Calendario
Ver carrera

Mazaricos

08/05/2022 10:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción V Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
VII Circuíto Correndo pola Costa da Morte

Data: domingo, 8 de maio de 2022.
Web: Correndo pola Costa da Morte (máis informaciión e inscricións)

:: Comenta o Circuíto Correndo pola Costa da Morte neste tema do foro ::

LUGAR E HORARIOS
*** Pendente ***

Ver regulamento do Correndo pola Costa da Morte en PDF

Extracto do regulamento

1. IDEOLOXÍA
O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2019 e anteriores).

As posibilidades de participación son fundamentalmente, tanto en sénior como en categorías base (agás Pitufo) dúas:

1.1. Corredores de Carreira: son aqueles atletas que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuíto pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen participar. Nas categorías de adultos os corredores terán a posibilidade de inscribirse na proba 3K Contra o Cancro ou 10K.

Na proba 3K Contra o Cancro participarán en categoría absoluta independentemente da súa idade.

A distancia desta proba poderá variar entre os 2000 e os 4000 metros en función do concello organizador.

Na proba 10K (categorías sénior, M40 e M50) a distancia poderá variar entre os 8000 e 10000 metros en función do concello organizador.

Nas probas de categoría base os atletas correrán as distancias establecidas segundo a súa categoría.

Ademais de facer a inscrición deberán presentar a autorización paterna á hora de recoller os dorsais.

1.2. Corredores de Circuíto: son atletas que se inscriben co obxectivo de completar un mínimo de sete probas do circuíto na modalidade de 3K Contra o Cancro, 10K, ou o Circuíto de Categorías Base (agás categoría Pitufo). Estes atletas entran na clasificación particular das probas nas que participan e tamén na clasificación xeral do Circuíto. Deberán facer unha única inscrición e correr obrigatoriamente con chip amarelo os adultos e con con chip verde a base (agás Pitufo).

Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K.

2. PROBAS
O circuíto estará composto por un total de 10 probas. Comezará o día 20 de marzo de 2022 coa X Carreira Popular Concello de Camariñas, e rematará o 16 de outubro de 2022 coa VII Carreira Popular Concello de Fisterra.

CONCELLO DATA PROBA
1ª proba Camariñas 20-03-2022 X Carreira Pedestre Concello de Camariñas
2ª proba Vimianzo 24-04-2022 X Carreira Pedestre Concello de Vimianzo
3ª proba Mazaricos 08-05-2022 V Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
4ª proba Dumbría 21-05-2022 VI Carreira Pedestre Concello de Dumbría
5ª proba Zas 04-06-2022 VII Carreira Pedestre Concello de Zas
6ª proba Carnota 11-06-2022 XXIX Carreira das Areas Concello de Carnota
7ª proba Cee 02-07-2022 VII Carreira Pedestre Concello de Cee (NOCTURNA)
8ª proba Muxía 17-07-2022 VII Carreira Pedestre Concello de Muxía
9ª proba Corcubión 17-09-2022 XIX Carreira Pedestre Vila de Corcubión
10ª proba Fisterra 16-10-2022 VII Carreira Pedestre Concello de Fisterra

Os horarios das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo concello organizador e poderán ser consultados na web www.correndopolacostadamorte.com

9. INSCRICIÓNS DAS COMPETICIÓNS INDIVIDUAIS
Non se permitirá a participación nin como corredor de carreira nin circuíto en máis dunha proba.

9.1. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.correndopolacostadamorte.com

9.2. As inscrición para CORREDORES/AS DE CARREIRA realizaranse dentro dos seguintes prazos e custos:
9.2.1. Ata domingo 13 de marzo ás 23’59 horas horas: 9€ + 5€ en concepto de fianza do chip que será reembolsada pola empresa de cronometraxe na seguinte semana ao remate da proba, unha vez comprobado que o chip devolto corresponde coa persoa inscrita.

9.3. As inscricións para CORREDORES DE CIRCUÍTO realizaranse dentro dos seguintes prazos e custos:
9.3.1. As inscricións para os corredores de circuíto poderán formalizarse ata o domingo 13 de marzo ás 23’59 horas cun prezo de 35€ + o custo do chip no caso de non posuílo en propiedade.

9.4. As inscricións para os atletas de CATEGORÍAS BASE deberán realizarse a través da plataforma www.correndopolacostadamorte.com
9.4.1. A inscrición para as categorías base será gratuíta, nembargantes deberase aboar unha fianza de 5€ polo uso do chip que será reembolsada pola empresa de cronometraxe na seguinte semana ao remate da proba, unha vez comprobado que o chip devolto corresponde coa persoa inscrita.
9.4.2. Todos os atletas de categorías base deberán formalizar e presentar a autorización paterna asinada polo pai, nai ou titor no momento da recollida do seu dorsal. Dita autorización poderá ser descargada da páxina www.correndopolacostadamorte.com
9.4.3. As inscricións para CORREDORES DE CARREIRA poderán formalizarse domingo 13 de marzo ás 23’59 horas.
9.4.4. As inscricións para os CORREDORES DE CIRCUÍTO BASE (benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) poderán formalizarse ata o domingo 13 de marzo ás 23`59 horas.

11. RECOLLIDA DE DORSAIS, CHIPS E CAMISETAS
11.1. RECOLLIDA DA BOLSA DO CORREDOR (DORSAL, CHIP E CAMISETA) PARA CATEGORÍAS INFANTIL, CADETE, XUVENIL, SÉNIOR E VETERANO:

11.2.1. Para recoller os dorsais, chips, camisetas e pulseiras acreditativas será imprescindible amosar o certificado europeo de vacinación COVID ou a aportación do certificado sanitario da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba.

11.2.2. Así mesmo será imprescindible a presentación do DNI para acreditar a idenyidade da/o deporytista.

11.2.3. Unha vez comprobado que a documentación é correcta a/o deportista recibirá unha pulseira de check-in que deberá colocar no pulso. Sen esta identificación non poderá acceder á liña de saída pola cámara de chamadas.

11.2.4. Non poderá ser recollido o dorsal nin a camiseta por un terceiro.

11.2.5. A partir da primeira proba do circuíto, as persoas que teñan acreditado o certificado de vacinación non será preciso voltar a amosalo a non ser que este caduque antes do remate do circuíto.

11.2.6. En todas as probas, tanto os corredores de carreira como corredores de circuíto, OBRIGATORIAMENTE terán que recoller as pulseiras que lles permita acceder á cámara de saída.

11.2.7. As/os atletas menores de idade deberán entregar a autorización de participación debidamente cuberta e asinada polo pai, nai ou titor legal no momento da recollida do dorsal (Achégase no Anexo deste regulamento).

:: Comenta Circuíto o Correndo pola Costa da Morte neste tema do foro ::

Descargar regulamento completo en PDF



Información actualizada a 1/4/2022

[ Go Back ]