Calendario
Info da proba

Villalba - San Silvestre

31/12/2021 17:30 - 18:30
Regulamento VI CARREIRA-ANDAINA“SAN SILVESTRE VILALBESA” venres 31 DE DECEMBRO
2021
O evento terá unha duración aproximada de 3 horas, dende as 15:30h ata as 18:30 h da
tarde, do 31 de Decembro do 2021 e comezará coas carreiras dos máis pequenos sobre
as 16:30 h da tarde aproximadamente.
A proba celébrase no núcleo urbano, polas distintas rúas de Vilalba, sendo a saída e a
chegada, dende a Rúa da pravia, para todas as categorías. O evento divídese en tres
bloques:
1) CARREIRAS MENORES.
Categoría A: 2018- 2017- 2016--------------------------------------200 m aproximadamente
Categoría B: 2015-2014-----------------------------------------------400 m aproximadamente
Categoría C: 2013-2012-2011--------------------------------------1000 m aproximadamente
Categoría D: 2010-2009-2008--------------------------------------1600 m aproximadamente
En tódalas carreiras de menores, queda prohibido que os/as pais/nais/titores dos
nenos/as, corran á súa beira.
Categoría A:
* Hora de saída aproximada: 16:30 h
Categoría B:
* Hora de saída aproximada: 16:40 h
Categoría C:
* Hora de saída aproximada: 16:50 h
Categoría D:
* Hora de saída aproximada: 17:00 h
 Data e custe de inscrición categorías menores:
De balde (dende o 17 de decembro ata o 28 ambos inclusive).
 Medios de inscrición:
- Online: www.championchipnorte.com
- Presencial: Oficina de Deportes- Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00
horas
Non se admiten inscricións fora de prazo
2) CARREIRA (aproximadamente de 5000 metros).
Poden participar nesta carreira tódolos/as participantes nados no ano 2007 e anteriores.
Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedilo ano,
tódolos participantes poden asistir disfrazados.
 Hora aproximada da saída:
17:30 h
 Data e custe de inscrición:
3 € (dende o 17 de decembro ata o 25 ambos inclusive).
5 € (dende o 26 ata o 28 de decembro ambos inclusive).
 Medios de inscrición:
- Online: www.championchipnorte.com
- Presencial: Oficina de Deportes- Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00 h.
Non se admiten inscricións fora de prazo
3) ANDAINA (aproximadamente 2500 metros).
Nesta andaina, non existe límite de idade, podendo participar dende nenos/as recen
nados no seu carro e a súa familia, ata os máis maiores. Tamén poden participar donos
coa súa mascota sempre e cando, a mascota, leve o material idóneo para a seguridade
dos participantes e do evento en si. Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis
festivo posible para despedilo ano, os/as deportistas que participen con disfrace, entrarán
no sorteo de diferentes agasallos.
Na andaina, poden participar tódolos/as nenos/as das categorías previas para
menores, non sendo necesaria a adquisición do dorsal de andaina.
 Hora aproximada da saída:
17:30 h
 Custe e data de inscrición:
2 € (dende o 17 de decembro ata o 28 de decembro ambos inclusive).
 Medios de inscrición:
- Online: www.championchipnorte.com
- Presencial: Oficina de Deportes- Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00
horas.
Non se admiten inscricións fora de prazo
4) RECOLLIDA DE DORSAIS.
*O 30 de decembro, na oficina de Deportes do Concello de Vilalba, en horario de 8 a 15 h.
* O propio día do evento, 31 de decembro na praza da Constitución, a partir das 15:00 h.
5) PREMIOS.
O remate da última carreira, realizarase a entrega de trofeos, que se repartirán da
seguinte maneira.
- PREMIOS CATEGORÍA MENORES. (categoría A, B,C,D).
Medallas para tódolos participantes (entrega a chegada dos deportistas en meta).
- PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA.
1º/1ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
2º/2ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
3º/3ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
- PREMIOS PARTICIPACIÓN
Tódolos/as participantes con DORSAL, poderán degustar un CHOCOLATE CON
CHURROS na Praza da Constitución (obrigatorio ter dorsal para beneficiarse da
promoción).
5) CONSIDERACIÓNS
Esta edición cumprirá en todo momento coas medidas establecidas para eventos e
actividades multitudinarias, así como da normativa vixente provocada pola COVID- 19, na
data da celebración do evento. Os/as participantes levarán a máscara nas zonas comúns
e de ocio, así coma na saída e logo de cada proba.
6) RESPONSABILIDADE.
A participación no evento levarase a cabo baixo a responsabilidade e propio risco do
participante, sendo o único responsable de cumprir coa normativa Covid no lugar de
realización do evento, ademais, deberá ter en conta o respecto e cumprimento da
normativa sobre seguridade viaria. No momento da inscrición, manifesta atoparse
fisicamente apto para percorrer a súa distancia. A organización declina toda
responsabilidade dos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba,
causarse eles mesmos ou derivar deles a terceiros.
A inscrición e participación na VI San Silvestre Vilalbesa 2021, supón a aceptación do
Regulamento e Normas do mesmo.
7) INFORMACIÓN DE INTERESE.
- Aparcadoiros: os participantes disporán dunha zona de estacionamento no
Campo da Feira, na Rúa de Abadín e na Rúa de Guitiriz
- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo de
gardarroupa habilitado pola organización
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán á disposición dos participantes as
duchas dos vestiarios 5 e 6 do Pavillón Municipal de Deportes situado no Campo
da Feira.
- Avituallamento: o rematar as probas tódolos/las participantes, teñen habilitada
unha zona de avituallamento, para rebatela fatiga ou cansazo.
A