Calendario
Info da proba

Leiro

03/07/2022 10:00 - 13:00
Regulamento XXXVIII Carreira Popular de Leiro

Data: domingo, 3 de Xullo de 2022
Web: Carreira Popular de Leiro (máis información e inscricións)

:: Comenta a Popular de Leiro neste tema do foro ::

Regulamento.
1. INFORMACIÓN XERAL

DATA: domingo, 3 de Xullo de 2022
HORA: a partir das 10:00 h.
LUGAR: Leiro (Ourense).
Zona de Saída-Meta e Organización na Área Recretativa do Salgueiral (ó lado do Campo de Fútbol)
DISTANCIA: de 100 m. A 10.000 m. aprox.
ORGANIZA: Concello de Leiro
Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada polo Comité Galego de Xuíces.
COLABORAN: Atletismo Arenteiro
INSCRICIÓN: ver no regulamento: en championchipnorte.com e en Carreir Galegas (Portal da FGA)

PROTOCOLO COVID-19: en todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas e entes implicados no transcurso do evento seguirán o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 NO ÁMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA”.

A organización resérvase o dereito a realizar os cambios que sexan necesarios co fin de cumprir coa normativa e protocolos sanitarios establecidos. De ser o caso, estes cambios serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.

2. CATEGORÍAS
Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas:
A: PITUFOS F/M 2017 e posteriores.
B: PREBENXAMÍN F/M 2014, 2015, 2016
C: SUB 12 F/M 2011, 2012, 2013
D: SUB 16 F/M 2007,2008, 2009, 2010
E: SUB 18 F/M de 2005,2006
F: SUB 20 / SUB 23 M/F atletas nados/as entre 2000 e 2004
G: SÉNIOR M/F atletas nados/as entre 1999 e ata Máster
H: MÁSTER A M/F atletas de 35 a 40 anos.
I: MÁSTER B M/F atletas de 41 a 50 anos.
J: MÁSTER C M/F atletas de 51 a 60 anos.
K: MÁSTER D M/F atletas de máis de 61 anos.

EQUIPOS: Haberá unha clasificación por equipos (que poderán estar formados por mulleres, homes ou mixto) e confeccionarase inscribindo ós integrantes do equipo no apartado que está habilitado para tal efecto na páxina de inscrición de championchipnorte (importante cubrir ben este apartado, senón non se terá en conta para a clasificación)

Para que un equipo teña clasificación, terán que rematar a proba como mínimo 6 corredores do mesmo equipo. Para confeccionar a clasificación dos equipos sumaranse os tempos dos 5 primeiros corredores clasificados, e obtendo o mellor resultado, o equipo que na suma menos tempo sume, e así sucesivamente.

Para puntuar para o equipo teñen que disputar a distancia de 10 km. na proba absoluta.

3. PERCORRIDO:
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1ª 10:00 F,G,H,I,J,K 10 km (ABSOLUTA) e 5 Km.
2ª 10:00 E 5 Km.
3ª 11:30 D 2 Km.
4ª 11:40 C 1,2Km.
5ª 11:50 B 400m.
6ª 12:00 A 100m.

Avituallamento líquido nos km. 1,5, Km. 4,2, Km. 6,5, Km. 9,2 e sólido-lÍquido na meta.

Os quilómetros estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.

4. INSCRICIÓNS
5 Km 10Km excepto categoría E que será gratuíta.

6 € + 1 € ós non propietarios/as de chip amarelo
Inscrición online en championchipnorte ou nas plataformas que poña a disposición a organización dende as 20:00h do 11 de marzo ata as 24:00h do 10 de xuño.

9 € + 1 € ós non propietarios de chip amarelo
Inscrición online en championchipnorte ou nas plataformas que poña a disposición a organización dende as 00:00h do 11 de xuño ata as 24:00h do 24 de xuño.

A,B,C,D
GRATUÍTA
Inscrición online en championchipnorte ou nas plataformas que poña a disposición a organización dende as 20:00h do 11 de marzo ata as 24:00h do 24 de xuño.
Nas dependencias do Concello de Leiro en horario de oficina.

Os 300 primeiros inscritos nos 10 Km. e os 100 primeiros inscritos nos 5 Km. recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.

Unha vez transcorrido o prazo de inscrición non se fará ningún tipo de modificación nin devolución de cota de inscrición a ningunha persoa inscrita. A organización resérvase o dereito de inscribir a algún atleta.

Na inscrición será obrigatorio poñer un tempo aproximado de realizar 10 km.

5. PREMIOS
A entrega de trofeos realizarase a partir das 12:00 h. na zona de Saída-Meta na Área Recreativa do Salgueiral.

Todos os atletas premiados cumprirán estritamente as indicacións da organización e os protocolos establecidos para recoller os trofeos. Para recoller o premio dos equipos unicamente poderá subir ó podium un único atleta por club.

- Medallas para todos os participantes e tamén ós tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías A,B.
- Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías C,D,E.
- 5 Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos.
- 10 Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos. Máis agasallos a
determinar pola organización. Máis 200 € 1º F/M, 100 € 2º F/M, 50 € 3º F/M.
- 10 Km. Trofeos (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías F,G,H,I,J,K.
- 10 Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros equipos clasificados. Máis 300 € 1º, 200 € 2º, 100 € 3º. O resto de equipos que rematen a proba segundo as normas deste regulamento, recibirán tamén un trofeo segundo a súa clasificación final.
- Os trofeos (obsequio do evento) non son acumulativos, salvo os indicados.
- As categorías A,B,C,D,E, os 300 primeiros inscritos nos 10 km. e os 100 primeiros inscritos nos 5 Km. tamén recibirán camiseta conmemorativa do evento.
- Sorteos de agasallos facilitados polos colaboradores entre todos os participantes.
- Para recibir os premios, trofeos, agasallos terá que estar a persoa titular no lugar e hora que determine a organización, fóra do día da
proba non se entregará ningún premio, agasallo nin trofeo.

6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Na Área Recreativa do Salgueiral ó lado do Campo de Fútbol o día da proba desde as 8:00 da mañá ata 15 minutos antes de cada proba.

A organización con antelación suficiente, facilitará a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice para a promoción e información do evento.

É moi importante que os participantes lean o protocolo AntiCovid19 e que á hora de recoller o seu dorsal traian asinada a “Declaración responsable”

(Anexo I) e os certificados que esixan as autoridades sanitarias no seu momento; sen estes documentos, non se lle poderá facer entrega do dorsal.

Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.

7. SAÍDA E FORMATO DA PROBA
O formato empregado na proba será o que determine o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19
NO ÁMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA”, o cal será comunicado con antelación suficiente no correo que facilitou a persoa inscrita, e tamén polos medios empregados pola organización para a promoción e difusión do evento.

As persoas participantes deberán presentarse na liña de saída segundo o horario previo publicado pola organización e cunha máscara obrigatoria (a organización proporcionará, a maiores da que traian, unha máscara cirúrxica no momento de atravesar a liña de meta) e só a sacarán xusto no momento anterior á saída da proba, depositándoa nun recipiente destinado para tal efecto.

8. ZONA DE QUECEMENTO E SAÍDA
A organización sinalizará unha zona específica para realizar o quecemento os participantes, aínda que non será obrigatorio utilizar esta zona especifica, podendo cada atleta facer o quecemento de forma específica onde el o considere, sen invadir os circuítos da carreira (se están participando atletas nas diferentes probas) e as estradas que non estean destinadas a tal fin.

9. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen os resultados oficiais.

10. RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba. Ademais, exime á organización desta responsabilidade, e que non presenta sintomatoloxía relacionada coa Covid-19, o cal lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse ás persoas participantes polas súas imprudencias ou neglixencias.

A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

11. SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia.

12. LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Todos/as os/as corredores/as, incluídos menores de idade, ao realizaren a inscrición, aceptan a publicación do seu nome, da súa imaxe e vídeos nas clasificacións, nos medios de comunicación e na Internet por parte da organización e dos seus entes colaboradores .

13. OUTROS SERVIZOS
Os participantes disporán dunha zona ampla onde estacionar os seus vehículos, próxima á zona de Saída-Meta. As duchas e gardarroupa estará supeditada ó que determine o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 NO ÁMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA”. En caso de poder ofertar este servizo facilitaráselle con antelación suficiente a información a todos os participantes nos medios de difusión e información utilizados pola organización para a promoción do evento.

CONSIDERACIÓNS DERRADEIRAS
A organización contará coa colaboración de protección civil, organismos municipais e forzas e corpos de seguridade competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido, na que en todo momento os participantes da proba farán caso ás súas instrucións.

Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descualificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.

Todos os inscritos fanse responsables de acatar dito regulamento e o seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.

Todo o que non se reflicta neste regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA, RFEA e IAAF, por esta orde.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición a persoa participante consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e responsabilidade civil así como a xestión da licenza de día e ránking popular de probas de ruta. En todo caso, e tal e como establece a Lei de protección de datos persoais, a persoa interesada pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo (Avda. de Glasgow, 13, 15008, A Coruña)

A ORGANIZACIÓN : CONCELLO DE LEIRO

COLABORA: ATLETISMO ARENTEIRO

:: Comenta a Popular de Leiro neste tema do foro ::

Información actualizada a 9/3/2022