Calendario
Info da proba

Sada

12/06/2022 10:00 - 14:00
Regulamento Reglamento
1. ORGANIZACIÓN
O Trail Costa Doce está organizado polo Club de Atletismo Sada e o Concello de
Sada.
O VI TRAIL COSTA DOCE terá lugar o sábado 11 e o domingo 12 de xuño do 2022 en
Sada, A Coruña.
Contará con catro variantes:
• Trail nocturno: 14 km aprox., con +480 y -570 metros
• Trail longo: 26 km aprox., con +1000 y -1000 metros
• Trail curto: 14 km aprox., con +480 y -570 metros.
• Andaina : 11 km aprox., con +330 y -440 metros.
2. ITINERARIO
Circuíto circular no trail longo e lineal nas outras categorías, que se desenvolve en
terreo de monte prácticamente en todo o seu percorrido excepto nun tramo de 300 m.
na parroquia de Carnoedo, que transcorren por asfalto, fundamentalmente en zonas
peonís. En ocasións cruzaranse estradas e dispoñerase de persoal para regular o
tráfico nos cruzamentos urbanos e nos rurais.
Facilitarase a información necesaria a través de redes sociais e web.
3. CONDICIÓNS e NORMATIVA COVID-19
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de
vacinación COVID-19 ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos
ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba
4. CATEGORÍAS E TROFEOS
4.2. TRAIL NOCTURNO
Sábado 11 as 22:30
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un
deles a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Cadete (participantes de 15, 16 e 17 años)
- Senior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
• Os trofeos non serán acumulables.
• A entrega de trofeos terá lugar ás 00:15 o mesmo día da proba
• A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da
súa proba. O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel
Sada Mariña, a 200 mts da meta. A hora de saída dos autobuses que conducirán
aos participantes cara ao punto de saída concretarase coa debida antelación, e
estes deberán presentarse alí debidamente identificados e á hora en punto. Non
se demorará a saída do autobús por ningunha causa allea á organización.
• A organización establecerá unha furgoneta como gardarroupa na zona da saída
e esta baixará as bolsas a zona da Meta. As bolsas deberán ir debidamente
identificadas co número de dorsal.
4.3. TRAIL LONGO
Domingo 12 as 10:00
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un
deles a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de clip.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Senior (participantes ata 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
• Non se permite a participación de menores de 18 anos.
• Os trofeos non serán acumulables.
• A entrega de trofeos terá lugar ás 14:30 o mesmo día da proba.
4.4. TRAIL CURTO
Domingo 12 as 11:30
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un
deles a totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e
feminino, nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Cadete (participantes de 15, 16 e 17 años)
- Senior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
Os trofeos non serán acumulables.
• A entrega de trofeos terá lugar ás 14:30 o mesmo día da proba
• A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da
súa proba. O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel
Sada Mariña, a 200 mts da meta, tras dar saída á proba longa. Os corredores
deberán presentarse alí debidamente identificados e á hora en punto. Non se
demorará a saída do autobús por ningunha causa allea á organización.
• A organización establecerá unha furgoneta como gardarroupa na zona da saída
e esta baixará as bolsas a zona da Meta. As bolsas deberán ir debidamente
identificadas co número de dorsal.
4.5. ANDAINA
Domingo 12 as 10:00
• Os corredores participasen de maneira individual, debendo completar cada un
deles a totalidade do percorrido.
• Non é competitiva polo que non haberá premios
• A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da
súa proba. O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel
Sada Mariña, a 200 mts da meta. A hora de saída dos autobuses que conducirán
aos participantes cara ao punto de saída será as 9:30, e estes deberán
presentarse alí debidamente identificados e á hora en punto. Non se demorará a
saída do autobús por ningunha causa allea á organización.
4.6. PREMIO ESPECIAL A COMBINADA
Establécese un premio especial á primeira e o primeiro corredor/a Que
participen no TRAIL NOCTURNO e no TRAIL LONGO e que na suma dos dous
tempos fagan (computen) o menor tempo.
Este premio está patrocinado por FS+ FisioSport
5. INSCRICIÓNS
As inscricións poderanse realizar na páxina web ChampionChip Norte
(www.championchipnorte.com) a partir do día 25/03/22 ás 20:00 horas
O prezo da inscrición será:
A. Para o Trail Nocturno establecese un único prezo de 15€ para todas as prazas
dispoñibles.
B. Para o Trail Longo e o Trail Curto os prezos variarán segundo o número de
rexistrados (computan a suma do longo e o curto)
1. Os 300 primeiros inscritos: Longo 22 € - Curto 14 €
2. Do inscrito 301 ao inscrito 600: Longo 24 € - Curto 17 €
3. Do inscrito 601 en diante : Longo 27 € - Curto 20 €
C. COMBINADA. Establécese un prezo especial de 34 € para os inscritos nesta
opción que consta de inscrición o Trail Nocturno e inscrición o Trail Longo. Os/as
participantes nesta opción terán ademais un agasallo extra.
D. Para a Andaina 12 €
No trail nocturno hai un límite de inscritos de 350 participantes (computan tamén os
inscritos na Combinada). Nos outros 2 trails e na andaina non existe límite de inscritos.
A organización reservarase un número de inscricións para os patrocinadores.
Último día de inscrición e pago será o 7 de Xuño do 2022.
As anulacións de dorsal só poderanse realizar ata o día 28/05/2022 tendo un importe de
7€ en concepto de gastos de xestión.
Os cambios de dorsal poderanse realizar ata o día 28/05/2022, sen custo de xestión e
deben realizarse SEMPRE a través da organización (clubatletismosada@gmail.com) e
NUNCA entre particulares directamente. Correr co dorsal doutra persoa significa, entre
outras cousas, non estar cuberto por ningún tipo de seguro.
Para participar no trail será necesario o uso de chip amarelo. No caso de que o
corredor ou corredora non o teña en propiedade, deberá pagar 1€ a maiores, en
concepto de aluguer do mesmo e ademais establecerase unha fianza a hora de
inscribirse de 5€ que se cobrará no caso de non devolvelo o chegar a meta.
A inscrición dá dereito aos avituallamentos correspondentes, asistencia sanitaria
durante e ao finalizar a proba, transporte ata o lugar de saída, transporte a meta dos
participantes que abandonen a proba, bolsa do corredor, gardarroupa, e
avituallamento adicional en meta.
A organización resérvase o dereito de impedir a inscrición, na presente e futuras
edicións da proba, nas seguintes circunstancias:
- Calquera persoa á que considere non capacitada, pola súa condición física ou
que poida ser prexudicial para o desenvolvemento da mesma ou da contorna
onde se desenvolve.
- Calquera persoa á que, polas súas accións ou palabras, considéreselle unha
ameaza para a seguridade da carreira, dos demais corredores, público,
colaboradores, patrocinadores, medios de comunicación, etc.
- Calquera persoa que corra na presente edición sen acreditar a súa condición de
rexistrado.
6. ENTREGA DE DORSAIS
Ponderase recoller os dorsais o Sábado 11 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 na cas da
Cultura "Pintor Lloréns , Avd. Do Porto S/N
O mesmo día da proba nas carpas habilitadas o efecto no lugar da saída. Ata 30’ antes
do inicio de cada competición. Recomendase chegar con antelación suficiente para
evitar colas de última hora.
Para a recollida de dorsais poderase exixir a presentación do DNI ou documento oficial
que acredite a identidade.
7. AVITUALLAMIENTOS
Os avituallamentos atópanse en lugares visibles e sinalizados, situados nos
seguintes quilómetros:Km.
Trail Nocturno
- km 7,5 – San Pedro
- Km. 14 – Meta – Líquido e Sólido
Trail Curto
- km 9,5 – Campo da Cruz
- Km. 14 – Meta – Líquido e Sólido
Trail Longo
- Km. 8 – Playa de San Pedro – Líquido
- Km. 15 – Ameixeiral – Líquido e sólido
- Km. 21 – Campo da Cruz – Líquido
- Km. 26 – Meta – Líquido e Sólido
Andaina
- km 6,5 – Campo da Cruz
- Km. 11 – Meta – Líquido e Sólido
Co fin de minimizar o impacto ambiental non se facilitarán vasos, polo que os
corredores deberán levar o seu propio medio para beber (vaso, bidóns, mochila de
hidratación).
Dispoñerase de contedores no avituallamento para residuos orgánicos e
inorgánicos. Non existirá ningún punto para depositar lixo pasado o control de
avituallamento, sendo este inicio e fin do mesmo.
Está prohibido o avituallamento e a axuda externa durante o desenvolvemento da
carreira de calquera persoa, non competidora, estando permitido unicamente o
avituallamento que cada participante leve consigo desde a saída ou repoña nas áreas
de avituallamento establecidas pola organización.
Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamento con calquera tipo de envase
ou envoltorio.
8. MATERIAL OBRIGATORIO
Dado que a organización non facilitará vasos de plástico nos avituallamentos, é
altamente recomendable portar algún sistema de hidratación propio (mochilas, bidóns,
vasos plegables…).
A organización, en función das condicións meteorolóxicas previstas para o día da
carreira, poderá modificar o material necesario que poderá ser revisarado no momento
da saída.
Isto anunciarase coa debida antelación por medio de correo electrónico, redes sociais e
web, e o corredor ou corredora que non o porte non poderá competir.
TRAIL NOCTURNO
- Frontal (con baterías cargadas)
- Batería ou pilas de reposto
- Chaleco o roupa reflectinte
- Teléfono Movil prendido (con batería cargada)
- Silvato
- Manta térmica
9. MATERIAL ACONSELLABLE
- Roupa e zapatillas adecuadas para unha carreira de media montaña no inverno,
con previsión probable de choiva
- .Teléfono móbil
- GPS
10. SEÑALIZACIÓN
Todo o percorrido atoparase balizado con cinta de cores facilmente visibles, que se
acompañarán con marcas e frechas en cruces de camiños. Estes sinais serán retiradas
pola organización durante o mesmo día da proba. Darase información de distancia cada
5 km.
11. SEGURIDADE
A organización dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para todos
os participantes.
12. METEOROLOXÍA
O mal tempo non será impedimento para a celebración da carreira.
13. OBRIGAS
Os corredores están obrigados:
- A levar o dorsal facilitado pola organización. Este levará nun lugar visible e na
parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nin recortado.
- A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á
organización.
14. HORARIOS
SÁBADO 11
• Trail Nocturno 22:30
• Peche da carreira 00:15
Domingo 12
• Trail Longo - 10:00 h.
• Andaina – 10:00 h.
• Trail Curto 11:30 h.
• Peche de carreira - 14:30 h.
• Entrega de trofeos – 14:30 h.
15. RECLAMACIÓNS
Poderanse presentar reclamacións referentes ás clasificacións provisionais ata 30
minutos despois da súa publicación.
16. CLASIFICACIÓNS
A clasificación colgarase nun taboleiro de anuncios en Meta conforme vaian chegando
os corredores.
Aquilo non regulado neste regulamento rexerase polo Regulamento da FGDM.