Calendario
Info da proba

San Miguel de Oia - Vigo

19/12/2021 11:40
Regulamento XLIV Trofeo de Campo a Través en San Miguel de Oia - Vigo
A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar no XLIV Trofeo de Campo a Través que se celebrará o vindeiro día 19 de Decembro de 2.021 a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia, de acordo coas seguintes normas:
Este ano queremos dedicarlle esta carreira a todas as mulleres que participen na categoría absoluta e deporte adaptado do noso cros, e con tal motivo, faremos un sorteo de 4 vales de compra en material deportivo. Entrarán no sorteo todas as mulleres que se presenten na liña de saída na carreira popular as 11:40 da mañá, e que estean debidamente inscritas en dita competición. Para os homes que cumpran as mesmas condicións tamén se sortearan 3 vales de compra en material deportivo.
1º A participación está aberta a atletas federados ou non federados con excepción dos atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas estranxeiros que houberan feito, durante a presente tempada ou as 2 anteriores, unha marca dun valor de 950 puntos ou superior por táboa IAAF vixente (como se detalla no artigo 3.4 do regulamento das competicións da RFEA), salvo permiso expreso concedido. Este punto non é aplicable para atletas (españois ou
estranxeiros) con licenza dilixenciada pola Federación Galega de Atletismo.

2º As carreiras estarán reguladas baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo.
3º Os dorsais serán facilitados pola organización e deberán levarse en toda súa extensión, sen dobreces que dificulten a súa visión po los Xuíces, sendo o contrario motivo de descualificación.
4º Tódolos clubes, centros escolares ou agrupacións teñen que estar representados por un delegado que deberá presentarse en secretaría como mínimo media hora antes da hora prevista para o inicio da competición a fin de retirar os dorsais e documentación da mesma.
5º As inscricións faranse na páxina web Carreiras Galegas tendo como fecha límite o día 17 de decembro as 20:00 horas, onde deberán indicar os datos da inscrición requiridos. Carreira popular, máximo 300 participantes.
6º Premios. Para todas as categorías entregaránselle trofeo os tres primeiros de cada categoría e sexo e medalla ó resto dos participantes.
Na carreira popular entregaranse trofeos os tres primeiros das seguintes categorías, tanto feminino como masculino:
A- Nados entre os anos 2.001 e 1.988.
B- Nados entre os anos 1.987 e 1.979.
C- Nados entre os anos 1.978 e 1.970.
D- Nados entre os anos 1.969 e 1.961.
E- Nados entre os anos 1.960 e 1.954
F- Nados entre os anos 1.953 e anteriores.
Os vales do material deportivo serán os seguintes:
Para as mulleres
1 vale en material deportivo de 150€
1 vale en material deportivo de 100€
1 vale en material deportivo de 75€
1 vale en material deportivo de 50€
Para os homes
1 vale en material deportivo de 150€
1 vale en material deportivo de 100€
1 vale en material deportivo de 75€
7º Os premios individuais non serán acumulables.
8º A proba está cuberta cun seguro de responsabilidade civil obrigatorio e seguro de accidentes.
9º A organización desta proba non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
10º As reclamacións sobre de este regulamento e outras incidencias non contempladas no mesmo faranse de acordo cos regulamentos da WA, RFEA e FGA en vigor.
11º A inscrición nesta competición implica a aceptación do presente regulamento.