Calendario
Info da proba

Padrón - Pascua

16/04/2022 12:00 - 13:30
Regulamento XLI Carreira Popular de Pascua, Padrón

Data: sábado, 16 de abril de 2022.
Inscricións: Pascua de Padrón

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

XLI CARREIRA POPULAR DE PASCUA

DATA: 16 DE ABRIL DE 2022
HORA: A PARTIR DAS 10:45H
LUGAR: PADRÓN (PRAZA DE MACÍAS)
DISTANCIA: DE 100M A 13.300M
ORGANIZA: CONCELLO DE PADRÓN

REGULAMENTO
1.-PARTICIPACIÓN
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

2.-CATEGORIAS DE PARTICIPACION
*SUB 6 M/F: atletas nados/as no 2017 e posteriores
*SUB 8 M/F: atletas nados/as nos anos 2015 e 2016
SUB 10 M/F: atletas nados/as nos anos 2013 e 2014
SUB 12 M/F: atletas nados/as nos anos 2011 e 2012
SUB 14 M/F: atletas nados/as nos anos 2009 e 2010
SUB 16 M/F: atletas nados/as nos anos 2007 e 2008
SUB 18 M/F: atletas nados/as nos anos 2005 e 2006
SUB 20 / SUB 23 M/F: atletas nados/as entre 2000 e 2004
SENIOR M/F: atletas nados/as entre 1987 e 1999
MÁSTER 1 M/F: atletas nados/as entre 1976 e 1986
MÁSTER 2 M/F: atletas nados/as entre 1966 e 1975
MÁSTER 3 M/F: atletas nados/as en 1965 e anteriores

* As categorías SUB-6 e SUB-8 non son competitivas, polo cal non haberá clasificacións.

3.-DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída das probas estará situada na Praza de Macías na localidade de Padrón. Os horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro:

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:45H SUB 6 100 mts
10:55H SUB 8 425 mts
11:05H SUB 10 625 mts
11:15H SUB 12 - SUB 14 2 kms
11:30H SUB 16 - SUB 18 3,5 kms
12:00H SUB 20 / SUB 23 - SENIOR - MÁSTER 13,3 kms

4.-INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición dos participantes abrirase o martes 22 de marzo, e pecharase o mércores 13 de abril ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo indicado.

As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es (Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email: soporte (arroba) emesports.es)

PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 18): Gratuita
- Adultos (proba absoluta): 7 €

5.-DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da carreira nunha carpa situada no Paseo do Espolón a partir das 09:45h e ata media hora antes do inicio de cada proba.

Os dorsais-chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais-chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible. Todo atleta
que entre na meta sen o seu dorsal-chip será descualificado a criterio do xuiz árbitro da proba.

Para a recollida de dorsais haberá que cumprir a normativa Covid-19 vixente no día da proba, feito que será comunicado previamente aos participantes a través do correo electrónica e a páxina oficial de inscrición.

6.-DESCUALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do xuiz arbitro da competición.

Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

7.-PREMIOS EN METÁLICO
Equipos federados
1º - 300 €
2º - 200 €
3º - 100 €

Sistema de puntuación e clasificación por equipos

A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.

Os equipos poderán ser mixtos.

Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo santiago (arroba) atletismo.gal no prazo de
inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

8.-TROFEOS,MEDALLAS E AGASALLOS
- Medallas para os/as participantes nas categorías escolares.
- Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento, a excepción das categorías SUB-6 e SUB-8 (categorías non competitivas)
- Trofeo especial de Pascua para os/as 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
- Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados.
- Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da proba absoluta.
- Trofeo Participación, ao clube con máis corredores inscritos que finalicen a proba.
- Trofeo Supermáster, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller.

Os premios non serán acumulativos (agás os dos/as corredores/as locais)

Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.

9.ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
CATEGORÍAS ESCOLARES (ATA SUB 18)
Os/as participantes recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de chegada.

Os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría escolar recibirán os seus trofeos inmediatamente despois da saída da proba absoluta, ás 12:00 horas na Praza de Macías.

ADULTOS
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será na Praza de Macías, en torno ás 13:15 horas.

O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é obrigatorio, unha vez que rematen as probas, que os clubes premiados se acheguen á zona de retirada de dorsais e cubran un documento cos datos requeridos (presentación do dni ou documento acreditativo da identidade, entidade bancaria, nº de conta, domicilio e tlf de contacto).

Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.

10.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de Padrón).

11.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
- Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar e Pavillón do Souto. Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de meta. Horario: 10:30 horas a 14:00 horas sempre e cando o protocolo fisiocovid-19 vixente o permita.
- Obsequio a todos/as participantes
- Avituallamento intermedio (km 6,8 aprox.) e na liña de meta.
- Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
- Sinalización kilométrica.
- Servizo de gardaroupa.
- Fotografía profesional.
- Servizo de ambulancia, médico e sanitario.
- Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento

12.- COVID-19
Esta edición cumprirá en todo momento coa normativa establecida para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICO-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte vixente na data de celebración da proba, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, o Concello de Padrón e a Federación Galega de Atletismo, por causas de forza maior, reservarase o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios, previo acordo entre ambas partes, e que serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.

No caso de que as autoridades competentes así o prescriban, cada participante na retirada do dorsal, deberá achegar un certificado de vacinación ou aportar unha proba PCR ou test de antíxenos negativa certificada por farmacia ou servizo médico cun prazo máximo de 72 horas antes do inicio da proba, sendo válidos aqueles certificados coa data do 2,3,4 ou 5 de febreiro. Sen a devandita documentación o dorsal non será entregado e a participación na carreira non será posible.

Unha mesma persoa poderá recoller varios dorsais, sempre que conte coa autorización dos atletas, mostrando os certificados mencionados anteriormente.

Este requisito, en caso de que sexa necesario, será informado pola organización a tódol@s participantes con anterioridade ao peche das inscricións.

O/a participante comprométese a aceptar que ten lido, entendido e aceptado o cumprimento do protocolo de prevención da COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa organización. O protocolo será actualizado en función das restriccións e limitacións vixentes no momento da celebración da proba decretadas por parte das autoridades sanitarias competentes.

13.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
- A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.
- Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA (por este orde) para probas en ruta en vigor.
- A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que os/as atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A organización tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou danarse.
- Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.
- Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismo.gal
www.correrengalicia.org

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscripción o corredor consiente expresamente que os seus datos básicos sean cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día e ranking popular de probas de ruta.
En todo caso e tal e como establece a ley de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os sus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

Todo participantes polo xeito de inscribirse permite que as imaxes, videos e entrevistas realizadas pola organización poidan publicarse nas rrss e páxinas webs oficiais.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::



Información actualizada a 22/3/2022