Calendario
Info da proba

Portosín

22/05/2022 9:30 - 17:30
Regulamento XtoSín Trail Barbanza42k
Trail Series 22

Data: domingo, 22 de maio de 2022 a partir das 9:30 h.
Web: Xtsín Trail
Inscricións: Galitiming

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Logo de ter que cancelarse no 2020 e mantela en suspenso no 2021 volve a proba raiña do trail na bisbarra do Barbanza. Esta VIII edición está totalmente rediseñada, con un percorrido totalmente novo, e facendo maior a outra das probas incluidas en anos anteriores no circuito o XtoSín Trail.

Tod@s sabemos o que vos gustaba o percorrido que nas tres edicións anteriores presentou o XtoSín Trail. Sabemos que queríades máis kilómetros, e máis monte para disfrutar, por eso levamos o Barbanza42K Trail ata terras sonenses para que podades saborear gran parte (todo é imposible) destes cumios.

Barbanza42K (Barbanza21K) presenta un desnivel positivo algo menos esixente que na edición anterior, pero só en número, porque as sorpresas ao longo do trazado non vos van dar un respiro. O cortalumes que sube ao cumio do monte Iroite, e a visita á Torre de Inxerto son os puntos máis destacados, para que entre un e o outro podades soltar as pernas e competir e poñer a proba as vosas forzas.

Sobra decirvos que respetamos e mantemos o mellor das edicións do XtoSín Trail: e sumamos outras mais.

A qué esperas para conseguir a túa praza?

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Distancia: 42 km ou 21 km.
Desniveis+: 1820 m+ e 1030 m+
Hora saída: 9:30 h. e 11:00 h.
Tempo Máximo: 8 h./Corte km. 28: 4:30 h.
Avituallamentos: 6 (42K) e 3 (21K).
Lugar de saída: Porto de Portosín (Porto do Son).
Prezo: 30 € (42K) e 18 € (21K) - Inscrit@s circuíto 42K son 10 €; o 21K sen coste.
Inscricións: 26/1/2022 - 15/5/2022


Tod@s aquel@s inscrit@s para participar no circuíto Revolutrion Trail Series 2022, coma en calquera proba individual que o conforma, sométense ao seguinte regulamento:

PERCORRIDO:
O percorrido desenvolverase sobre un circuíto con piso de terra debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todos os participantes sen dorsal.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
O tempo máximo para completar cada proba figura nas características técnicas da mesma. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

PARTICIPANTES:
Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante se consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a todos aqueles que corran sin dorsal.
Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respectar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
Finamento por accidente: 10.000 €
Invalidez por accidente: 12.000 €
Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a él ou a terceiros.
Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servizos de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
A idade mínima é de 18 anos. Calquera membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispoñerá de tempos intermedios.
Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
En todas as probas haberá avituallamento intermedio líquido.
Nos avituallamentos intermedios non se dispondrá de recipientes para líquido (cada participante deberá levar o seu recipiente).
Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles suporá a descualificación do participante.
Facilitarase acceso a duchas e aseos ao remate de cada proba (sempre que a evolución sanitaria da pandemia o permita).

MATERIAL:
É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
É recomendable levar un teléfono móbil con batería e saldo para estar en contacto coa organización se fose preciso.
É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquera corredor que non cumpra esta recomendación.
A tódos/as os/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descualificado o corredor que chegue sen dorsal.
Facilitarase un chip a todos/as os/as participantes que deberá situar no calzado ou no nocello para a súa correcta lectura nos puntos de control, se o corredor non devolve o chip (ou dispositivo GPS no caso do Barbanza42K) ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa provedora.
A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
O Trail do Barbanza ten uns requisitos de MATERIAL OBRIGATORIO propios que se detallan na web.

RETIRADA DE DORSAIS:
O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 1 h. e ata 15 min antes da saída de cada unha das carreiras.
Se a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
Recoméndase seguir as instrucións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
É imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN que lle será facilitada para a retirada do dorsal; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.

DESCUALIFICACIÓNS:
Se o participante amosara unha conduta antideportiva.
Se o participante retira sinais da carreira.
Se o participante non remata o percorrido.
Se o participante non atende as indicacións da organización.
Se o participante non porta o material obrigatorio.
Se o participante atenta contra o medioambiente.
Se o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
Se o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar doutros participantes.
Se o participante pon en risco a súa integridade ou a doutros participantes cunha conduta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Calquera outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
Calquera tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
Arousa NeO non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

PROTOCOLO ANTI-COVID19
@ participante deberá portar en todo momento a mascarilla homologada que debe traer xa posta desde que entra ao recinto da carreira e a súa instalación.

Só se pode retirar a mascarilla unha vez que se da a saída da carreira e debe voltar a poñerse á chegada.
Recoméndase ao publico e acompañantes d@s participantes que non se amontonen no recinto de saida/meta, respetando a distancia social.

Para a entrega de trofeos habilitarase un espazo ao que só poderán acceder @s premiad@s.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::



Información actualizada a 10/4/2022