Calendario
Info da proba

O Pino

22/05/2022 10:00 - 13:00
Regulamento XVII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

Data: domingo, 22 de maio de 2022 ás 10 h.
Inscricións: Popular de O Pino

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

O Concello de O Pino celebra a décimo sétima edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 22 de maio de 2022 a partir das 10 horas na localidade de Arca - Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao VIII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA IDADE
MENORES
Sub 6 Nados/as en 2017 e anteriores
Sub 8 Nados/as en 2015-2016
Sub 10 Nados/as en 2013-2014
Sub 12 Nados/as en 2011-2012
Sub 14 Nados/as en 2009-2010
Sub 16 Nados/as en 2007-2008
Sub 18 Nados/as en 2005-2006

ADULTOS
Sub 20 Nados/as en 2003-2004
Sub 23 Nados/as en 2000-2001-2002
Senior Nados/as en 1999 ata 1988
Master 1 Nados/as en 1987 ata 1982
Master 2 Nados/as en 1981 ata 1972
Master 3 Nados/as en 1971 ata 1962
Master 4 Nados/as a partir do ano 1961

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER (M/F) 8000 m aprox. 2 Voltas Grandes
11:00 h SUB 16 e SUB 18 (M/F) 2800 m aprox. 1 Volta Mediana
11:30 h SUB 14 (M/F) 2000 m aprox. 2 Voltas circuito Sub 14
11:45 h SUB 12 (M/F) 1000 m aprox. 1 Volta circuito Sub 12
11:55 h SUB 10 (M/F) 1000 m aprox. 1 Volta circuito Sub 10
12:05 h SUB 8 (M/F) 505 m aprox. 1 Volta pequena + 1 Mini
12:10 h SUB 6 (M/F) 340 m aprox. 1 Volta pequena
12:45 h ENTREGA DE TROFEOS PRAZA DE FORCAREI

A SAIDA E SECRETARÍA DE TODAS AS PROBAS SERÁ NA PRAZA DE FORCAREI

4. INSCRICIÓNS
› PROBAS ESCOLARES (de sub 6 a sub 18).
Poderán realizarse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.emesports.es, cubrindo os datos solicitados nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511 002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

› CATEGORIAS DE ADULTOS (de sub 20 a máster).
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.emesports.es. O prezo da inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.

Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511
002 ou 981 291 786 en horario: 10:00 - 15:00 horas de luns a venres.

› INSCRICION POR CLUBES
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.carreirasgalegas.com e remitir un correo electrónico a dirección santiago@atletismo.gal cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías SUB 20, SUB 23, SENIOR e MÁSTER.

Excepcionalmente poderá solicitarse no email deportes@opino.gal a participación de atletas da categoría SUB 18, os cales terán que renunciar a participación na proba da súa ategoría.

Admitiranse inscricións ata o xoves 19 de maio ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS
FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na PRAZA DE FORCAREI ubicada preto da casa do Concello con prazo límite 30’ antes do inicio de cada proba.

5. PREMIOS
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes de cada categoría establecida no presente regulamento agás na categoría sub 6 que non haberá clasificación nin premios.
› Trofeo para a primeira e o primeiro atleta local empadroada/o no Concello das categorías escolares (DE SUB 8 A SUB 18).
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (SUB 20, SUB 23, SENIOR e MÁSTER).
› Trofeo o participante máis veterano que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes clasificadas/os empadroados no
Concello de O Pino da proba absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros clubs federados femininos e masculinos clasificados na proba absoluta na súa clasificación final.
› Trofeo para o club e a entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Agasallo técnico, bebida e avituallamento sólido para todas/os as/os participantes na proba de todas as categorías.
› Medallas para todos os participantes de todas as categorías escolares (de sub 6 a sub 12 ).

OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS CORRESPONDENTES ÓS ATLETAS LOCAIS PREMIOS EN METÁLICO (Só para a proba ABSOLUTA)

PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 150 € 1º Clube federado femenino: 150 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 50 € 3º Clube federado femenino: 50 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º/ª compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou femininos, pero non poderán ser mixtos.

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que
terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da FGA, e RFEA en vigor.

8. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal de Lameiro e no Campo de Fútbol Municipal.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros brigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. Asi mesmo autoriza a publicación da súa imaxe nas rrss propias do evento. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.

Máis información nas webs:
www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismogalego.gal
www.correrengalicia.org


:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 6/5/2022