Calendario
Ver carrera

Rinlo

20/08/2022 21:45 - 23:45

[ Go Back ]

Descripción IV Carreira Nocturna Rinlo - Ribadeo
SÁBADO, 20 DE AGOSTO DE 2022 A LAS 19:00
Organizada polo Clube de Atletismo Ribadeo

- Poderán participar na proba absoluta todas aqueles que o desexen sempre que teñan 16 anos o máis.
- Establecese un límite de 700 participantes na suma de tódalas categorías.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda.
A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
- Será obrigatorio o uso do dorsal que deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel. O dorsal será de uso exclusivo polo seu propietario/a e totalmente intransferible. Os corredores/as que o fagan sen dorsal ou sen o dorsal que lles corresponda pola inscrición farano baixo a súa responsabilidade e serán descalificados/as.
- O circuíto será controlado pero non pechado ó tráfico polo que se roga os participantes tomar as debidas precaucións.
- Na proba absoluta será obrigatorio a utilización do chip de cronometraxe fornecido pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome como da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- Na carreira absoluta será obrigatorio o uso de frontal de luz e aconsellable o uso de reflectores.
- A entrada en meta pecharase as 23:00. Todo atleta que non entrase en meta a esa hora deberá abandonar o circuíto e se decide continuar farao baixo a súa responsabilidade.
- Nas probas de menores será obrigatorio cubrir o modelo de autorización polos titores legais dos mesmos.
- Disporase de servizo de autobús para desprazar aos atletas dende a vila de Ribadeo (Meta) ate a vila de Rinlo (Saída), debendo ter que anotarse, todo o que desexe utilizalo, no momento da inscrición. Os horarios e punto de partida publicarase na páxina de facebook do club
(www.facebook.com/clubatletismoribadeo).
- Calquera outra información de interese, posibles modificacións, etc., publicarase na páxina de facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia contemplada ou non neste regulamento
CARREIRAS DE MENORES
Desputaranse a partires das 20:00 no entorno do Parque de San Francisco e a Casa do Concello )zona do Cantón), agás as categorías Infantil e Cadete sendo a saída no Faro de Illa Pancha.
As categorías, distancias e horarios son os seguintes:
Categoría de Pitufos: 2017 e posteriores 60 metros 20:00
Categoría de Prebenxamín: 2015/2016 150 metros 20:05
Categoría de Benxamín: 2013/2014 350 metros 20:15
Categoría de Alevín: 2011/2012 600 metros 20:25
Categoría Infantil: 2009/2010 2.500 metros 21:30
Categoría Cadete: 2007/2008 2.500 metros 21:30
CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputarase as 21:45 e a saída será na vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da vila de Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23:00 e un percorrido dúns 9 kms. (Aprox.).
As categorías, tanto no apartado masculino como feminino, son as seguintes:
Xuvenil: 2004/2006
Junior: 2001/2003
Senior: 1988/2000
Veteranos/as A: 1978/1987
Veteranos/as B: 1968/1977
Veteranos/as C: 1958/1967
Veteranos/as D: 1957 e anteriores.
Handbike: 2006 e anteriores.
INSCRICIÓN:
Categoría de menores: as inscripcións faranse na seguinte web www.championchipnorte.com
A categoría de Pitufo e Prebenxamín a inscrición será de balde.
As demáis categorias terán un custe de 2 € dende o inicio da inscrición ate o 31 de Xullo do 2022 e de 5 € dende o 1 de Agosto ate o 17 de Agosto de 2022 ás 23:59.
Carreira Absoluta: As inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com
A inscrición na Carreira Absoluta terá un custe de 8,00 € dende o inicio da inscrición ata o 31 de xullo do 2022. Do 1 de Agosto ata o 17 de Agosto de 2022 o custe será de 10,00 €. Os non propietarios de chip amarelo terán que abonar 1,00 € en concepto de aluguer, tendo que devolver o
chip ao rematar a proba.
IMPORTANTE: Os corredores/as que aluguen o chip deberán depositar unha fianza en efectivo de 5 € ca recollida do dorsal a cal lle será devolta ao entregar o chip ao remate da carreira.
As inscricións pecharanse o día 17 de Agosto as 23:59 horas.
PERCORRIDO
A carreira absoluta terá un percorrido duns 9 kms. aproximadamente. A saída terá lugar no Porto da vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno á costa ata a vila de Ribadeo, pasando antes pola Illa Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola Avenida Calvo Sotelo, Rúa Rodríguez Murias e Vilafranca do Bierzo, rematando diante da Casa do Concello.
ENTREGA DE DORASAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba. O lugar e horas de entrega publicarase no facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA.
As duchas serán nos pavillóns deportivos do Concello de Ribadeo.
Na carreira absoluta agasallarase aos inscritos/as cunha camiseta conmemorativa da carreira. Non se garantirá a mesma para os/as inscritos/as que o fagan despois do 10 de Agosto de 2022.
IMPORTANTE: NON SE ADMITEN TROCOS DE TALLA.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS.
Os resultados da carreira estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com

[ Go Back ]