Calendario
Ver carrera

Silleda

03/06/2022 20:00 - 22:00

[ Go Back ]

Descripción VII Carreira Popular Semana Verde de Galicia, Silleda

Data: venres, 3 de xuño de 2022 a partir das 20 h (proba absoluta ás 20:40 h).
Inscricións: Popular Semana Verde

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

VII CARREIRA POPULAR “ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA”

1. A Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizará a VII Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrará o venres 3 de xuño de 2022.

2. Protocolo Covid-19: En todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas implicados no transcurso do evento seguirán o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 NO ÁMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA”

3. Poderán participar atletas federados e non federados. Realizarase unha clasificación conxunta. Esta proba está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

4. Categorías:
CATEGORIA ESCOLAR CATEGORÍA ABSOLUTA
Categorías Anos Categorías Anos
PITUFOS 2015 e posteriores SUB 20 2003 / 2004
SUB 10 2013 / 2014 SUB 23 2000 / 2001 / 2002
SUB 12 2011 / 2012 SENIOR 1999 e anteriores ata veteráns
SUB 14 2009 / 2010 MÁSTER A De 35 a 44 anos
SUB 16 2007 / 2008 MÁSTER B De 45 a 54 anos
SUB 18 2005 / 2006 MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65 anos

5. DISTANCIAS E HORARIOS
Hora Categoría Distancia Voltas
20:00 PITUFOS 150 m.aprox.
20:10 SUB 12 E SUB 10 1.200 m.aprox. 2 Voltas
20:20 SUB 18, SUB 16 E SUB 14 2.200 m.aprox. 5 Voltas
20:40 SUB 20-23-SEN-MÁST. A-B-C-D 7.000 m.aprox.

6. LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO
https://youtu.be/fD_NqSB6tms
O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feiral Internacional de Galicia en Silleda - Pontevedra (ver plano anexo)
a. Percorrido Pitufos (liña vermella)
b. Percorrido Sub 10 e Sub 12 (2 voltas, 1.200 m aprox.)
c. Percorrido Sub 14 e Sub 16 (5 voltas, 2.300 m)
d. Percorrido absoluta 7k (70% asfalto e 30% terra)

7. INSCRICIÓNS
Dende o 02 de maio de 2022 todos os atletas poderán inscribirse no formulario habilitado para tal efecto na páxina web www.carreirasgalegas.com. O custe da inscrición será de 5€ para as categorías absolutas e gratuíta para as categorías escolares.

O prazo de inscrición rematará o día 1 de xuño as 20:00 horas non admitíndose baixo ningún concepto, inscricións fora do prazo establecido no presente regulamento.
Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

8. RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase o día 3 de xuño dende as 18:00 horas nas inmediacións da liña de saída.

Os dorsais son persoais e intransferibles e irán colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible durante toda a proba. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de descualificación.

9. PREMIOS E AGASALLOS
• Tod@s @s participantes da categoría Pitufos recibirán un diploma.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías recibirán un trofeo.
• Trofeo para o atleta mais veterano.
• Trofeo a atleta local mellor clasificado.
• Medalla para tod@s os participantes.
Os trofeos non son acumulativos, salvo o de mellor atleta local.
Todos os atletas premiados cumprirán estritamente as indicacións da organización e os protocolos establecidos para recoller os trofeos.

10. SAÍDA E FORMATO DA PROBA
Realizaránse de forma conxunta, respectando o protocolo en vigor. Aqueles/as atletas que non se presenten puntuais na zona de saída, non poderán participar na proba.

11. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descualificado a criterio do xuíz árbitro competición.

A organización establece un peche de control 60’ despois da chegada do 1º clasificado absoluto da proba.

12. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

13. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a participación con mascotas. A organización recomenda ós participantes, pola súa seguridade, que non participen con dispositivos reprodutores de música con auriculares.

SERVIZOS
Na zoa de saída e meta atoparanse os servizos médicos, ambulancia, avituallamento, duchas e aparcamento gratuíto.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.

14. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 3/5/2022

[ Go Back ]