Calendario
Ver carrera

Muros - Esteiro

29/05/2022 9:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción Trail e Andaina de Esteiro 2022

Data: dominigo, 29 de maio de 2022 ás 9 h a andaina e ás 10:30 h o trail.
Inscricións: Trail e Andaina de Esteiro

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

- A “Asociación Os Salta Rejos”, organiza o “Trail/ Andaina de Esteiro 2022” que se celebrará o día domingo 29 de maio de 2022, con saída e chegada no pavillón deportivo municipal de Esteiro. Coordenadas G.P.S.: 42°47'44.9"N 8°58'47.4"W

A saída darase as 09:00 horas para a andaina e as 10:30 para o trail.
Hora límite de chegada ás 14:00 horas.

- Só será considerado participante, a persoa que se inscriba mediante a páxina de https://www.galitiming.com/, faga efectivo o prezo da inscrición, o cal será de 12€ para o trail e 8€ na andaina; e marque a casiña de ler e aceptar o regulamento. No caso de non asistir non se devolverá o importe.

O número máximo de participantes será de 300, dos cales 150 corresponderán ao trail e outros tantos para a andaina.

- O prazo para anotarse pecharase o día 26 de maio de 2022 ás 23:59 h. ou cando a organización o estime oportuno en función do número máximo de inscritos.

- O percorrido será de 22 km para o trail e 18 para a andaina, con dificultade técnica media, polo que cada participante, coa súa inscrición, manifesta encontrarse fisicamente apto para a actividade e levará roupa e calzado (recoméndase bastón) adecuados para a realización desta actividade, eximindo a Os Salta Rejos como organizador, de calquera responsabilidade relacionada con isto. Para isto necesita traer asinado consentimento informado que o poderá encontrar na zona de descargas do participante da web de inscrición.

- A organización ten pleno dereito a cancelar/aprazar a actividade se a predición meteorolóxica é adversa ou modificar o percorrido in situ debido a imprevistos na ruta e co fin de preservar a seguridade dos participantes. As conondiciones meteorolóxicas extremas serán marcadas segundo AEMET ou METEOGALICIA, por forza maior sin que iso signifique a devolución do importe íntegro ou parcial da inscrición.

- As comunicacións da organización sobre os detalles da ruta, faranse pola páxina web dos Salta Rejos (https://www.facebook.com/ossalta.rejos.1).

- A organización disporá dun seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de accidentes, tal e como se require na normativa dos eventos deportivos da Xunta de Galicia. Non entrarán dentro das coberturas do seguro aqueles participantes que non cumpran os horarios de saída e chegada máximos impostos pola organización (trail_3h 30min e andaina 5 horas)

- Haberá a disposición d@s participantes un dorsal identificativo, un avituallamento sólido no km 13, uns pintxos a partir das 13:00 hrs, así como servizos de duchas e vestiarios.

- A circulación de vehículos e persoas non estará cortada polo que os participantes deben extremar a precaución en cruces coas estradas e zonas habitadas, considerando a actividade como unha excursión persoal. A andaina e trail será de velocidade libre, con percorrido marcado previamente.

- Os/as participantes deberán portar unha pulsera dorsal/chip que os acredite como inscritos, a cal recollerán no pavillón desede as 8:00 ata 10 minutos antes da saída de cada proba. O camiñar por ruta non sinalizada e allea á marcada pola organización, suporá o desestir da proba, abandoar esta e renunciar ás pólizas de seguros subscritas.

- A idade mínima para poder participar na marcha, será de 12 anos. Estes poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza.

- A aceptación deste regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á Organización da proba á gravación total o parcial da súa participación na mesma e presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe para a promoción e difusión da proba de tódolos xeitos posibles (radio, prensa, vídeo, foto, dvd, internet e redes sociais...), cedendo todos os dereitos relativos á publicidade que a organización considere oportuno executar, sen dereito a recibir compensación algunha.

- O feito de inscribirse na marcha, supón a aceptación do presente regulamento e das normas da organización e a renuncia a todos os dereitos contra a organización, patrocinadores e colaboradores dos danos que poida sufrir no transcurso da mesma. Así se asina e manifesta na entra¡ega obrigatoria do consentimento informado que se debe presentar ao recoller o dorsal/chip/pulsera.

- Os participantes do trail deberán levar:
Manta térmica, Silbato, Depósito de agua de 1 litro, como mínimo, Móvil con batería, Cortavientos con membrana impermeable si las condiciones meteorológicas son adversas, calzado de trekking.

Os participantes da andaina deberán levar calzado de montaña e adecuado para ciruclar polo monte, con boa suela e antideslizante.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Información actualizada a 5/5/2022

[ Go Back ]