Calendario
Info da proba

Santa Comba

10/04/2022 11:30 - 13:00
Regulamento II Clásica Gandeira de Santa Comba

Data: domingo, 10 de abril de 2022 a partires das 10:30 h.
Inscricións: Clásica Gandeira de Santa Comba

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

A Carreira Pedreste “Clásica Gandeira de Santa Comba” é unha iniciativa do Concello de Santa Comba a través da súa Concellería de Deportes, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable e, a través do pedestrismo, dar visibilidade ao sector da gandería da Terra do Xallas.

As probas levaranse a cabo o domingo 10 de abril a partir das 10:30 horas. As mesmas rexiranse polo seguinte:

REGULAMENTO
Artigo 1. Participación.
Nesta proba poderán participar todas aquelas personas que formalicen a súa inscrición no tempo e prazo preciso e sempre que entren dentro do rango de idades establecido para as categorías establecidas no presente reglamento. O control da proba estará baixo a supervisión do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo.

Artigo 2. Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías de competición, tanto masculinas como femeninas:

CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO
Pitufas/as Nadas/os en 2015 e posteriores
Sub 10 Nadas/os en 2013 e 2014
Sub 12 Nadas/os en 2011 e 2012
Sub 14 Nadas/os en 2009 e 2010
Sub 16 Nadas/os en 2007 e 2008
Sub 18 - Sub 20 Nadas/os entre 2003 e 2006
Senior Nadas/os en 2002 ata máster
Máster 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
Máster 2 De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
Máster 3 De 55 anos cumpridos o día da proba en adiante

Artigo 3. Horarios de competición.
Estableceranse os seguintes horarios para as diferentes carreiras, tanto masculinas como femeninas:

HORARIO PROBA DISTANCIA
10:30 h CARREIRA-> SUB 10-SUB 12 1 km aprox.
10:45 h CARREIRA DE 3 K-> (de SUB 14 a Máster) 3 km aprox.
11:25 h CARREIRA DE PITUFOS/AS 300 m aprox.
11:30 h CARREIRA DE 10 K-> (De sub 18-Sub 20 a Máster) 10 km aprox.
12:30 h ENTREGA DE PREMIOS

Artigo 4. Lugar de SAIDA/META das probas
O lugar de saida para as distintas probas, será desde a Avenida Alfonso Molina, diante da Casa de Cultura, situada en Santa Comba (capital municipal).

Artigo 5. Descrición dos percorridos das diferentes categorías.

CIRCUITOS POR CATEGORIAS:
1.- Circuito de 10k; lonxitude aproximada de 10 km. O percorrido ten superficie mixta, un 70% asfalto e 30% terra. Percorre zonas de especial interese gandeiro, incluso, atravesando unha explotación situada do lugar de Alvarín (Alón);

2.- Circuito 3k; lonxitude aproximada de 3 km, con superficie de asfalto. Os corredores completarán unha volta.

3.- Circuito Sub 10 – Sub 12: Lonxitude aproximada 1 km, con superficie de asfalto 100%.

4.- Circuito Pitufos/as: Lonxitude aproximada 300m, con superficie total de asfalto 100%.

Artigo 6. Inscricións. Prezos e prazos.
A inscrición da proba poderase realizar de 2 xeitos diferentes:
ONLINE: a través da páxina web https://emesports.es/eventos

PRESENCIAL: no Concello de Santa Comba (Área de deportes tf. 981103034). Consultar horarios.

O prazo de inscrición rematará o xoves 7 de Abril de 2022 ás 23:59 horas. Non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.

PREZOS DA INSCRICIÓN
PROBA DISTANCIA
CARREIRA -> SUB 10-SUB 12 GRATUITO
CARREIRA DE 3 KM aprox. -> (SUB 14 - SUB 16) GRATUITO
CARREIRA DE 3 KM aprox. -> (de SUB 18 a Máster) 7 €
CARREIRA DE 10 KM aprox. -> (De SUB 18- SUB 20 a Máster) 7 €

Artigo 7. RECOLLIDA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba nunha carpa situada na casa do de Cultura do Concello de Santa Comba a partir das 9:00 horas da data da proba e ata media hora antes do inicio de cada proba.

Para a recollida de dorsais aplicarase a normativa Fisiocovid vixente o día de celebración da proba.

Artigo 8. CONTROL CON CHIP.
As proba de adultos estarán controladas a través dun DORSAL-CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal; o chip irá na parte posterior do dorsal, co cal non poderá manipularse.

Artigo 9. PREMIACIÓN.
Ao remate das probas realizarase un acto de entrega de trofeos e medallas aos seguintes:

PREMIOS “CLÁSICA GANDEIRA”:
✓ Trofeos para as/os tres primeiras/os clasificados das categorías Pitufo/a, Sub 10 e Sub 12;
✓ Trofeos para as/os gañadoras/es absolutos da proba de 3 K;
✓ Medallas para as/os gañadoras/es de cada categoría establecida na proba de 3 K, de sub 14 a Máster;
✓ Trofeos para as/os gañadoras/es absolutos da proba de 10 K;
✓ Medallas para as/os gañadoras/es de cada categoría establecida na proba de 10 K, de Sub 18 – Sub 20 a Máster;
✓ Trofeos para os 3 primeiros clubes federados da carreria de 10 K;.
✓ Trofeo para a/o primeira/o corredor/a local das probas de 3 K e 10 K;
✓ Premios económicos de 200 €, 125 €, 75 € e 50 € aos 3 primeiros clubes federados da Carreira de 10 K*;

*A premiación de clubes federados establecerase a través da suma dos postos das/dos 8 primeiras/os corredoras/es chegados/as a meta de cada clube. Os equipos poderán ser mixtos. Non se poderán alinear atletas dos clubes filiais.

OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS CORRESPONDENTES AOS CORREDORES LOCAIS DAS PROBAS DE 3 E 10 K.

Artigo 9. SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS.
Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal de Santa Comba sito a 300 mts. da liña de meta.

- Horario de apertura: de 11:00 h a 14:00 h.
O uso das duchas supeditarase á normativa Covid-19 vixente o día da proba.

Artigo 10. Avituallamento.
Haberá servicio de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía das entidades colaboradoras. Na proba de 10 K establecerase un punto de avituallamento na metade do percorrido aprox.

Artigo 11. Responsabilidade e reclamacións.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a sí mismo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro da proba (o que designe o comité galego de xuices da Federación Galega de Atletismo) non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias o requiren (informando previamente)

Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a normativa en vigor da FGA e RFEA, por esta orde, para probas en ruta da tempada 2022.

ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela, resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as regras da FGA e RFEA, por esta orde.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 21/3/2022