Calendario
Info da proba

Pontevedra

30/01/2022 12:30 - 13:30
Regulamento 1. DATA:
A Asociación Veciñal Salcedo Norte, coa co-organización do Concello de Pontevedra, organizan o domingo 30 de
xaneiro do 22 a partir das 12,30h a “X Carreira Pedestre San Brais 22”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas nos prazos establecidos ao
efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASCULINA / FEMININA
Senior De 18 A 39
Veteranos/as +40 De 40 A 49
Veteranos/as +50 De 50 A 59
Veteranos/as +60 De 60 A 69
Veteranos/as +70 De 70 En adelante
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
As persoas maiores de 12 anos só poderán participar se contan co Certificado COVID Dixital da UE en
vigor no que se indique ou que ten a vacinación completa contra a Covid19, ou que ten unha proba diagnóstica
SARSCoV2 negativa, ou que está recuperado/a da Covid19 (máis información en
https://sede.mscbs.gob.es/ccd/faq.htm) ou aportar o certificado do resultado dun test de antíxenos ou
PCR negativa cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba.
O certificado terá que presentalo inexcusablemente impreso, ou nun dispositivo electrónico, á hora de recollida
do dorsal.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que
queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no
mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS: Todas as categorías faranse en www.championchipnorte.com ata
as 23:59 horas do día 26 de xaneiro. Todas as inscricións son persoais e intransferibles, e asinarán
obrigatoriamente tamén a declaración responsable de autocontrol dos síntomas de Covid19 dez días antes da
celebración da proba.
MAIORES IDADE
Só telemática ata as
23.59 horas do 26 de
xaneiro
O día 29/I de
11.00 ás
13.00h e de
18.00 a
20.00h.
No Carrefour
(San Brais -
Salcedo)
Non se
entregan
dorsais o día da
carreira, agás
aos
participantes de
fora de
Pontevedra de
11.00 a 12.00h
De balde
Presencialmente, ou en
www.championchipnorte.com Non
Senior
6€ Só en
www.championchipnorte.com
2 € de
non telo
en
propieda
de
Veteranos/as +40
Veteranos/as +50
Veteranos/as +60
Veteranos/as +70
5. PROTOCOLO COVID DA CARREIRA PEDESTRE SAN BRAIS 22: Partindo do protocolo axeitado FisiCovidDXT Galego, este protocolo axustarase á situación vixente no momento da proba, e o día da carreira estarase ao
que indiquen as autoridades sanitarias, pero como norma xeral antes de dar a saída da carreira todas as persoas
terán que:
- Gardar a distancia de seguridade e manter a máscara correctamente posta na boca-nariz
- Unha vez dada a saída os/as corredores/as terán que correr con ela posta durante os cen primeiros metros.
- Pasados os cen primeiros metros a poderán quitar (sen tirar ao chan) e correr con ela durante o resto da
proba.
- Ao entrar en meta a organización ofreceralle unha mascarilla unha seca e limpa.
En caso de ter SÍNTOMAS respiratorios (febre, tose, sensación de falta de aire), e/ou tiveran contacto estreito
cunha persoa que sexa un caso confirmado, deberán quedar no seu domicilio e contactar cos servizos de saúde
telefonicamente chamando ao teléfono 900 400 116.
Describimos as medidas específicas clasificadas nos momentos anterior, durante e despois do evento deportivo.
6. MEDIDAS XERAIS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO
Staff
- Declararán que nos últimos 10 días non tiveron ningún síntoma de COVID19 (febre, cansanzo, tose seca e/ou
dificultade para respirar) e que non 14 estiveron en contacto con ningunha persoa positiva en COVID19
Deportistas
- Declararán, ao inscribirse, que nos últimos 10 días antes do inicio da proba non tiveron ningún síntoma de
COVID19 (febre, cansanzo, tose seca e/ou dificultade para respirar) e que non estiveron en contacto con
ningunha persoa positiva en COVID19.
4
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
7. MEDIDAS XERAIS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO DA COVID-19: O día da carreira estarase ao
que indiquen as autoridades sanitarias, pero como norma xeral antes de dar a saída da carreira todas as persoas
terán que:
- Non compartir vehículo particular con outras persoas non convivintes, sempre que sexa posible, para asistir
ao evento. De non ser así, empregar formas de desprazamento que favorezan a distancia interpersoal e, en
todo caso, utilizar máscara.
- Manter a distancia de seguridade interpersoal de polo menos 1,5 metros entre todas as persoas antes da
proba, e mínimo de 2 metros para os/as deportistas durante a proba.
- Ao tusir ou esbirrar cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado ou cun pano desbotable. Neste caso, desbotar
de inmediato o pano usado e lavar as mans.
- Lavar con frecuencia as mans con auga e xabón, ou con xel hidroalcohólico.
- Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo, prestar atención ao lavado previo de mans.
- Evitar o saúdo con contacto físico.
- Non compartir alimentos, bebidas ou similares.
En caso de ter SÍNTOMAS respiratorios (febre, tose, sensación de falta de aire), e/ou tiveran contacto estreito
cunha persoa que sexa un caso confirmado, deberán quedar no seu domicilio e contactar cos servizos de saúde
telefonicamente chamando ao teléfono 900 400 116.
8. MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO DURANTE O EVENTO
Staff
- Cada unha das persoas da organización terá unha única función.
- Cada persoa terá a súa función na montaxe da infraestrutura, evitando compartir materiais e espazos. Cando
existan postos de traballo ou ferramentas compartidas por máis dunha persoa, estableceranse o lavado de
mans e a desinfección das ferramentas antes e despois do uso, como medidas de seguridade.
- Na condución de vehículos de uso da organización, antes de subir ao mesmo, lavaranse as más con hidroxel
e desinfectarase o volante, panca de cambios, etc. Ademais sempre tes que levar a máscara posta, ventilar
o vehículo antes e despois do seu uso -se se pode durante-, evitar o contacto físico e evitar tocar obxectos
do vehículo na medida do posible. Desinfección das partes do vehículo susceptibles de estar en contacto
(cinturóns, manillas das portas, etc.)
Deportistas
- O quecemento será coa máscara colocada en boca-nariz se non se pode garantir a distancia de seguridade
interpersoal, ou cando o quecemento se faga en grupo.
- Para o acceso á zona de saída, deberán portar ben colocada máscara.
- Unha vez dada a saída os deportistas deberán portar ben colocada a máscara (na boca-nariz) durante os
primeiros 100 metros, podendo ser retirada da boca-nariz dende ese punto e tendo que ser transportada polo
deportista en todo momento ata a liña de meta.
- Os adiantamentos deberán realizarse coa separación mínima de 2 m. entre deportistas.
- Os participantes non poderán ir correndo un detrás de outro, deberá manterse unha distancia mínima de 10
metros.
- Os participantes deberán transitar polo marxe dereito do carril habilitado para a carreira.
- No caso de ser descualificados, o xuíz que comunique dita descualificación, fará entrega dunha máscara para
que o/a corredor/a retire o seu dorsal e abandone o circuíto.
- Ao entrar en meta a organización ofreceralle unha mascarilla seca e limpa.
Público
- Os/as espectadores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal e usar máscara en todo momento,
segundo o establecido polas autoridades competentes.
- Non se permitirá público nas zonas de pre-saída, saída e meta.
5. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACIONAR. A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de non ser así,
saír de Pontevedra pola Avda. de Eduardo Blanco Amor (EP0012) dirección á BRILAT ou centro comercial Carrefour
ou ao Lago Castiñeiro, ao atopar o Carrefour xirar á esquerda a avanzar ata a primeira rotonda e alí
estacionaremos no andar superior do propio centro comercial Carrefour (antes das 12.00 e non se poderá
mover o coche ata as 13.30 horas).
6. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES: Todas as persoas participantes estarán cubertos
cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un
médico/a para a atención.
1 volta de
6.500 m.
8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido
completo, que non teña dorsal diante, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento
non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por
todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os/as atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis
rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de
cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados,
sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na
clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de
30 (trinta) euros.
10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar
o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
12. MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO POSTERIOR AO EVENTO
Deportistas
- Ao cruzar a liña de meta, cada participante recibirá unha máscara que deberá colocar tan pronto como sexa
posible, e xa non a poderá sacar en ningún momento.
- Unha vez rematada a proba, os/as deportistas, mantendo sempre a distancia de seguridade interpersoal,
recollerán o seu avituallamento e abandonarán a zona de competición o antes posible.
- Como queira que a máscara é obrigatoria en todo momento, agás no momento da actividade física, os/as
deportistas premiados deberán portar máscara na cerimonia de premiación.
- O podio debe proporcionar unha distancia de 1,5 m entre os premiados/as.
- Os atletas subirán ao podio e recollerán eles mesmos a súa medalla da bandexa.
- Será obrigatorio o uso de máscara durante a premiación.
- Só un voluntario participa nas cerimonias que preparará os trofeos en bandexas separadas para cada atleta,
deberá utilizar máscara e debe desinfectar as bandexas despois de cada entrega.
- Disporanse dispensadores de solucións hidro-alcohólicas e toallas desbotables.
- Deben evitarse os saúdos de mans ou os abrazos entre os atletas en todo momento
12. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,... NON
HABERÁ DUCHAS NIN GARDARROUPAS.
13. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta, e premiarase como vencedores/as absolutos aos
tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a
esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
1º 2º 3º
Absoluta Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
1º 2º 3º
Todas as de maiores de idade Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, que recibirán unha medalla
todos/as os que rematen a súa carreira.
O “Trofeo Julian Bernal” será para o corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición e
consistirá nunha cea para dúas persoas no Restaurante Román, para cada un.
14. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas
na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar
noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.
15. TERCEIRO TEMPO: Haberá un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías de maiores
de idade, xusto antes da saída, e haberá unha chocolatada para todos os/as deportistas que rematen.
16. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Asociación Veciñal Salcedo Norte en
avsalcedonorte@gmail.com ou no Facebook @A.V.SalcedoNorte.