Calendario
Ver carrera

Mondariz - Orixes

21/05/2022 8:00 - 20:00

[ Go Back ]

Descripción IV Trail Orixes, Mondariz

Data: sábado, 21 de maio de 2022 a partir das 8 h.
Web: Asociación Deportiva Mondariz (máis información: perfís, tempos de corte...)
Inscricións: Trail Orixes

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

O concello de Mondariz xunto coa Asociación Deportiva Mondariz organizan a IV Trail Orixes Mondariz, o día 21 de maio de 2022. A proba por montaña consta de catro distancias; ultra 60 km, Maratón 40 km, Trail 26 km, Minitrail 14 km, que percorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz e concellos lindantes.

Trail Orixes Mondariz nace co propósito de dar a coñecer lugares de Mondariz que foron e son parte do modo de vida do pobo e forman parte dá contorna.

O tipo de terreo polo que discorre a proba e variado, cunha dificultade técnica e física alta. A proba desenvolvese entre a media e baixa montaña acadando a cota máis alta de 927 metros de altitude.

DATOS TÉCNICOS:
Ultra 60 km 6400 desnivel acumulado +/-
Maratón 40km 4600 desnivel acumulados +/-
Trail 26km e 2400m aculados +/-
Minitrail 14km e 1000m +/- acumulados

REQUISITOS:
Ser maior de idade no día da proba. (Minitrail a partir dos 14 anos).
Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento.

Estar totalmente informado sobre o que é Trail Orixes Mondariz 2022 e dispor do coñecemento, experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder apoiar e superar os posibles problemas relacionados coa ultra-resistencia, desnivel, xeografía e o entorno salvaxe do evento, tales como: fatiga, problemas dixestivos, problemas músculo e articulacións, contusións, lesións menores, frío, choiva, neve, néboa, esvaróns, calor … etc.

Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición.

Data: 21 de maio de 2022
Hora e lugar de saída: Dende a Praza de España as 8:00h as 20:00h, ou en caso de mal tempo no Campo da Minada (CPI Mondariz) Av. Grupo Escolar, 36870 Mondariz, Pontevedra

Establécense os seguintes períodos de inscrición, do 01 de febreiro, o dia 16 de maio as 23:59h, de 2022.

Prezos:
Os prezos incrementaranse a medida que se aproxime a data do evento.

Día 01/02/2022 a 06/03/2022
Ultra 60km: 35 euros
Maratón 40km: 25 euros
Trail 25km: 22 euros
MiniTrail 14km: 17 euros

Dende o 07/03/2022 ata 16/05/2022
Ultra 60km: 47 euros
Maratón 40km: 37 euros
Trail 25km: 30 euros
MiniTrail 14km: 20 euros

Dende a organización, as persoas inscritas a partir do 4 de abril por loxística e tempos de producción non podemos garantizar que os obsequios da bolsa do corredor sexan iguais o dos corredores incritos anteriormente, podendo cambiar calidades, marcas e tallas de obsequios que correspondan co solicitado.

DISTANCIAS E DESNIVEIS:

ULTRA E MARATÓN: 60 km, 6.400 m desnivel +/- acumulado e 40 km e 4.800 m desnivel acumulado respectivamente.
A saída está prevista para as 08:000 horas do día 21 de maio de 2022, dende a praza de españa ou Avenida Grupo Escolar no caso de mal tempo, cunha duración estimada de 6:30 horas para os primeiros participantes e unha duración máxima de 12h, limitados polas horas de luz. A organización conta con varios puntos de corte.

TRAIL: 25 km e 2600 m denivel +/- acumulado
O percorrido do Trail de 26km comparte percorrido coa primeira parte e parte media da Maratón. Ás 09:30 horas terá lugar a saída dende a Praza de España, e contará con 4 avituallamentos. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente, co que repor enerxías.

MINITRAIL: 14 km e 1000 desnivel +/- acumulado
A distancia MiniTrail forma pate da proba Orixes, e comparte percorrido coas distancias Ultra, Maratón e trail na súa parte final, con unha distacia de 14 Km.

A saída está prevista para as 11:00 horas do día 21 de MAIO de 2022, dende a Praza de España ou Avenida Grupo Escolar, cunha duración estimada de 1:30 horas para os primeiros participantes e contará cún avituallamento a metade da carreira.

A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.

Trail Orixes Mondariz descorre por varias zonas de río, en caso de mal tempo a organización ten prevista varias modificacións no trazado, podendo aumentra ou diminuir as distancias notablemente, así coma a suspensión da mesma, para asegurar a integridade dos corredores. En caso de suspensión non se devolven os cartos das inscripcións.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::



Información actualizada a 8/4/2022

[ Go Back ]