Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Rábade
26/02/2022
17:30 - 18:30
[
Go Back
]
Descripción
XIX Memorial Eduardo Fernández Villamarín
RÁBADE - 26 DE FEBREIRO DE 2022 - 17 HORAS
Web da proba:
www.memorialnegrin.gal
:: Comenta a proba neste tema do foro de Carreiras Populares ::
BIOGRAFÍA
Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.
Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo “José Antonio Elola” na vila de Rábade
En 1959. O “ I Campionato de España de Segunda Categoría” celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos 10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.
REGULAMENTO
Art. 1.-
A
saída
será na Praza de España ás 17:00 h para os rapaces e ás 17:30 h para a categoría absoluta, a recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30h a 17:10h
Art. 2.-
O
percorrido
será de 7 quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, , Jesús Arias, Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.
Art. 3.-
A
clasificación
será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
Art. 4.-
Está prohibido o uso de vehículos de axuda.
Art. 5.-
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.
Art. 6.-
As
inscricións
para todas as categorías serán ata o xoves 24 de febreiro na páxina web:
www.memorialnegrin.gal
Art. 7.-
Será obligatoria a utilización do
chip
de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que teñen que utilizar o seu.
Art. 8.-
Establécense as seguintes
categorías
:
CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2017 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: Nad@s entre 2014-2017 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: Nado@s entre 2010-2013 (Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C: Nad@s 2006-2009 (Terceira carreira).1.800 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1987/ 2005 D) Nadas entre 1987/ 2005
E) Nados entre 1977/ 1986 E) Nadas entre 1977/ 1986
F) Nados no 1976 e anteriores F) Nadas no 1976 e anteriores
Art. 9.-
PREMIOS
PROBA ABSOLUTA
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1....................................350 € 1 .......................................350 €
2....................................250 € 2 .......................................250 €
3....................................150 € 3 .......................................150 €
Trofeos para @s tres primeir@s de cada categoría.
-Premio especial para o primeiro e primeira participantes da proba absoluta que crucen en primeira posición o sprint intermedio situado ao final da primeira volta e rematen entre os 10 primeiros da clasificación xeral correspondente.
Dorsal para a Behobia - San Sebastián* por cortesía de Viajes Almar – JAVO
*O dorsal é persoal e intransferible
-Trofeo para o primeiro e primeira corredores rabadenses clasificados na proba absoluta.
-Trofeo “Eduardo Fernández Villamarín” ao equipo con más participantes finalizados de todas as categorías masculinas e femininas agás a MINI.
PREMIOS CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € en material deportivo para o primeir@ de cada categoría a canxear en Ndorfina (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes
Art. 10.-
Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións
Art. 11.-
Haberá servizo de
duchas
para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.
Art. 12.-
A entrega de premios e trofeos realizarase ao remate da carreira.
Art. 13.-
A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
Art. 14.-
Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.
[
Go Back
]