Calendario
Info da proba

Salceda de Caselas

08/05/2022 10:30 - 12:00
Regulamento IX correXsalceda

Data: domingo, 8 de maio de 2022 ás 10:30 h.
Inscricións: Championchip Norte

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMENTO “IX EDICIÓN CORREXSALCEDA”

A IX edición de correXsalceda, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o domingo día 8 de Maio de 2022.

Carreira con póliza de responsabilidade civil número 36260062, e seguro de accidentes colectivos número ----- para tódolos/as participantes debidamente inscritos na proba.

Regulamento xeral
1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Praza do Concello ás 10:30 horas, quedando a liña de meta situada no mesmo punto.
O tempo máximo de duración da proba 10.000 metros será de 1 hora 30 min e a de 5.000 metros será de 50 min.

2.- O percorridos serán de 10.000 metros (carreira oficial) e de 5.000 metros (carreira alternativa) e discorrerán polos seguintes circuítos (enlace a circuítos)

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. Existirá 1 posto de avituallamento líquido, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.

4.- O prazo de inscrición bonificado finalizará o VENRES día 22 de Abril as 22:00 h. Do SÁBADO día 13 de Abril ao MARTES 3 de Maio (ambos incluídos)o prezo incrementarase en 2 €.
CATEGORÍAS ESCOLARES/MENORES (ANO 2007 A 2015): ISNCRICIÓN, 1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, A ENTREGAR NA RETIRADA DO DORSAL.

CATEGORÍA PITUFOS (2016 A 2020): ISNCRICIÓN, 1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, A ENTREGAR NA RETIRADA DO DORSAL.

Inscrición BONIFICADA ata o 22 de Abril
CARREIRA ABSOLUTA (ANO 2002 E ANTERIORES):
6 € INSCRICIÓN ata o 22 de Abril

Inscricións do 23 de abril ata o 3 de maio
8 € INSCRICIÓN (ambos incluídos)

As persoas que se inscriban pola Web, non quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.
As inscricións realizaranse a través da páxina web https://championchipnorte.com/ facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web. A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor/a ou en quen delegue. As persoas que se inscriban, non quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.
5.- Recollida de chips e dorsáis;

• SÁBADO día 7 de Maio 10:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda.

• Tamén se poderán recoller o domingo día 8 de Maio nun lugar habilitado na Praza do Concello de Salceda de Caselas, ata 30 minutos antes do comezo de cada carreira.

6.- O chip entregado a cada participante vai colocado nos cordóns das zapatillas, e deberá ser devolto trala súa participación, haberá un contenedor habilitado na zona de avituallamento. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
CATEGORÍAS HOMES E MULLERES

PROBA DE 10.000 METROS
Xuvenil 2003-2004-2005-2006 (10.000 metros)
Sénior 2002 ata veteranos (10.000 metros)
Veteranos/as A 36 – 45 (10.000 metros)
Veteranos/as B 46 – 55 (10.000 metros)
Veteranos/as C 56 - 65 (10.000 metros)
Veteranos/as D +66 (10.000 metros)

PROBA DE 5.000 METROS
Absosuluta nados en 2002 e anteriores (5.000 metros)

8.- Premios:
Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as (absolutos 10.000 metros) e (salcedenses 10.000 metros);

Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as (absolutos 5.000 metros) e (salcedenses 5.000 metros);

Trofeos para os primeiros clasificados/as de cada categoría en 10.000 metros.

Clasificación (absoluta 10.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)

Clasificación (salcedendes 10.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Clasificación categoría Xuvenil (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Sénior (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo

Clasificación categoría Veteranos/as A (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo

Clasificación categoría Veteranos/as B (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo

Clasificación categoría Veteranos/as C (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo

Clasificación categoría Veteranos D (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo

Clasificación (absoluta 5.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)

Clasificación (salcedendes 5.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Os premios non son acumulables.
Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

Para optar aos premios de Salcedenses, os atletas serán nados ou empadroados no Concello de Salceda de Caselas.
Os premios non son acumulables.

9.- A entrega de trofeos da categoría absoluta (10k e 5k) terá lugar ao remate das carreiras, na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

10.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

11.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 10 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.

12.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda, agás para as persoas con mobilidade reducida na carreira de menores/escolasres.

13.- O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.

14.- O control das inscricións, dorsáis, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

15.- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

16.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

17.- Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán reclamacións. A organización reservase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente), sendo as súas decisións,inapelables.

18.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización. No caso de dúbida ou de surtir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador.

19.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

20.- Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) debera facelo constar no reverso de dorsal da proba.

21.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda de Caselas
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar a meta.
3. Entrega de Premios: A partir das 13:30 horas na Praza do Concello de Salceda de Caselas.
Regulamento escolares/menores (CIRCUÍTOS ACCESIBLES)

1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 2007 e seguintes.

2.- A inscrición farase de xeito individual en https://championchipnorte.com/

3- As probas darán comezo ás 12:15 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

4.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:

Categoría A: Nados en 2007, 2008 e 2009 (2.500 metros)
Categoría B: Nados en 2010, 2011 e 2012 (1.000 metros)
Categoría C: Nados en 2013, 2014 e 2015 (500 metros)
Pitufos A: Nados en 2016,2017 e 2018 (150 metros)
Pitufos B: Nados en 2019 e 2020 (100 metros)


5.- Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual. Trofeo aos primeiros/as atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina, medallas aos segundos/as e terceiros/as por categoría e sexo.

Clasificación (Categoría A 2.500 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Clasificación (Categoría B 1.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Clasificación (Categoría C 500 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Clasificación (Categoría Pitufos A e Pitufos B )
Medallas para tódolos/as participantes nas categorías PITUFOS A (150 metros) e PITUFOS B (100 metros)

-Camisetas para tódolos/as participantes da categoría escolares/menores, a recoller o domingo día 8 de Maio antes ou despois da carreira e ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

6.- No momento de retirar os dorsais, necesariamente un adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba.

7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polo regulamento xeral da “IX edición de correXsalceda”.

8.- Os adultos que acompañen ós nenos e nenas no percorrido escolar non entrarán na clasificación.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 30/3/2022