Calendario
Info da proba

Xalo - Nocturna

20/11/2021 19:00 - 22:00
Regulamento A cita máis relevante do outono co Monte Xalo está de volta. Por terceiro ano a asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Nocturna do Xalo. Unha proba de dobre modalidade, carreira e andaina, que o sábado 20 de novembro permitirá ás e aos participantes coñecer as sendas e camiños do monte en plena escuridade.

As liñas xerais da actividade serán as mesmas que en anteriores edicións: as e os participantes na carreira deberán percorrer 12,8 quilómetros, con saída e chegada na polideportiva de Castelo, ao igual que quen decida participar na andaina, cuxo percorrido será duns 8,5 quilómetros.

As inscrición terá un prezo de 15 euros, que incluirá unha camisola, o seguro de accidentes e a cea que as veciñas e veciños de Castelo servirán ao remate das probas. A carreira, como é habitual, estará cronometrada por Emesports, que tamén colabora na actividade.

A organización garantirá o cumprimento de todas as medidas sanitarias de prevención vixentes na data da actividade, que trasladará ás e aos participantes nos días previos.

Castelo Deporte mantén, ademais, o compromiso social das actividades que organiza, colaborando unha vez máis coa Fundación Mari Paz Jiménez, á que no momento da inscrición será posible realizar unha doazón.

O prazo de inscrición ábrese o mércores 3 e remata o martes 16 de novembro, e as prazas están limitadas a 175 en cada modalidade.