Calendario
Info da proba

Maceda

22/05/2022 9:00 - 13:00
Regulamento Trail Desafío Solidario San Mamede

Data: domingo, 22 de maio de 2022 a partir das 9 h.
Inscricións: Desafío San Mamede

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

REGULAMENTO: DESAFÍO SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO 22/05/2022

1.-LUGAR:
Celebraráse o domingo 22 de maio de 2020, a saída terá lugar dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro ,dentro do Concello de Maceda (Ourense).

2.- HORARIO:
9:00 h para a modalidade CARREIRA
9:15 h para a modalidade ANDAINA

3.- CARACTERISTICAS DA PROBA.
Esta proba está organizada polo CONCELLO DE MACEDA. A proba de carreira de montaña ten unha distancia de 21 km., o seu punto máis alto é de 1613 metros e o máís baixo de 656 metros, cuns desniveis que chegan ata o 43 %.

Os participantes deberán ser conscientes que este tipo de evento deportivo está considerado como de "Alto Risco".
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
A organización contará cun servizo médico e de ambulancia.

3.-INSCRICIÓNS:
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do día 8 de abril de 2022 ata as 23:59 do día 17 de maio de 2022. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:

1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web: https://www.cronotec.es/

2.- Presencial: Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a continuación:
Concello de Maceda
Direccion: Xardíns Rosalía de Castro nº 1, 32700 Maceda
Tf: 988 46 30 01

4.- PREZO:
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e CARREIRA) será o seguinte: 8 de abril ao 5 maio 2022 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
18 € para ós participantes na carreira, os participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA terán un descontó de 3 euros

Do 5 ao 17 maio 2022 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
22 € para ós participantes na modalidade de carreira, os participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA terán un desconto de 3 euros

5.- NORMAS
O evento rexirase según o regulamento de Carreiras por Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (Consultar en www.fedme.es) e seguindo as seguintes normas:

a) No poden participar menores de 16 anos na modalidade de carreira e menores de 14 anos na modalidade andaina a data na que se celebra o evento (21 de maio de 2017).

Os participantes deberán informar a organización se ten algún tipo de enfermidade ou dolencia.

c) Será motivo de descalificación:
• Non pasar por todos os controis de paso.
• Recibir axuda externa fora dos lugares autorizados (ata uns 100m dos avituallamentos).
• Ensuciar e degradar o itinerario (é obligatorio que cada corredor leve os seus propios desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
• O dorsal levarase sempre visible durante toda a proba, no peito.
• Non prestar auxilio a cualquiera participante que sufra algún accidente e informar no control máis cercano.
• No se pode obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
• Os participantes obedecerán as instruccións dos membros da organización e dos controis de paso.

d) É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do abandono e entrega do correspondente dorsal.

e) O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba, salvo no caso de que as condicións climatolóxicas sexan moi adversas, a organización habilitará un percorrido alternativo para garantir a seguridade dos participantes no evento.

f) A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por algunha causa de forza maior.

g) A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo para a CARREIRA DE MONTAÑA: KM. 7 ( 1 h. 50 min.) e KM 14 ( 3h. 15 min.) e un tempo máximo de 5 horas para completar a totalidade do percorrido.

h) O final da proba pode haber control antidoping.

i) A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.

j) Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario. Levarán a indumentaria e o calzado axeitados para a modalidade deportiva na que se inscriban.

k) A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, gardaroupa, duchas, comida postcarreira e participar no sorteo de cantos agasallos consiga a organización.

l) En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba regularase polo disposto nos regulamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

6.- AVITUALLAMENTOS
A distribución dos avituallamentos será a seguinte:
1. CARREIRA (TRAIL): km 6 (líquido e sólido), 7.5 (líquido e sólido), 10 (líquido e sólido) e 15 (líquido e sólido) e 19 (liquido)
2. ANDAINA: km 6 (líquido e solido), 9.5 (líquido)

7.-PREMIOS
a) Na modalidade Carreira, entregaranse trofeos conmemorativos os tres primeiros/as clasificados/as das seguintes categorías:
Absoluta: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba.
Mellor atleta local.
O participante ou a participante mais veterán/a na proba.

Na modalidade de CARREIRA DE MONTAÑA, a efectos da Copa Galega de Carreiras por Montaña, os participantes estarán ao disposto ou recollido no regulamento de competición das carreiras por Montaña da FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.

A proba conta cun “premio especial” para o corredor/a que chegue primeiro o Alto de San Mamede.

c) A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo.

8.- DEREITOS DE IMAXE
A aceptación e inscripción na proba, e polo tanto do presente regulamento, implica que o participante autoriza á organización DESAFIO SANMAMEDE á grabación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba de todas as formas posibles (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, Internet, carteis, medios de comunicación, etc.), e cede os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar...

A organización de DESAFIO SANMAMEDE garante o pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal, e así o inscrito queda informado a través deste regulamento e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos aos ficheros
automatizados existentes e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da organización a Asociacion Cultural e Deportiva Via XVIII Maceda, o titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos términos previstos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Todo corredor debe coñecer e respetar o regulamento da proba. A inscrición implica cumprimento deste Regulamento.

9.- DESAFIO SAN MAMEDE SOLIDARIO
Un ano mais este evento ten un lado solidario que nos define, e un 20% do importe das inscricións serán adicado a un fin benéfico en colaboración coa Cruz Vermella. A finalide do plan benéfico será publicado nas redes sociais.

10.- COMPORTAMENTO DOS PARTICIPANTES NAS DIFERENTES PROBAS.
Os participantes que se inscriban en calquera das probas CARREIRA e ANDAINA non poderán tomar a saída acompañados de animais.

Os participantes que tomen saída na modalidade ANDAINA deberán saber que nalgún momento do percorrido se van a atopar cos corredores, os cales lle deben facilitar o paso na medida do posible para evitar accidentes ou caídas.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::



Información actualizada a 9/4/2022