Calendario
Info da proba

Muros

27/03/2022 10:00 - 14:00
Regulamento I Trail Cova da Bruxa

Data: domingo, 27 de marzo de 2022.
Inscricións: Trail Cova da Bruxa

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

O clube de atletismo Serres Runners organizará a primeira edición do Trail Cova da Bruxa o vindeiro 27 de marzo de 2022 a partir das 10:00 horas no Concello de Muros.

A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos desputarase sobre 2 distancias (16 e 24 km aprox.); tamén haberá probas para escolares nados a partir de 2005 e posteriores.

A proba rexirase polo seguinte:

REGULAMENTO
Artigo 1. Horarios e distancias.
O Trail Cova da Bruxa terá os seguintes horarios e distancias:



Artigo 2. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite de 200 prazas en cada modalidade de Trail de adultos (Curto e Longo), e 25 prazas por cada proba escolar.

Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, percharase á mesma en cada carreira programada.

Artigo 3. Categorías de competición

CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL CURTO E TRAIL LONGO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2002 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1987 e 1977
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1976 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores

CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS PROBAS ESCOLARES
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 18 2005 - 2006
SUB 16 2007 - 2008
SUB 14 2009 - 2010
SUB 12 2011 – 2012
SUB 10 2013 – 2014
SUB 8 2015 e anteriores

Artigo 4. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de día).

Artigo 5. DISTANCIAS E DESNIVEIS NOS TRAILS DE ADULTOS
▪ DISTANCIAS:
Trail Curto: 16,00 km aprox.
Trail: 24,00 km aprox.
▪ DESNIVEL POSITIVO:
Trail Curto: 839 m aprox.
Trail: 1164 m aprox.
▪ DESNIVEL ACUMULADO:
Trail Curto: 1484 m aprox.
Trail: 2235 m aprox.



Artigo 6. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal

▪ APERTURA DE INSCRICIONS: luns 27 de decembro de 2021 ás 14.00 h
▪ PECHE DE INSCRICIONS: martes 22 de marzo de 2022 ás 23.59 h

▪ PREZOS DA INSCRICION:
✓ TRAIL CURTO: 15 €
✓ TRAIL LONGO: 20 €
✓ PROBAS ESCOLARES: GRATUITAS

Artigo 7. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 26 de marzo: de 17 a 20 horas na piscina municipal de Muros (opción recomendada);
• Domingo 27 de marzo: a partir das 09:00 horas e ate 30 minutos antes do comenzo de cada proba no lugar de saída.

Artigo 8. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento;
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos das probas de Trail Curto e Trail Longo.
▪ AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de competición antes da saída das probas).
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas aproximadamente no lugar de saída e meta de todas as probas.

Artigo 9. SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios na piscina municipal de Muros, aínda que este servizo estará supeditado á normativa Covid-19 vixente o día de celebración da proba.

Artigo 10. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento nos Trails Longo e Curto. Será responsabilidade dos participantes levar consigo mochila de hidratación e teléfono móvil:
▪ Avituallamento 1 (común a ambos Trails): km 10 aprox. (líquido e sólido);
▪ Avituallamento 2 (só Trail Longo): km 18 aprox. (líquido e sólido);
▪ Avituallamento META (todas as probas): (líquido e sólido).

Artigo 11. NORMATIVA COVID-19.
Aplicarase a normativa covid-19 vixente na data de celebración da proba, feito que será comunicado previamente aos participantes mediante as páxinas web e a través do correo electrónico.

Artigo 12. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde de 30’despois da publicación dos mesmos.

Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probasde Trail Running.

RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet oficiais.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de Trail running. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Información actualizada a 18/3/2022