Calendario
Info da proba

Zas

20/08/2022 21:30 - 24:30
Regulamento 1. LUGAR, DATA E HORA:
Zas ( A Coruña) - Praza do Concello de Zas
Sábado, 20 de Agosto do 2022
Trail Nocturno: saída ás 21:30 horas
Andaina Nocturna: saída ás 21:00 horas
Peketrail:
Categoría A: saída ás 20:15 horas
Categoría B: saída ás 20:30Horas
2. A PROBA:
Proba NON competitiva con saída e chegada no pobo de Zas. Trail nocturno para
coñecer unha forma diferente de vivir o monte. Pasaremos polo Monte Castro, Monte Pión e o
Monte Brondo, sendo o ascenso polos cortalumes deste último unha das zonas máis
espectaculares. Unha vez coroado este monte, poderedes desfrutar das mellores vistas
nocturnas da redonda.
Non o dubidedes. Apuntádevos a esta nova sensación, seguro que repetiredes para o
ano.
TRAIL NOCTURNO 15 KM. 700 m+ (aproximados)
ANDAINA NOCTURNA 13 KM . 400 m+ (aproximados)
PEKETRAIL, Categoría A: 750 Metros ( Aproximados) Categoría B: 1,5 KMS (Aproximados)
O mal tempo non será impedimento para a celebración da carreira. A organización
poderá interromper a proba en calquera punto se considera que poda haber serio perigo para a
integridade física dos corredores, ou en casos de forza maior.
1
3. CATEGORÍAS:
SENIOR: participantes ata 40 anos no 20 de Agosto do 2022
VETERANOS: participantes de 40 anos para adiante no 20 de Agosto do 2022
Os participantes teñen que ser maiores de 18 anos.
PEKETRAIL: Os corredores deberán entregar unha autorización firmada polos pais.
Categoría A: 5-10 Anos
Categoría B: 11-15 Anos
4. INSCRICIÓNS:
Na web www.galitiming.com
5. DORSAIS:
A recollida farase no concello de Zas unha hora antes da saída de cada carreira. A saída
encóntrase na praza do Concello de Zas. A organización poderá solicitar o DNI para retirar dito
dorsal.
6. PREZO:
TRAIL NOCTURNO
Ata o 10 de Agosto do 2022 ás 23:59 horas: 14 Euros
A partir do 11 de Agosto do 2022 ata o 16 de Agosto ás 23:59 horas: 17 Euros
Disporanse de ata 200 prazas.
ANDAINA
Ata o 10 de Agosto do 2022 ás 23:59 horas: 10 Euros
A partir do 11 de Agosto do 2022 ata o 16 de Agosto ás 23:59 horas: 13 Euros
Disporanse de ata 200 prazas.
PEKETRAIL
Será gratuíto nas dúas categorías
2
Ata o 10 de Agosto poderase anular a inscrición tendo dereito á devolución da mesma
(gastos de devolución: 3 Euros). A partir do 10 de Agosto non se poderá anular a inscrición.
Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscrición
da dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e
cea ofrecidos pola organización.
7. SINALIZACIÓN E CONTROIS:
O percorrido estará sinalado con cinta de balizar e sinais fluorescentes, sendo
obrigatorio o paso polos control establecido no Pico de Monte Brondo.
Todo participante ten que dispor de luz frontal e móbil con batería. Farase un control
antes da saída.
8. RETIRADAS:
Os Corredores Escoba teñen a potestade para retirar da proba a calquera corredor se o
seu estado de saúde así o aconsella.
9. AVITUALLAMIENTOS
Avituallamento sólido e líquido
Trail Nocturno no km 8.
Andaina Nocturna no km 6.
Avituallamento final líquido e sólido no Pabellón Polideportivo de Zas.
Os avituallamentos encóntranse en lugares visibles e sinalizados. Disporase de
contedor para residuos orgánicos. Non existirá ningún punto para depositar lixo pasado o
control de avituallamento. Está prohibido o avituallamento e a axuda externa durante o
desenvolvemento da carreira de calquera persoa, non participante. Así mesmo está prohibido
saír da zona de avituallamento con calquera tipo de envase ou envoltorio
10. SERVIZO SANITARIO:
Haberá persoal médico-sanitario con potestade para retirar o dorsal a calquera
corredor cando considere que a súa saúde está en perigo.
3
11. TROFEOS:
Entregaranse os seguintes trofeos:
● Ós tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto feminino coma masculino.
● Ó máis veterano/a.
● Ó primeiro, tanto feminino como masculino, do Concello de Zas (necesario estar
empadroado)
A entrega de trofeos realizarase no Pavillón Deportivo de Zas unha vez finalizada a proba.
O non estar presente na mesma, anularase o dereito a recibir os mesmos.
12. DESCLASIFICACIÓN:
Será desclasificado todo o corredor que non cumpra o presente regulamento, non
complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
13. PARTICIPANTES:
Para participar na proba cada deportista deberá levar o dorsal de forma visible para
facilitar o labor de control da proba. Así mesmo facilitarase un chip para control de tempos que
deberá colocarse correctamente na zapatilla. Se non se coloca correctamente é posible que
apareza reflexado nos postos finais, non admitíndose reclamación algunha ó respecto.
Tódolos participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respectar as
normas de circulación nos cruces e estradas.
É aconsellable utilizar roupa e calzado adecuado para carreiras de montaña,
autorizándose a utilización de bastóns. De elixir levar bastóns, estes deberán ser portados
durante toda a proba, non podendo desprenderse deles durante todo o percorrido.
Os participantes corren baixo a súa responsabilidade. Sobre eles recae a decisión da
saída e realización da carreira. É responsabilidade de cada participante estar fisicamente
preparado para realizar a proba. Os participantes eximen á organización das reclamacións ou
demandas baseadas en supostas accións ou non accións dos participantes ou outros que
actúen ó seu favor, así como das demandas resultantes dos danos que poidan sucederlles a
eles como ó seus materiais.
Os participantes deberán firmar os documentos que se requiran para evidenciar máis
claramente este apartado do regulamento.
14. VOLUNTARIOS:
Prestarán asistencia e facilitaran información ós corredores un grupo de voluntarios
claramente identificados, situados en cruces, avituallamentos e zoas perigosas.
4
15. A ORGANIZACIÓN:
Correrá a cargo do Concello de Zas e a A.D. Monte Brondo. Resérvase o dereito a
realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes,
así como a súa suspensión en caso de condicións meteorolóxicas adversas
O percorrido non estará pechado ó trafico polo que hai que respectar o código de
circulación e extremar as precaucións ó cruzar calquera estrada ou ó chegar a un cruce.
A organización reservase os dereitos exclusivos sobre as imaxes, vídeo e información da
proba, nas que poidan aparecer participantes, e para utilizar este material para a publicidade,
relacións públicas ou outros fins xornalísticos ou promoción do evento. Calquera proxecto
multimedia ou publicidade ten que ter o consentimento previo da organización. Para todo o
non especificado no regulamento a Comisión Organizadora disporá unha solución o antes
posible.
16. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
O regulamento pode ser modificado en calquera momento pola organización por
previsión meteorolóxica ou por calquera tipo de circunstancia necesaria