Calendario
Info da proba

Sandiás - Xinzo de Limia

06/02/2022 11:00 - 12:30
Regulamento CROS DE ANTIOQUÍA 2022
6 DE FEBREIRO – HIPÓDROMO DE ANTELA
1. O Cross de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva contando coa
colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Concello de Xinzo de
Limia, Concello de Sandiás, Deputación Provincial de Ourense, Hipódromo de Antela e da
Federación Galega de Atletismo.
2. Celebrarase o domingo 6 de febreiro de 2022 nas instalacións do Hipódromo de Antela e
está incluido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
3. A participación está aberta a atletas federados e non federados.
4. As categorías, circuitos e distancias a percorrer axustaránse ás normas emanadas da FGA.
5. Para a CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS, que deberán estar formados por 4 atletas (polo menos
unha muller), sumaranse os postos dos catro compoñentes, sendo os gañadores os tres
equipos que menos puntos sumen.
6. INSCRICIÓNS
Para realizar a inscrición tod@s @s atletas deberán cubrir o formulario habilitado ó efecto
na web https://sportmaniacs.com/es ou na app SAUDETER (disponible para IOS e Android)
e pagar a cuota de 5 euros de inscrición. Unha vez efectuado o pago confirmarase a
inscrición, que inclúe licenza de día da FGA para aqueles que non a posúan. Prazo da
inscrición será ata as 23:59 h do mércores 2 de febreiro.
Para inscribir a un equipo será necesario enviar un correo electrónico a
limiactiva@gmail.com indicando o nome do equipo, e nome e apelidos dos 4 atletas que o
compoñen (polo menos unha muller).
7. A retirada de dorsais, efectuarase na secretaría de competición o día da proba a partir das
9:45 h.
8. As probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da F.G.A.
9. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguro de responsabilidade civil
e outra de accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia, inobservancia das leis, etc… Tamén quedan excluidos os casos producidos por
desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvole a proba.
10. Todos os atletas participantes nesta competición quedan suxeitos a este regulamento. Para
o non contemplado nestas regras, aplicarase o regulamento da F.G.A., da R.F.E.A. ou da
I.A.A.F no seu defecto.
11. Protocolo COVID: A celebración de este evento e o seu formato queda condicionada á
evolución da pandemia e á normativa vixente da FGA no momento da súa celebración.
So poderán participar atletas que cumpran as seguintes condicións:
• Certificado COVID coa pauta completa de vacinación ou presentar un certificado
médico no que se indique que pasou a enfermidade.
• Declaración responsable sobre o estado de saúde.
Obrigas dos deportistas: O uso da máscara é obrigatorio en todas as instalación do
evento e so se poderá sacar no momento de competir.
A organización facilitará máscaras na liña de meta.
PREMIOS
CATEGORÍA MASCULINO FEMININO
ABSOLUTA (1º, 2º, 3º) TROFEO TROFEO
1º SUB 20 TROFEO TROFEO
1º SUB 23 TROFEO TROFEO
1º SÉNIOR TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 35 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 40 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 45 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 50 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 55 TROFEO TROFEO
1º MÁSTER 60 TROFEO TROFEO
EQUIPOS MIXTOS 1º, 2º e 3º
Os premios non serán acumulativos. Para optar ós premios do Cros de Antioquía é necesario
pagar a cuota de inscrición correspondente a este evento.
DISTANCIAS E PERCORRIDOS
HORA CATEGORÍA VOLTA PEQUENA VOLTA GRANDE METROS
11:00 h ABSOLUTA FEM. 1 volta 3 voltas 6.800 m aprox
11:45 h ABSOLUTA MASC. 1 volta 3 voltas 6.800 m aprox
IMPORTANTE: A organización poderá facer unha soa carreira (masculina e femenina) no caso de que a
participación femimina non supere as 25 atletas. Neste caso sería ás 11:45 h, con saída conxunta, e notificarase
na web de inscricións e nas redes sociais da A. D. Limiactiva coa suficiente antelación.