
- De 9 a 16 anos (1.400 m.)
- Andaina e carreira (4.500 m.)