Calendario
Ver carrera

A Coruña - C-Trail

09/04/2022 20:45 - 24:30

[ Go Back ]

Descripción VII C-Trail Bombeiros Coruña

Data: sábado, 9 de abril de 2022 ás 20:45 h.
Inscricións: C-Trail Bombeiros Coruña

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

TRAIL (DESNIVEL: 750 m+) - 15.000 m - 20:45
24/02/2022 15/03/2022 23:59 15,00€
16/03/2022 03/04/2022 23:59 15,00€

ANDAINA (DESNIVEL: 400 m+) - 10.000 m - 20:45
24/02/2022 15/03/2022 23:59 12,00€
16/03/2022 03/04/2022 23:59 15,00€

O C-TRAIL Bombeiros Coruña é unha continuación do traballo desempeñado polo club Brigantia Aventura e que ten como finalidade, coñecer o monte e natureza do concello da Coruña e, con elo, fomentar o deporte na natureza e ao aire libre, respectando o contorno.

CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS
● ORGANIZA: A.D.C. Bombeiros Coruña
● DÍA: 9 de Abril 2022
● HORA DE SALIDA: 20:45 h.
● LUGAR: Pavillón Polideportivo Novo Mesoiro (A Coruña)
● DISTANCIAS:
o TRAIL: 15 km
o ANDAINA: 10 km
● DESNIVEL:
o TRAIL: 750 m+
o ANDAINA: 400 m+
● O percorrido será circular e desenrólase na súa maior parte por pistas, camiños e sendeiros por monte, excepto a saída e chegada, que transcorre polo asfalto.

OBXECTIVOS
● Incentivar a práctica deportiva en contornos naturais co máximo respecto á natureza.
● Dinamización da zona de influencia da carreira
● Recuperar camiños antigos para o desfrute da xente

CONDICIIÓNS DE INSCRICIÓN, PARTICIPACIÓN E CANCELACIÓN

REQUISITOS
● Ter máis de 18 anos. (Agás na andaina que poderán participar os menores de idade, previa autorización da nai/pai/titor-a).
● Coñecer e aceptar as condicións do presente regulamento.
● Realizar correctamente todos os pasos de inscrición.
● Dispor da experiencia, coñecemento, material e capacidade física necesaria para afrontar unha carreira de resistencia no monte.

Esta é unha proba de resistencia, polo que, recomendamos unha boa forma física, xa que se superan desniveis considerables, transcorrendo a carreira por terreos moi técnicos. Recoméndase realizar una proba de esforzo meses antes.

A organización resérvase o dereito de excluír da proba, incluso antes do inicio de estas, a aqueles participantes que a conduta sexa inapropiada.

A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación do presente regulamento. Non se permite a participación dun corredor que suplante a identidade de outro e non é posible realizar cambios de corredor unha vez efectuada a inscrición.

PRAZOS DE INSCRICIÓN E NÚMERO DE PRAZAS
O PRAZO para realizar a INSCRICIÓN do VII C-TRAIL Bombeiros Coruña será do 24 de febreiro ás 00:00h ata 3 de abril ás 23:59h, existindo un límite de 500 participantes.

A participación estará aberta a aquelas persoas que formalicen correctamente a INSCRICIÓN e cumpran cos requisitos establecidos se os houbese na súa modalidade de competición.

LISTA DE ESPERA
No caso de que se esgoten asinscricións, establecerase unha lista de espera para cubrir as baixas que poidan ocasionar os e as participantes.

A adxudicación de praza efectuarase por estrito orde de inscrición á lista de espera e cando se reciba petición de baixa dun corredor. Neste caso seralle comunicado vía e-mail dende a organización a obtención da súa praza (inscrición) e unha vez formalizada a mesma, considerarase inscrito a todos os efectos.

NON PARTICIPACIÓN E DEVOLUCIÓN DE INSCRICIÓN:

ADVERTENCIA: No caso de que a persoa inscrita non participe na carreira, deberá xustificalo convintemente, sendo a Organización a que resolva dita solicitude para a devolución ou non do importe da inscrición e non estará obrigada a entregarlle ningún agasallo da mesma (o que inclúe a bolsa do corredor) unha vez concluída a carreira.

En caso de suspensión da proba antes do seu inicio, a Organización intentará buscar outra data para dito evento, ou facilitará a participación en vindeiras edicións.

O mal tempo non será impedimento para a realización da proba, se ben a Organización resérvase o dereito de suspendela ou modificar o seu percorrido se o cre oportuno, sobre todo, se considera que a integridade física dos corredores pode verse prexudicada.

QUÉ INCLÚE A INSCRICIÓN:
● Dorsal.
● Bolsa do corredor con agasallo conmemorativo (vaso reutilizable) para aquelas persoas inscritas que efectúen a saída o día da proba.
● Avituallamentos: Auga, bebidas isotónicas , froita e froitos secos.
● Seguro de R.C. e de seguro de accidentes.
● Asistencia durante a carreira mediante o dispositivo sanitario e de seguridade fixado pola Organización.
● Duchas* e vestiarios na zona de servizos, situada no polideportivo de Novo Mesoiro
● Premios, aos primeiros/as clasificados das categorías sénior e veteranos,feminino e masculino. Premios aos gañadores absolutos/as.
● Percorrido sinalizado.
● Cronometraxe electrónico.

CATEGORÍA E PREMIOS:
CATEGORÍAS:
Disporanse 2 categorías:
● SENIOR: dende os 18 anos ata os 44 anos
● VETERANAS/OS: a partir dos 45 anos inclusive
A idade a ter en consideración será a que se teña ao finalizar o ano.

PREMIOS:
A entrega de premios realizarase aproximadamente ás 23:30h. e serán para os/asseguintes clasificados/as:
● TRAIL:
o 1º, 2º e 3º clasificado ABSOLUTO
o 1º, 2º e 3º clasificada ABSOLUTA
o 1º, 2º y 3º clasificado SENIOR MASCULINO
o 1º, 2º y 3º clasificado SENIOR FEMENINO
o 1º, 2º y 3º clasificado VETERANO
o 1º, 2º y 3º clasificada VETERANA
* Premios non acumulables (agás os absolutos/as).

AVITUALLAMENTOS:
A carreira disporá de varios avituallamentos tanto líquidos (auga e isotónico) como sólidos (froita e outros).
Debido á política ambiental da organización, NON se utilizarán vasos nos avituallamentos.
A organización agasallará ás e aos participantes cun vaso reutilizable para utilizalo en carreira se así o desexan.

● TRAIL: 1 avituallamento + meta
● ANDAINA: 1 avituallamento + meta

SEGURO DE ACCIDENTES:
Para accidentes ou lesións derivadas da proba, a organización conta co correspondente seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes, eximíndose á Organización das mesmas que proveñan de causas alleas á organización do evento.

A organización non será responsable de ningún dano causado por unha imprudencia ou neglixencia do participante.

Queda excluído da Responsabilidade Civil dos danos ocasionados polos participantes a terceiros, non podendo culpar en ningún caso á organización de ditos danos.

Así mesmo, os participantes declaran que están na condición física perfecta para realizar a carreira, que participan voluntariamente, baixo a súa propia responsabilidade na competición e descargan á organización dos posibles danos que se xeren por realizar unha proba de resistencia.

MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDADO:
Todos os/as corredores deberán levar un MATERIAL OBRIGATORIO DE SEGURIDADE, que pode ser controlado na saída, na chegada ou en calquera punto da carreira sendo o seguinte:
• DORSAL VISIBLE na parte dianteira
• SISTEMA DE ILUMINACION con pilas ou batería auxiliar de reposto.

Os/as deportistas que non porten o material obrigatorio non poderán continuar en carreira e serán inmediatamente desclasificados (haberá controis ao longo do percorrido).

Este material pode ser aumentado por parte da organización, previo aviso polosleitos que estime oportuno.

MATERIAL RECOMENDADO (dependendo da climatoloxía este material recomendado pode sufrir modificacións)
● ROUPA E ZAPATILLAS ADECUADAS PARA UNHA CARREIRA POR MONTE
● SISTEMA DE HIDRATACIÓN
● TELÉFONO MÓBIL

SINALIZACIÓN:
A carreira estará marcada con pequenas sinais, pequenos carteis informativos, bandeiriñas e cintas colgantes con reflectantes distanciadas unhas de outras, co obxectivo de que o corredor/a siga o trazado da organización.

COMPORTAMENTO DEPORTIVO E SOSTENIBILIDADE:
A solidariedade, a colaboración e o respecto entre participantes, e entre estes e o voluntariado, patrocinadores, público e outros posibles usuarios dos camiños por onde transcorre a carreira son elementos centrais de este Trail.

Non respectalos será motivo de desclasificación.

A circulación nos pasos por estrada está aberta ao tráfico e os participantes deberán respectar as normas viarias nas estradas de uso público e poboacións.

Os participantes serán responsables dos danos ocasionados en poboacións, contorno e medio ambiente.

Está prohibido ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.

RELACIÓN DE PAUTAS XERAIS DE RESPECTO AO MEDIO AMBIENTE:
As seguintes pautas van dirixidas a participantes e persoas que realicen o seguimento da proba.
● Non verter nin abandonar obxectos ou residuos sólidos ou líquidos fora dos lugares habilitados.
● Retirar e trasladar todos os elementos e residuos producidos nas zonas de asistencia, saída e meta.
● Realizar o percorrido producindo o menor ruído posible.
● Non perturbar a tranquilidade do espazo ou á fauna doméstica ou salvaxe.
● Non invadir propiedades privadas ou prohibidas ao longo do percorrido.
● Respectar o mundo rural, os dereitos e costumes locais.
● Non producir alteracións nos procesos e no funcionamento natural dos ecosistemas.

DEREITOS DE IMAXE:
Todos os/as participantes renuncian a utilizar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e aos patrocinadores a utilizar e publicar libremente as imaxes de foto ou vídeo gravadas durante os días que dure a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, dende a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes.

Ademais o voluntariado, persoal de montaxe ou persoal externo á proba pero que dunha forma ou outra participe nela, aceptarán tamén a cesión de ditos dereitos de imaxe.

En cumprimento da lei de protección dos dereitos de imaxe: calquera excepción deberá ser presentada por escrito polapersoa facendo mención expresa das imaxes.

A Organización da proba, poderá utilizar este material como crea convinte, sempre que non vulnere o dereito á intimidade do participante. De igual forma, os corredores inscritos accederán a que o seu nome salga reflexado nun listado de participantes e clasificación publicado na páxina web oficial da carreira ou en calquera outro medio de comunicación.

DESENROLO DA CARREIRA:
REUNIÓN INFORMATIVA (BRIEFING) (o día da proba ás 20:30 h. aprox.)
Previo ao inicio das carreiras realizarase unha reunión informativa de carácter non obrigatorio (aínda que recomendable) cos corredores inscritos, na que se tratarán temas relacionados co material, percorrido, seguridade e comportamento en carreira, así como información de última hora que sexa de interese para os participantes.

ENTREGA DE DORSAIS E BOLSA DE CORREDOR
Os dorsais poderán recollerse de forma anticipada no lugar e horarios a especificar días antes nas redes sociais da organización, debendo presentar os participantes o DNI ou calquera outro documento legal identificativo.

O dorsal poderá recollerse tamén o día da proba dende as 16:00 horas ata as 20:30 horas, na secretaría da carreira.

O/A corredor deberá portar o dorsal en todo momento nun lugar visible, non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento reiterado deste apartado carrexará descualificación inmediata do corredor.

ZONAS E HORAS DE SAÍDA E DE CHEGADA:
● HORA LÍMITE DE RECOLLIDA DE DORSAIS: Sábado 9 e abril ás 20:30 horas na secretaría sita na zona de saída.
● SAÍDA: Sábado ás 20:45 horas.
● HORA DE PECHE DE META: 00:30 horas.

OS CONTROIS
Ao longo do percorrido, haberá controis de paso, ben sexa de forma automática ou manual, para asegurarse de que osparticipantes completan o percorrido, ademais de rexistrar os tempos de paso de cada participante.

TEMPOS DE CORTE
Estableceranse os seguintes tempos de corte:
● CORTE INTERMEDIO: a decidir pola organización
● PECHE DE META: 00:30 horas.

Todo aquel participante que chegue cun tempo superior, será descualificado. O que queira continuar, terá que entregarOBRIGATORIAMENTE o dorsal e quedando a organización exenta de calquera incidencia que poida ocorrerlle.

ABANDONO
Os participantes poderán abandonar a proba voluntariamente, coa obrigación de informar e dirixirse aos voluntarios da carreira, que avisarán á organización de inmediato para levalos a meta.

A parte, a organización ou os servizos médicos poden obrigar a abandonar a un participante, ou obrigalo a facer unha parada, se consideran que se atopa nunha situación física de risco.

XURADO, RECLAMACIÓNS, PENALIZACIÓNS e DESCALIFICACIÓN
A organización será a responsable de velar polo cumprimento das normas que rexen a carreira, aplicando as penalizacións e/ou descualificacións que crea oportunas da cordo co listado de infraccións (non limitativo) que figura a continuación:
● Saída do percorrido marcado
● Dorsal tapado, dobrado ou non visible claramente
● Acompañamento por parte dunha persoa non inscrita na carreira
● Asistencia fora dos avituallamentos
● Usar transporte non autorizado durante o transcurso da carreira
● Abandono voluntario de lixo
● Calquera comportamento ou actitude que prexudique ou degrade o contorno (incluído facer excesivo ruído).
● Mostrar unha actitude antideportiva
● Non dispor dalgún elemento do equipo obrigatorio.
● Non asistencia a unha persoa en dificultade (ferida, esgotamento, hipotermia, etc.).
● Non pasar por un punto de control ou non fichar.

A organización poderá tomar a decisión de establecer os puntos de control que crea oportunos, sen previo aviso e sen necesidade de informar previamente da súa localización.

Os membros da organización serán tamén os responsables de valorar as posibles reclamacións que poida haber en relación á clasificación, penalizacións e/ou descualificacións que se aplicasen.

As reclamacións deberán comunicarse a algún dos membros da organización no seguinte punto de control.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::



Información actualizada a 20/3/2022

[ Go Back ]