Calendario
Ver carrera

Muros

30/04/2022 17:00 - 20:00

[ Go Back ]

Descripción VI Dúatlon Eleuterio Balayo, Muros

Data: sábado, 39 de abril de 2022.
Web: Dúatlon Eleuterio Balayo

:: Comenta a proba no foro de Tríatlon e Dúatlon ::

REGULAMENTO do VI Dúatlon "Eleuterio Balayo" Concello de Muros no que se inclúen a proba supersprint “Circuíto Mozo” Campionato Xunta de Galicia e a proba sprint popular

Artigo 1. Organizan
1. Concello de Muros con enderezo no Curro da Praza, 1, 15250 Muros, A Coruña e número de teléfono 981 762 294.

2. Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI) con enderezo na rúa Castelao, 21, 27001 Lugo e número de teléfono 982 251 345.

Artigo 2. Colaboran
– Policía Local de Muros
– Protección Civil de Muros
– Garda Civil de Muros
– GES Muros
– Secretaría Xeral para o Deporte

Artigo 3. Localización da proba
a) Saída: porto de Muros
b ) Zona de transición: porto de Muros
c) Centro de información e control da proba: casa do Concello de Muros
d) Zona de aparcamento recomendada: parque empresarial de Muros

Artigo 4. Data
Sábado, 30 de abril de 2022

Artigo 5. Horarios
5.1. Horarios: “Circuíto Mozo” Supersprint Campionato Xunta de Galicia
Horario Acto
13.30 a 14.30 Recollida de dorsais
13.45 a 14.45 Control de material
14.50 Cámara de chamadas
15.00 1ª saída masculina
15.00 JNM (júnior masculino)
15.01 XVM (xuvenil masculino)
15.02 CDM (cadete masculino)
15.08 1ª saída feminina
15.09 JNF (júnior feminino)
15.10 XVF (xuvenil feminino)
15.11 CDF (cadete feminino)
15.50 Hora estimada remate da proba
16.00 (aproximado) Entrega de premios

5.2. Horarios: proba sprint popular
Horario Acto
15.30 a 16.30 Recollida de dorsais
16.00 a 16.45 Control de material
16.50 Cámara de chamadas
17.00 Saída
17.00 Saída masculina 1
17:01 Saída masculina 2
17:03 Saída feminina
19:00 Hora estimada de remate da proba
19.15 (aproximado) Entrega de premios

5.3. Acceso á zona pechada de acreditados/as e entregas de dorsais
Será obrigatorio identificarse con licenza, DNI ou documento oficial con foto e presentar a certificación de ter a pauta completa de vacinación COVID-19, ou ben certificación negativa dun test COVID-19 de antíxenos ou PCR que deberá ter sido realizada entre 72 h e 24 h antes da saída.

Artigo 6. Distancias
Categoría Carreira a pé 1 Ciclismo Carreira a pé 2
Supersprint 2 km (2 voltas) 8 km (2 voltas) 1 km (1 volta)
Sprint 5 km (4 voltas) 20 km (4 voltas) 2,5 km (2 voltas)

Artigo 7. Participantes e categorías
7.1. Proba supersprint
– Número máximo de prazas: 200
– Licenzas: deportistas con licenza de tríatlon da temporada en vigor das seguintes categorías:

Categoría Anos de nacemento Prazas reservadas por categoría e xénero*
Cadete 2007 - 2008 33(F)/70(M)
Xuvenil 2005 - 2006 20(F)/40(M)
Júnior 2003 - 2004 12(F)/25(M)
Absoluta 2002 e anteriores 75/75
* Ata as 10.00 do 31 de marzo de 2022

7.1. Proba sprint popular
– Número máximo de prazas: 150
– Licenzas: todas as persoas deportistas nadas no ano 2005 ou en anos anteriores, con licenza de tríatlon da temporada en vigor, que tramiten a licenza temporal de 1 día da FEGATRI ou posúan unha licenza en vigor na Federación Galega de Ciclismo.

Artigo 8. Servizos e instalacións
a) Local para organización e cronometraxe: porto de Muros
b ) Recollida de dorsais e garda roupa: casa do Concello de Muros
c) Vestiarios e duchas: (Non se habilitarán debido polo Protocolo COVID-19)

Artigo 9. Inscricións
Abriranse as inscricións o 1 de marzo de 2022 ás 10.00 a través da plataforma da Federación Galega de Tríatlon.

9.1. Proba supersprint: “Circuíto Mozo” Campionato Xunta de Galicia
– Limitada a 200 participantes das categoría cadete/xuvenil/júnior
– Reservas: prazas para cada xénero en función da categoría (artigo 7)
– A reserva de prazas por xénero estará activa ata as 10.00 do 31 de marzo de 2022. A partir desta data, poderán ser ocupadas polo outro xénero ata completar o límite de prazas.
– Prezo: Gratuíta
– Regulamento: Regulamento Circuíto Mozo

9.2. Proba sprint: popular
– Limitada a 150 participantes
– Reservas: 75 prazas para cada xénero
– A reserva de prazas por xénero estará activa ata ás 10.00 do 31 de marzo de 2022. A partir desta data, poderán ser ocupadas polo outro xénero ata completar o límite de prazas.
– Prezo: 18,00 €
– A organización resérvase 10 prazas a maiores das 150 ofertadas.

9.3. Prazos de inscrición
a) Proba supersprint: “Circuíto Mozo” Campionato Xunta de Galicia
– Do 1 ao 31 de marzo: inscrición reservada a 30 prazas por xénero de cada categoría cadete, xuvenil e júnior.
– Do 1 ao 26 de abril: inscrición libre de deportistas ata completar as prazas
b ) Proba popular sprint
– Do 1 ao 31 de marzo: inscrición reservada a 75 prazas por xénero.
– Do 1 ao 26 de abril : inscrición libre de deportistas ata completar as prazas

9.4. Procedemento de inscrición
a) Clubs
Accederán a través do apartado competicións, picando en competicións/regulamentos/inscricións e accedendo á carreira de referencia. Unha vez que se accede á carreira picarase na ligazón “inscrición” e introducirase o código do club (o código a utilizar é o mesmo que o do programa de licenzas).

b ) Deportistas con licenza de tríatlon
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/regulamentos/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario. O abono da cota farase con
tarxeta bancaria a través de TPV.

c) Deportistas con licenza temporal de 1 día (non federados):
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/regulamentos/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario de deportistas con licenza
temporal de 1 día. O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.

d) Deportistas con licenza de FGC (Federación Galega de Ciclismo):
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/regulamentos/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario de deportistas con licenza de
ciclismo. O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.

Será imprescindible, para que a inscrición de tramitación de calquera seguro de 1 día sexa válida, enviar:
– A copia do DNI en vigor á Federación Galega de Tríatlon fegatri@hotmail.com a través da plataforma de inscricións.

9.5. Baixas e devolucións
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do correspondente prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.

As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.

No caso de inscricións incompletas, que non se axusten ao regulamento, (falta de documentación rematado o prazo de inscrición) serán anuladas e non se farán devolucións.

9.6. Publicación da lista de persoas inscritas
a) Lista provisional
O xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de persoas inscritas (esta admite reclamacións cando na lista se dá algún erro debido ao manexo dos datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas na lista...). É moi importante revisar este listado para ter opción a reclamar se houbese algún erro.

b ) Lista definitiva
O venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).

c) Lista de agarda
Esgotadas as prazas en calquera das saídas, abrirase unha lista de espera que se xestionará tal e como se especifica en cada caso:

– Proba supersprint: “Circuíto Mozo” Campionato Xunta de Galicia
A lista de espera xestionarase diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo en cada categoría ata o 31 de marzo de 2022. O 1 de abril de 2022, comunicaranse as prazas vacantes ata o límite total e outorgaranse por orde xenérico de inscrición na lista de agarda, sendo o último movemento o 27 de abril ás 14.00 h.

– Proba popular sprint
A lista de espera xestionarase diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo e ata o remate do prazo de inscrición.

Comunicarase ao/á participante correspondente, da lista de espera, por correo electrónico a vacante, dándolle prazo para formalizar a inscrición ata as 14.00 do mesmo día. A última incorporación farase o 27 de abril ás 14.00.

Artigo 10. Premios
10.1. Proba supersprint: “Circuíto Mozo” Campionato Xunta de Galicia
Entrega das medallas/trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo e aos tres primeiros clubs.

10.2. Proba sprint popular
– Primeira/o clasificada/o: 200,00 €*
– Segunda/o clasificada/o: 100,00 €*
– Terceira/o clasificada/o: 50,00 €*
* Aplicarase a correspondente retención do IRPF

Entregaranse medallas/trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas de cada categoría masculina e feminina.

A entrega de trofeos realizarase aproximadamente 30 minutos despois de facer a entrada en meta o/a derradeiro/a clasificado/a. Segundo o “Artigo 8.6 do Regulamento de competición FEGATRI. Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25,00 € e 50,00 € respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono"

Como exención COVID-19 calquera deportista que non poida quedar á entrega deberá avisar ao delegado técnico ou xuíz árbitro.

Artigo 11. Contacto
– Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros
– Enderezo electrónico: murosdeportes@gmail.com
– Inscricións: https://fegatri.org/probas-regulamento/
– Páxina web: duatlon.muros.gal
– Facebook: @murosduatlon
– Persoa de contacto: David Pastoriza Fernández
– Teléfono de contacto: 981 762 294

Artigo 13. Regulamento e normativas
A proba rexerase polas normativas vixentes do regulamento oficial de competición da Federación Española de Tríatlon (FETRI).
A proba rexerase polas normativas e regulamentos vixentes da Federación Galega de Tríatlon e Federación Española de Tríatlon e contemplará o protocolo preventivo FISICOVID/DXT vixente da FEGATRI certificado pola Secretaria Xeral para o Deporte.
a) Regulamentos 2022 FETRI/FEGATRI
b ) Protocolo preventivo COVID-19 FEGATRI

Artigo 14. Normativa xeral
Como se recolle no protocolo FISICOVID-DXT para prevención da propagación da COVID-19, citado na cabeceira deste regulamento, é de obrigado cumprimento para todas as persoas da proba, o seguinte:
– Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento. Antes, durante e despois da práctica deportiva.
– Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.
– Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.
– Non acudir á proba se presentan síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.

No caso de detección ou autodetección, de sospeita de COVID-19 no entorno da proba, seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI.
Infórmase ás persoas deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa parte.

14.1. Procedemento de saídas
Dez minutos antes do comezo da saída, as persoas deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, e irán avanzando cara aos caixóns de pre-saída segundo llo vaian indicando os oficiais.

Xusto antes de entrar nos caixóns de pre-saída, cando os/as oficiais de saída así o indiquen, os/as participantes poderán quitar a máscara e desbotala no contedor habilitado nese punto a tal efecto.

14.2. Acreditación
Para acreditarse, os/as deportistas deberán presentar, ademais do DNI ou documento oficial con foto, a certificación de ter a pauta completa de vacinación COVID-19, ou ben unha certificación negativa dun test COVID-19 de antíxenos ou PCR que deberán ter realizado entre 72 h e 24 h antes da saída.

Deberán entregar cuberto o seguinte formulario de responsabilidade individual
COVID-19: https://fegatri.org/wp-content/uploads/2022/01/declaracionresponsabilidade-individual-adultos-probas-1.pdf

14.3. Chegada á meta
Unha vez que as persoas participantes pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de pos-meta, onde primeiramente faráselles entrega dunha máscara que deberán colocar inmediatamente antes de continuar, depositarán os seus chips nos recipientes habilitados (se non son en propiedade) e pasarán a avituallarse e saír da zona de pos-meta. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, coa máscara colocada adecuadamente e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba.

14.4. Recollida de dorsais e chips de cronometraxe
No local da organización, o día da proba, dende as 13.30 h ata media hora antes de cada saída. En función do número de persoas inscritas, e de filas de recollida de dorsais, poderanse establecer tramos horarios de recollida ordenados por dorsal de cara a evitar aglomeracións. Ditos tramos serían publicados con antelación na páxina web do evento. Así mesmo, manterase sempre un fluxo único de movemento de deportistas para recoller o dorsal, co fin de facilitar o cumprimento das distancias de seguridade.

14.5. Gardarroupa
Será xestionado pola organización seguindo os procedementos preventivos establecidos no protocolo FISICOVID/DXT da FEGATRI certificado pola Secretaria Xeral para o Deporte.

14.5. Avituallamento
Avituallamento líquido no segmento de carreira a pé, e avituallamento líquido e sólido na zona de pos-meta. Procedemento de avituallamento segundo se recolle no protocolo preventivo FISICOVID-DXT da FEGATRI.

14.6. Reunión técnica
Publicarase online o xoves antes da proba, na páxina web da FEGATRI, toda aquela información técnica que non veña xa recollida neste regulamento.

14.7. Plan de seguridade
a) Datos do seguro de accidentes
A proba conta cun seguro de responsabilidade Civil Nº DA R11 237 que o organizador, Concello de Muros ten contratada coa compañía Helvetia Compañía Suíza, S.A. de Seguros y Reaseguros, e a de accidentes (SURNE N` 2022012030432) que cubre a través do Seguro Deportivo Obrigatorio aos e ás deportistas participantes na proba, a través da licenza subscrita na Federación Galega
de Tríatlon e Péntatlon Moderno. As pólizas de accidentes e protocolos de actuación poden consultarse na seguinte ligazón https://fegatri.org/federacion/seguro-deportivo/
b ) Ambulancia
– A ambulancia asistencial estará situada na zona de saída ou transición.
c) Médico
d) Vehículos. Control da carreira.
– Policía Local
– Garda Civil
– GES (Grupo de Emerxencias Municipais)
– Protección Civil de Muros
– Motos de persoas voluntarias, para abrir e pechar circuíto, acompañamento e control de carreira no sector ciclista por parte dos oficiais.
– Bicicleta para abrir/pechar o sector de carreira a pé e control de oficiais.
e) Voluntariado
– Persoas voluntarias baixo orde da organización para entrega de dorsais, cubrir puntos de retorno, contavoltas, axuda en xeral
– Persoas voluntarias de protección civil para cubrir cruces e controlar plan de seguridade
– Persoas voluntarias con motos para seguimento sector ciclista
– Protección Civil de Muros

:: Comenta a proba no foro de Tríatlon e Dúatlon ::

Información actualizada a 16/4/2022

[ Go Back ]