Calendario
Info da proba

Ourense - San Silvestre

31/12/2021 16:30 - 17:30
Regulamento REGULAMENTO
1. ORGANIZACIÓN
Sublime Deporte y Cultura S.L. e o Consello Municipal de Deportes do Concello de
Ourense coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de
Atletismo e o Club Deportivo Aurum organizan o venres, 31 de decembro de 2021 a
“VI Carreira Popular San Silvestre Ourensá”.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos (o día da proba) que o
desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto
pola Organización.
3. INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través de https://www.carreirasgalegas.com/ entre o 10 e
o 27 de decembro de 2021 ás 23:59 h.
Cota de de inscrición:
- Do 10 ao 17 de decembro de 2021: 5€
- Do 18 ao 27 de decembro de 2021: 7€
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe, agás no suposto de
suspensión da proba por restricións para facer fronte á COVID-19 determinadas pola
autoridade competente.
4. DECLARACIÓN RESPONSABLE
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte
do/a atleta dos datos que aporta.
No momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando a súa
responsabilidade sobre os seguintes termos:
VI SAN SILVESTRE OURENSÁ
- Que antes de saír cara a actividade deportiva teño realizado o auto test do
SERGAS, non manifestando ningún síntoma de COVID-19 (febre, tose, ou falta
de alento).
- Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o protocolo
de prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa
Organización.
- Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o
Regulamento desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
- Que cumpro os requisitos de admisión establecidos no documento Protocolo
COVID obriga de información e consentimento informado, non sendo grupo
de risco.
- Que non convivo con ninguén que sexa grupo de risco, ou que no caso de
que así sexa, participa na actividade baixo a súa propia responsabilidade.
- Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade no
contexto da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que asumo baixo a
miña propia responsabilidade.
Esta declaración responsable fará referencia ao mesmo día da proba. Polo que, no
caso de non poder cumprir algún dos ítems anteriores, o/a atleta non tomará parte na
carreira.
Aqueles participantes e acompañantes que veñan de fóra de Galicia e/ou estiveran
nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica COVID,
inescusablemente deberán comunicarllo de forma veraz ao Servizo Galego de Saúde
a través de https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs no que ademais
se especifican cales son estas zonas. Esta comunicación deberá ser completada por
cada un dos viaxeiros/as, que serán responsables de que a información subministrada
sexa veraz e precisa. En caso de menores de idade, persoas dependentes ou
incapacitadas, a declaración será cuberta polo seu titor, que se fará responsable da
veracidade da información subministrada.
VI SAN SILVESTRE OURENSÁ
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e chips serán entregados o día 30 de decembro de 2021 no lugar que lles
será comunicado aos participantes con suficiente antelación.
Para retirar o dorsal cada participante deberá amosar o certificado de vacinación
COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR
negativo cunha antelación máxima de 72 h. á celebración da proba ou ben a
aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun
período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.
Non se entregarán dorsais e chips o día da proba.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal no peito en todo
momento, sen dobrar nin ocultar, ben visible.
6. SAÍDA – HORARIO
A Saída e Meta estará situada no Xardín do Posío.
Á zona de Saída e Meta haberá que acceder con máscara.
Realizaranse saídas de ata 300 atletas simultaneamente. Os/as atletas deberán
permanecer na zona de saída coa máscara e deberan saír correndo coa máscara
posta, podéndoa retirar transcorridos os suficientes metros que garantan a distancia
de seguridade.
A máscara poderá ser gardada polo atleta que a poderá portar durante a carreira,
poderá correr con ela se así o desexa ou poderá ser quitada e tirada nos contedores.
Realizaranse tantas quendas como a organización estime cumprindo coas medidas de
seguridade e control establecidas.
A saída da primeira quenda terá lugar ás 16:30 h.
A cadencia entre as diferentes quendas será de 1 minuto.
VI SAN SILVESTRE OURENSÁ
7. PERCORRIDO
O percorrido transcorrerá por un circuíto de 2,5 Km. ao que haberá que dar dúas
voltas (5 Km.):
Xardín do Posío - Rúa Padre Feijóo - Rúa Colón - Praza Maior - Rúa Barreira - Rúa
Burgas - Rúa Desengano - Avenida de Pontevedra - Rúa Lamas Carbajal - Rúa do
Paseo - Rúa Concordia - Rúa Santo Domingo - Praza do Ferro - Rúa dos Fornos - Rúa
Unión - Praza do Trigo - Rúa Hernán Cortés - Rúa Prieto Nespereira - Rúa Lugo -
Xardín do Posío.
O Organizador poderá modificar o percorrido por motivos de seguridade ou por
causa de forza maior.
8. XULGAMENTO DA COMPETICIÓN
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo polo
que estará cronometrada e controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
9. DESCUALIFICACIÓNS
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal – chip visible por diante ou manipulalo,
falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.
Os Servizos Médicos, o Xuíz Árbitro da competición e o persoal de Organización,
están facultados para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico evidente.
Todo/a aquel/a atleta descualificado/a recibirá unha máscara e deberá retirar o seu
dorsal e abandonar o circuíto inmediatamente.
O tempo máximo para completar a proba é de 45 minutos.
10. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
VI SAN SILVESTRE OURENSÁ
11. SERVIZOS MÉDICOS E SEGUROS
Haberá servizo de ambulancia e médico para a atención.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de
Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes.
É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes, que atenderá aos sinistros que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento
ao lugar da competición ou desde este á orixe.
12. PREMIOS
12.1 Premio Carreira Absoluta
Premio para os 5 primeiros homes e 5 primeiras mulleres da carreira absoluta.
12.2 Premio Mellor Disfrace
Premio para o mellor disfrace individual.
Premio para o mellor disfrace de grupo (2 ou máis membros).
Para optar ao premio de mellor disfrace individual deberá completar a carreira.
Para optar ao premio de mellor disfrace de grupo deberán completar a carreira como
mínimo 2 membros do grupo.
O premio para mellor disfrace, individual e de grupo, non virá determinado polo
posto na carreira, será concedido por un xurado designado pola organización, e a súa
decisión será inapelable.
13. NORMATIVA
Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e, de ser
preciso, a normativa RFEA e WA.