Calendario
Info da proba

Frades

15/05/2022 10:00 - 13:00
Regulamento VII Carreira Pedestre Popular Concello de Frades

Data: domingo, 15 de maio de 2022 a partir das 10 h. Proba absoluta ás 11:30 h.
Inscricións: Popular de Frades

:: Comenta a proba neste tema do foro ::

O Concello de Frades celebra a súa VII Carreira Pedestre Popular o domingo 15 de maio de 2022 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802) baixo o control técnico da Federación Gallega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao VIII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, (pendente de confirmación). As probas estarán as suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO
1- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo, Delegación Santiago de Compostela.

2- CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIO DAS PROBAS
O percorrido da proba absoluta será sobre unha distancia de 8.6 km en ruta. A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAIDA 5 minutos antes do inicio de cada proba.

CARREIRA HORA CATEGORIA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
MENORES 10:00 h Pitufo-biberón-Sub 6(M/F) Nados en 2018 e posteriores 300 m aprox (1 Volta á praza)
MENORES 10:10 h Prebenxamín-Sub 8(M/F) Nados en 2015-2016-2017 500 m aprox
MENORES 10:20 h Benxamín-Sub 10 M/F) Nados en 2013-2014 800 m aprox
MENORES 10:30 h Alevín-Sub 12 (M/F) 2011-2012 800 m aprox
MENORES 10:45 h Infantil (M/F) e cadete femenino-Sub 14 e Sub 16 2007-2008-2009-2010 2000 m aprox
MENORES 11:00 h Cadete masculino e xuvenil (M/F) Sub 16 e sub 18 2005-2006-2007-2008 3000 m aprox
ADULTOS 11:30 h Junior-Sub 20 (M/F) Nados en 2003-2004 8600 m aprox
ADULTOS 11:30 h Promesa-Sub 23 (M/F) Nados en 2000-2001-2002 8600 m aprox
ADULTOS 11:30 h Absoluta-Senior(M/F) Nados entre 1999 ata 1988 8600 m aprox
ADULTOS 11:30 h Master 1 (M/F) Nados/as entre 1987 ata 1982 8600 m aprox
ADULTOS 11:30 h Master 2 (M/F) Nados/as entre 1981 ata 1972 8600 m aprox
ADULTOS 11:30 h Master 3 (M/F) Nados/as entre 1971 ata 1962 8600 m aprox
ADULTOS 11:30 h Master 4 (M/F) Nados/as 1961 e anteriores 8600 m aprox
ENTREGA DE PREMIOS- PRAZA PÚBLICA PONTE CARREIRA

O percorrido da proba absoluta estará indicado e sinalizado cada kilómetro.

3- INSCRICIÓNS
*PROBAS ESCOLARES (Sub 6 pitufos, Sub 8-prebenxamín, sub 10- benxamín, sub 12-alevín, sub 14-infantil, sub 16-cadete e sub 18- xuvenil incluido).
Realizaránse a través do formulario online presente na páxina web www.emesports.es. Data límite ata o xoves 13 de maio ás 23.59 horas. As inscricións para as categorías escolares serán GRATUITAS.

*CATEGORÍAS ADULTOS (Sub 20-junior, sub 23-promesa, absoluta (senior) e master).
As inscricións estará presente na páxina web www.emesports.es. Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

PREZOS DA INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- ADULTOS (De Sub 20-junior ata master): 5,00 €

*INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO

*Os equipos, clubes, centros… que desexen optar ós premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un correo electrónico á dirección de correo santiago@atletismo.gal cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías Sub 20-junior, sub 23-promesa, senior-absoluta e master. SE ALGÚN ATLETA DA CATEGORÍA SUB 18 (XUVENIL), DESEXE PARTICIPAR NA PROBA ABSOLUTA DEBERÁ NOTIFICALO NO EMAIL santiago@atletismo.gal.

Admitiránse inscricións ata o xoves 12 de maio as 23.59. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais recolleránse na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal deberá levarse en todo momento durante o transcurso da proba colocado na parte anterior do corpo, de xeito visible.

Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600 852 222 (Lino).

4-Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de todos os atletas sito no Pavillón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saida), tamén haberá baños/servicios ao carón da saída/meta.

A organización disporá a disposición de todos os atletas un servicio de fisioterapia, ropero e ademais de persoal sanitario e ambulancia.

Tamén haberá inchables para os mais pequenos.

5-RETIRADA DE DORSAIS
Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.

O dorsal irá colocado na parte anterior do corpo, de xeito visible no que xa vai incorporado o chip de cronometraxe.

6-O longo do percorrido á organización ubicará controis nos canles poderase descalificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, obstaculizar ou empurrar a outros atletas…ou todo o contemplado na normativa da fga e rfea oficial).

7- Todo atleta que chega a liña de meta sen o su dorsal colocado correctamente na parte anterior do corpo será descalificado a criterio do xuiz árbitro da competición.

8- As quendas de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polos participantes na inscrición. Os agrupamentos e número de quendas estableceranse en función das limitacións que existan nese momento para cumprir coas normas sanitarias e de seguridade vixentes, que seguirán o protocolo FÍSICO-DXT GALEGO marcado para na data de celebración da proba. As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo a quenda e hora de saída que se lles asigne. No caso de que @ participante non estea presente na hora asignada, perderá o dereito de participación na proba.

9- COVID-19
Esta edición cumprirá en todo momento coa normativa establecida para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FISICO-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte vixente na data de celebración da proba, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, o Concello de Frades e a Federación Galega de Atletismo, por causas de forza maior, reservarase o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios, previo acordo entre ambas partes, e que serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.

No caso de que as autoridades competentes así o prescriban, cada participante na retirada do dorsal, deberá achegar un certificado de vacinación ou aportar unha proba PCR ou test de antíxenos negativa certificada por farmacia ou servicio médico cun prazo máximo de 72 horas antes do inicio da proba. Sen a devandita documentación o dorsal non será entregado e a participación na carreira non será posible.

Unha mesma persoa poderá recoller varios dorsais, sempre conte coa autorización dos atletas, mostrando os certificados mencionados anteriormente.

Este requisito, en caso de que sexa necesario, será informado pola organización a tódal@s particiapntes con anterioridade ao peche das inscicións.

0/a participante comprométese a aceptar que ten lido, entendido e aceptado o cumprimento do protocolo da prevención da Covid-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa organización. O protocolo será actulaizado en función das restriccións e limitacións vixentes no momento da celebración da proba decretadas por parte das autoridades sanitarias competentes.

Haberá voluntari@s repartindo máscaras quirúrxicas na liña de meta.

10- USO DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación...) Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de Frades).

11- PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR
- Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), tamén para as categorías sub 6- pitufo e sub 8-prebenxamín.

- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (sub 20-junior, sub 23-promesa, absoluta-senior e master).

- Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados no Concello.

- Trofeos para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.

- Medallas para tódolos participantes escolares (de sub 6- pitufo a sub 18- xuvenil).

- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.

- Entrega de camisetas técnicas para tódolos participantes.

AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: SUB 20 a MASTER).

PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado: 250 € 1ª Clasificada: 250 €
2º Clasificado: 150 € 2ª Clasificada: 150 €
3º Clasificado: 100 € 3ª Clasificada: 100 €
4º Clasificado: 75 € 4ª Clasificada: 75 €
5º Clasificado: 50 € 5ª Clasificada: 50 €

PREMIOS POR CLUBES

1º Clube federado masc/fem: 150 €
2º Clube federado masc/fem: 100 €
3º Clube federado masc/fem: 50 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º componente.Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos (non mixtos) .

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Gallega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

O premios serán aboados por transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

12- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS:
A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordó co disposto no artigo 17 da normativa RFEA
Mais información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2020/05
reglamento_comp.pdf

13- As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuiz Árbitro da Competición, non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

11- Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co disposto nos regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.

12- Tódolos participantes polo feito de inscribirse na proba, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a participación sen estar inscrito ou sin levar dorsal.

PALMARÉS DA CARREIRA DE FRADES:

2014-MASCULINO 2014-FEMENINO
1º VICTOR RIOBOO 1º PAULA MAYOBRE
2º ROBERTAS GERALAVICIUS 2º MELA PENAS
3º AKKA ESSAADAOUI 3º AGUEDA BLANCO

2015-MASCULINO 2015-FEMENINO
1º HASSAN LEKHILI 1º PAULA MAYOBRE
2º NUNO COSTA 2º RAQUEL SUAREZ
3º AKKA ESSAADAOUUI 3º MELA PENAS

2016-MASCULINO 2016-FEMENINO
1º LOLO PENAS 1º ESTER NAVARRETE
2º ALEJANDRO FERNÁNDEZ 2º PAULA MAYOBRE
3º HASSAN LEKHILI 3º CLARA SIMAL

2017-MASCULINO 2017-FEMENINO
1º DAVID SANTOS 1º PAULA MAYOBRE
2º AMADOR PENA 2º ROCIO ALVITE
3º JACOBO GESTO 3º RAQUEL SUAREZ

2018-MASCULINO 2018-FEMENINO
1º NUNO COSTA 1º PAULA MAYOBRE
2º ANXO CASTRO 2º ESTHER RODRIGUEZ
3º AKKA ESSAADAOUI 3º MARÍA JESÚS GESTIDO

2019-MASCULINO 2019-FEMENINO
1º LOLO PENAS 1º PAULA MAYOBRE
2º NUNO COSTA 2º ESTHER RODRIGUEZ
3º JORGE PUIG 3º TINA FERNANDEZ

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición, o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes de Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a Lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á FGA, Avenida de Glasgow 13-15008-A Coruña.

Poderá consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas páxinas,

www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismo.gal

:: Comenta a proba neste tema do foro ::

Información actualizada a 5/4/2022