Calendario
Info da proba

Chantada

26/06/2022 9:00 - 13:00
Regulamento 1.1. Modalidades deportivas incluídas
Para acadar unha maior afluencia de xente pretendese organizar tres probas diferentes:
1. Andaina de 11 km, e 700 m de desnivel positivo con unha dificultade mediaalta, será non competitiva.
A saída será as 11:30 dende a localidade de Belesar. A organización disporá
de transporte adecuado para acercar a os participantes da proba dende a
praza de Chantada a zona de saída en Belesar.´
Para esta modalidade disporase de 100 prazas que serán cubertas por orde
de inscrición.
2. Trail Cadete de 11 km e 700 m de desnivel positivo.
A saída será as 11:30 dende a localidade de Belesar. A organización disporá
de un autobús para acercar a os participantes da proba dende a praza de
Chantada a zona de saída en Belesar.
Para esta modalidade disporase de 100 prazas que serán cubertas por orde
de inscrición.
3. Trail individual 22 K con 22 km e 1.200 m de desnivel positivo.
A saída será as 09:00 dende a Praza de España ( O Cantón ) Chantada . A
organización disporá de transporte adecuado regular para retornar a os
participantes dende a Praia de A Cova a praza de Chantada unha vez
rematada a carreira.
Para esta modalidade disporase de 200 prazas que serán cubertas por orde
de inscrición.
4. Trail 11 + 11 K con 22 km e 1.200 m de desnivel positivo, na modalidade de
relevos.
A zona de saída do primeiro relevo será na praza de Chantada e a do
segundo relevo será na localidade de Belesar. A organización disporá de
transporte adecuado para acercar a os participantes dende a praza de
Chantada a zona de saída en Belesar, do mesmo xeito haberá transporte
regular para retornar a os participantes dende a Praia de A Cova a praza de
Chantada unha vez rematada a carreira.
Para esta modalidade disporase de 200 prazas que serán cubertas por orde
de inscrición.
O percorrido deseñado será compartido na súa totalidade para as probas de Trail
individual e Trail por relevos, estas so compartirán os derradeiros 11 km, dende a localidade de
Belesar ata a praia de A Cova cas probas de andaina e trail cadete.
1.2. Regulamento da proba.
O evento estará formado por unha proba trail individual de 22 km, trail por relevos de 11+
11 km trail cadete de 11 km, andaina de 11 km ; rexidas polo seguinte regulamento:
1. Todas as probas se celebraran o día 26 de xuño de 2022 con saída dende a
Praza de España (O Cantón )de Chantada para o Trail individual e por relevos.
O Trail cadete e Andaina e segundo relevo sairán do lugar de Belesar, sendo a
chegada para todas as probas na praia fluvial de A Cova, no Concello de O
Saviñao.
2. Ás probas Trail individual e por relevos terán a saída as 09:00 horas; sobre un
percorrido aproximado de 22 km para o Trail individual e por relevos con un
desnivel positivo de 1200 m.
3. Ás probas Trail cadete e Andaina terán a saída as 11:30 horas; sobre un
percorrido aproximado de 11 km con un desnivel positivo de 7000 m.
4. A carreira Trail por relevos sobre un percorrido de 22 km poderase facer baixo a
modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser
mixtos.
5. A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na
praza de Chantada entre as 8:00 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais
será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha
persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda
responsabilidade á organización.
6. Trail Cadete 11 K: sairá as 11:30 de Belesar;
 So poderán participar as persoas debidamente inscritas con idades de
15,16 e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de
referencia.
 Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e
feminino.
7. Trail 11 + 11 K : sairá as 09:00 da praza de Chantada;
 So poderán participar as persoas debidamente inscritas con 18 anos de
idade ou mais.
 Os equipos estarán compostos por dúas persoas, nunha única
categoría absoluta, podendo ser estes masculino, feminino ou mixto.
 O primeiro relevista fará o percorrido do primeiro tramo 11 k e o
segundo de 11 k no segundo tramo saíndo de Belesar.
 Haberá premio para os tres primeiros clasificados da categoría
masculina, feminina e mixta.
8. CATEGORÍAS no Trail individual 22 K: os participantes estarán divididos nas
categorías e sub categorías seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Sénior.
 Categoría Sénior: a partir dos 21 anos cumpridos o ano
de referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B
 Sub categoría Veterana A:
o Masculina de 45 a 50 anos, é dicir que non
cumpra os 51 anos o ano de referencia.
o Feminina de 40 a 50 anos, é dicir que non
cumpra os 51 anos o ano de referencia.
 Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina a partir dos 51 anos
cumpridos no ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e
subcategorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da
competición.
9. INSCRICIÓNS: Serán a través da páxina ccnorte.com estarán abertas dende o
día 1 de abril ata o 22 de xuño.
a)A dispoñibildade de prazas será a seguinte:
 Andaina 100 prazas.
 Trail Cadete 11 K 100 prazas.
 Trail Individual 22 K 200 prazas.
 Trail por Relevos 11 + 11 K 200 prazas.
Ditas prazas serán cubertas por orde de inscrición na plartaforma anteriomente
indicada.
b)O custo das diferentes probas será o seguinte:
1º Trail individual 22 k................. 22 €
2º Trail por relevos 11+ 11 k........ 30 €
3º Andaina.................................. 12 €
4º Trail cadete 11 k....................... 0 €
Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e
de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, xantar e
cantos obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a
inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de
anulación.
10. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de
plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis
establecidos.
11. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó
control máis próximo e facer entrega do dorsal.
12. AVITUALLAMENTOS: A proba contaría con un total de 4 avituallamentos os
cales quedarían distribuídos da seguinte mineira:
1º Ponte Vello Belesar km 7 (líquido)
2º Fonte de Belesar km 11(líquido e sólido).
3º A Reguenga km 16 (líquido e sólido)
4º Praia Fluvial da Cova km 22 ( líquido e sólido)
A fin de ser exquisitos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de
reducir a o máximo os residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se
dispensarán vasos a os participantes.
13. TEMPOS DE CORTE: Co fin de cumprir cos horarios establecidos pola
organización para o evento fixarase un tempo de corte nun so punto do recorrido
para a proba de Trail individual e por relevos:
 Belesar km 11 11:30 .
14. PREMIOS:
 TRAIL Individual 22 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas
categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de
cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto
6).
 TRAIL por relevos 11 + 11 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral
masculina, feminina e mixta.
 TRAIL Cadete 11 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación nas
categorías masculina e feminina.
 ANDAINA:
Será de carácter non competitiva, e non haberá premios.
15. A organización disporá de transporte adecuado para acercar a os participantes
dende a praza de Chantada a zona de saída intermedia en Belesar para as
probas Andaina, Trail cadete e segundo relevo do Trail 11 + 11 Km, do mesmo
xeito haberá transporte regular para retornar a os participantes dende a Praia de
A Cova a praza de Chantada unha vez rematada a carreira, este transporte
estará havilitado e a disposición dos corredores ata as 16:00h ,momento dque
deixará de haber este servicio.
16. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o
participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa
participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser
utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos
posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e
publicitaria que a organización considere oportuno executar.
17. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente
regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a
contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou
desatenda as indicacións da organización.
18. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da
proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
19. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen
axuda así como a informar de calquera percance nos controles de paso.
20. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as
participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos
cruzamentos coas estradas.
21. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes,
seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
22. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia,
así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran
á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En
todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos
regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española
de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
1.3. Relación de actividades.
 Actuacións musicais: Gaiteiros, grupos locais e son ambiente amenizado con un
pincha speaker orixinal.
 Xantar: sen dúbida un dos elementos fundamentais, dar de comer e
imprescindible para que a xente aguante. En función dos patrocinios que poida
haber ou do que se poida negociar determinaríase cal sería o xantar. Por razóns
de loxística e dende un sentido práctico unha paella como a da festa de
Cortegada sería ideal.
 Sorteo de produtos da terra e material deportivo: Isto pode axudar a manter a
xente no lugar a vez que se da saída aos produtos de diversa natureza que
poidan aportar os diferentes colaboradores, Co tiquet de xantar poderanse dar
un ou dous números para participar no sorteos que se farían ao longo da tarde.