Calendario
Info da proba

Carballo

05/06/2022 10:00 - 11:30
Regulamento X Carreira Popular 10 Km Carballo

Data: domingo, 5 de xuño de 2022 a partir das 9:59 h.
Web: 10 Km Carballo (máis información, regulamento e inscricións)

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Horarios
09:59 CARREIRA ADAPTADA (CADEIRA DE RODAS OU HANDBIKE)
10:00 ABSOLUTA (2004 e anteriores)
11:40 SUB18/SUB16 (2005-2008)
12:05 SUB14/SUB12 (2009-2012)
12:25 SUB10 (2013-2014)
12:40 PITUFOS 2015
12:40 PITUFOS 2016
12:40 PITUFOS 2017
12:40 PITUFOS 2018
12:40 BIBERON 2019


Extracto do regulamento

Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo organiza o "10K CARBALLO 2022. X Carreira Popular Concello de Carballo", proba autonómica oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante), baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.

Artigo 5: Participantes e Categorías .
5.- A ) No “10K CARBALLO 2022. X Carreira Popular Concello de Carballo”, pode participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 1000 en categorías absolutas (Sub20, Sénior e Máster), ou un máximo de 2000 no cómputo global do evento, e considerando as limitacións impostas pola regulamentación propia da Federación Galega de Atletismo para a participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas.

5.- B ) As datas de nacemento para cada categoría e proba son as seguintes
Categoría Datas de Nacemento
Sub 20 Nados/as en 2003, 2004
Sub 23 Nados/as en 2000, 2001, 2002
Senior Nados/as en 1988 ate 1999
Máster 1 Nados/as en 1987 ate 1982
Máster 2 Nados/as en 1981 ate 1972
Máster 3 Nados/as en 1971 ate 1962
Máster 4 Nados no ano 1961 e anteriores.
Deportistas con discapacidade
Ver apartado específico. Poderán participar en handbike ou cadeira de rodas todas aquelas persoas que cumpran os requisitos esixidos neste regulamento, con discapacidade física que xustifique a súa participación en dita modalidade, e de existir participantes menores con discapacidade, a organización tratará de integralos na proba que mellor se adapte ás súas características.
Sub 18 2005,2006
Sub 16 2007,2008
Sub 14 2009,2010
Sub 12 2011,2012
Sub 10 2013-2014
Pitufo 2015
Pitufo 2016
Pitufo 2017 (Poderán correr acompañados de un titor)
Pitufo 2018 (Poderán correr acompañados de un titor)
Biberón 2019 (Poderán correr acompañados de un titor)
Equipos 10K

5.- C ) Deportistas con discapacidade.
- Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A ) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión destas.
B ) Persoa con discapacidade visual.
C ) Persoa con discapacidade intelectual.

- No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.

- Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, aos correos electrónicos mbardanca@carballo.gal e secretaria@atletismo.gal

- As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles.

- Permitirase un máximo de 2 guías para os e as atletas con discapacidade visual.

- O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se van situar os guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.

- A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico mbardanca@carballo.gal.

- Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa categoría.

- Os atletas deberán presentarse na zona de control 30 minutos antes do inicio da proba para pasar o control de material, realizado pola organización.

No control de material revisarase os seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar correctamente: Casco, elementos de visibilidade, chasis, rodas, sistema de frenado e sistema de dirección.

5.- D ) Xeneralidades
Cada participante acude á proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.

As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo fóra das persoas corredoras en cadeira de rodas debidamente inscritas e que cumpran as normas do IPC Athletics.

Calquera dúbida respecto diso deberá ser consultada coa organización antes de facer a inscrición.

Exceptuando o definido para atletas con discapacidade, está prohibida a utilización de calquera vehículo ou material de desprazamento (patíns, carriños, etc.).

Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes. Exceptúase ós proxenitores, titores, adestradores, etc. de menores con minusvalías ou que sexan autorizados expresamente pola organización así como os guías para deportistas con discapacidade visual.

Ao mesmo tempo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento, así como tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.

Artigo 7: Carreiras que compoñen o evento. O evento "X Carreira Popular Concello de Carballo" consta das seguintes carreiras:
A ) 10K Carballo 2022. Proba oficial autonómica da FGA sobre distanza homologada de 10.000 metros. (Sub20, Sub23, Sénior e Máster).
B ) Carreiras de categorías Menores (Sub 18, Sub 14, Sub 12, Sub 10.
C ) Carreiras Pitufos e Biberón.

Artigo 8: Inscricións.
As inscricións son personais e intransferibles supoñendo a aceptación de todo o desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais.

Forma de Inscrición: Na web www.10k.carballo.gal
Oficiñas Carballo Deporte en Vila de Corcubión, SN (CP 15100 Carballo) ou teléfono 981702109.

Prazo de Inscricións. Admítense ate as 23:59 horas do día 31 de maio de 2022, ou ata acadar as 1000 prazas nas categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Master, ou as 2000 no global do evento.

As formas e lugares de inscrición son:
a ) Na web, no enlace creado ó respecto.
b ) Información sobre a proba e asesoramento para a inscrición: nas oficiñas do Concello de Carballo “Carballo Deporte” sitas na rúa Corcubión sn e nº teléfono 981702109.

Cuota de Inscrición:
As inscricións para a proba 10 km, dirixidas ás categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Master é de 5,00 € (10K), que se ingresará a través da pasarela de pago na páxina de inscrición www.championchipnorte.com aloxada na web www.10k.carballo.gal.

Poderase establecer establecer unha fila 0 para algunha causa solidaria, mediante a cal os participantes aporten o importe de 1,00 € a algunha causa solidaria.

Para o resto de categorías (Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10, Pitufos e Biberón a inscrición é gratuita).

Artigo 9: Data, Probas, Categorías, Horarios de saída e Peche de control.
A data de celebración é o domingo día 5 de xuño de 2022.

Establécense as categorías definidas na táboa para as respectivas probas, subdivididas en masculina e feminina. En canto á categoría adaptada poderán participar todas aquelas persoas que cumpran os requisitos esixidos neste regulamento, con discapacidade física que xustifique a súa participación en dita
modalidade.

Artigo 10: Saída para 10K.
A saída darase ás 10:00 horas, podendo realizarse en calquera caso as quendas de saída que fosen necesarias e que a organización estableza en función do protocolo preventivo da Covid-19 vixente na data da proba e da propia inscrición e segundo as marcas acreditas polos participantes.

Os deportistas accederán á zona de saída e ubicaranse no caixón correspondente en función do dorsal asignado. Deberán estar nos postos de saída 10 minutos antes da hora prevista de saída (9:50 h.)

Pódese solicitar cambio de caixón por mellora de marca realizada posterior á data de inscrición ate o remate do prazo de inscrición.

Haberá 6 caixóns de saída:
- Dorsal de fondo verde: sub 36:00 (Hombres) y sub 46:00 (Mujeres)
- Dorsal de fondo amarelo: sub 40:00
- Dorsal de fondo azul: sub 45:00
- Dorsal de fondo laranxa: sub 50:00
- Dorsal de fondo vermello: +50

Artigo 11: Peche de Control e tempos de paso máximos para 10K. Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo previsto dende o inicio da carreira ou o sobrepase, será superado polo vehículo con bandeira verde, que indica o final da zona de competición, e deberá abandonar a vía e en todo caso a partir de ese momento será considerado un usuario normal da vía, debendo cumprir as normas e señais.

O peche de control será ás 11:30 horas ou ós 90 minutos dende a saída para o 10K

Establécense os seguntes tempos de corte, de xeito que cando un participante non os cumpra entenderase que non se atopa en condicións de cumplir o tempo máximo previsto para o peche de control, sendo superados polo vehículo con bandeira verde, cos efectos definidos no primeiro párrafo de este artigo.

Proba 10 km
Km 5 - 45:00
Km 6 - 54:00
Km 7 - 1:03:00
Km 8 - 1:12:00
Km 9 - 1:21:00
km 10 - 1:30:00

A organización poderá considerar en función do desenvolvemento xeral das carreiras non aplicar os tempos de corte ate que non sexa estritamente necesario en orden ás necesidades do tráfico rodado e da seguridade dos participantes.

Artigo 12: Recollida de Dorsais. Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto no primeiro andar do edificio do mercado municipal na rúa Gran Vía (6876+7H Carballo) (43.213076, -8.688416) nas seguintes datas e horarios:

O día da carreira dende as 8:00 h e ate 20 minutos antes da saída de cada categoría.

En recollida anticipada o sábado 4 de xuño de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h.

Un deportista poderá recoller varios dorsais a condición de acreditar a condición do párrafo anterior para o respectivo deportista.

Artigo 13: Utilización dos Dorsais. O dorsal acreditativo é intransferible, e debe corresponderse única e inexcusablemente co deportista para o que foi emitido pola organización; deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente visible na súa totalidade.

A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal correspondente a outro corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.

O deportista debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter en conta en caso de atención médica urxente durante a proba.(alerxia a medicamentos, etc.)

Artigo 14:Cromometraxe. En tódalas categorías excepto Pitufos e Biberón o cronometraxe realízase mediante chip, que cada atleta deberá levar colocado correctamente. O chip é intransferible, e calquera irregularidade relacionada co mesmo así como o non ser detectado nos puntos intermedios de control e
cronometraxe se os houbera, ou a participación sen chip implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.

Artigo 15: Control Técnico das carreiras. O control técnico das carreiras é realizado polo comité galego de xuíces da FGA, sendo O xuíz árbitro a máxima autoridade técnica da proba, o cal supervisará o desenvolvemento desta así como os resultados finais. Así as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos da comunicación oficial dos resultados.

Artigo 16: Servizos Médicos. Os médicos da proba e o persoal auxiliar sanitario, en coordinación co control técnico de carreira poderán descalificar a aquel participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba con seguridade.

Artigo 17: Circuito. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas alleas á proba nos seguintes termos: dende trinta minutos previos, e durante a celebración da mesma tendo os deportistas o uso exclusivo da vía entre o vehículo de apertura e o de peche, e só os vehículos autorizados poderán seguir a proba. Esta prohibición de vehículos comprende tamén bicicletas, carriños ou outros medios de desprazamento como patíns, etc.

As carreiras realízanse pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras reservadas para peóns, con excepción dos espazos peonís que se inclúen no circuito. A non observancia desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial poderá supoñer a descalificación na proba.

Artigo 18.1: Circuito 10 K para categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Máster. Homologado con distanza de 10 KM, por ruas do núcleo urbano con de punto de avituallamento a altura aproximada do KM 5.

Artigo 18.2: Circuito para categorías Sub 18 e Sub 16. Saída e meta na rúa Colón. Percorrerán unha distanza aproximada de 3 KM completando 3 voltas ó seguinte circuito: Colón, Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón.

Artigo 18.3: Circuito para categorías Sub 14 e Sub 12. Saída . Saída e meta na rúa Colón. Percorrerán unha distanza aproximada de 2 KM en 2 voltas ó seguinte circuito: Colón, Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón.

Artigo 18.4: Circuito para categorías Sub 10. Saída na rúa Colón e meta na rúa Colón. Percorrerán unha distanza aproximada de 950 metros en 2 voltas ó seguinte circuito:, Colón,Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Cervantes.

Artigo 18.5: Circuitos Pitufos e Biberóns. Saídas e metas nas rúas Valle Inclán e Colón.

Artigo 18.6: Así mesmo establecerase unha zona de quencementos que comprende as seguintes rúas dende 20 minutos previos ó inicio da primeira proba, considerándose tódolos deportistas que incumpran esa delimitación horaria ou espacial usuarios normais da vía (Colón, Cervantes, Desiderio Varela, Gran Vía dende Desiderio Varela ate Doutor Fleming, Doutor Fleming, Valle Inclán).

Artigo 19: Clasificacións.Establécense as seguintes clasificacións:
Clasificación Xeral Absoluta, masculina e feminina.
Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
Clasificación Carballeses.
Clasificación Equipos: Deberán estar compostos por un mínimo de 5 participantes, non existindo límite máximo de compoñentes, clasificando só os cinco mellores postos. Os equipos deben contar con participantes femininas e masculinos en proporción libre. A clasificación obterase da suma dos postos acadados, tendo en conta sempre a primeira clasificada feminina, e logo consecutivamente os mellores clasificados por posto atendendo independentemente á categoría feminina ou masculina (Así e como exemplo: chegada a meta de 1º posto masc., 6º posto masc,2ª posto feminina, 34º posto masculino, 8º posto feminino e 42º posto masculino; computarían por esta orde 2 puntos feminino, 1 punto masculino, 6
puntos masculino, 8 puntos feminino e 34 puntos masculino. Será equipo gañador o que sume menos puntos.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.

Artigo 22: Conductas antiregulamentarias. Cosidéranse antiregulamentarias, ca oportuna sanción que decida o organizador e a FGA, incluída a descalificación da carreira as seguintes:
- Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
- Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
- Non pasar polos controis de carreira establecidos.
- Non realizar o percorrido de carreira completo.
- Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces/zas.
- Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
- Pretender participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
- Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
- Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do espírito deportivo.
- Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa motivo de expulsión do circuíto.
- Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
- Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.

Artigo 23: Servizos complementarios. Está prevista a prestación dos seguintes servizos complementarios:
Punto de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta.
O servizo de duchas ó remate da carreira está na Pabellón Municipal Vila de Noia (6888+WF Carballo).
Servizos de fisioterapia, condicionado á súa confirmación previa.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 3/5/2022