Calendario
Info da proba

Ortigueira

14/08/2022 10:15 - 11:45
Regulamento REGULAMENTO VIII CARRERA POPULAR ORTIGUEIRA 2022. (5KM -10KM e ANDAINA).
A Peña Ciclista Santa Marta en colaboración co Concello de Ortigueira, organiza a VIII edición da
Carreira popular o Domingo 14 de agosto de 2022 a partir das 10:15 horas, con saída e meta nos
Xardíns do Malecón. Haberá probas para nenos e proba absoluta que contará con dúas distancias,
5km e 10km. Paralelamente a esta proba terá lugar unha ANDAINA polo Sendeiro litoral- CabalarMorouzos - Praia , de 12Km aproximadamente.
HORARIOS:
- 10.15 h Saída Carreira 5km, 10km e Andaina
- 11:40 h Saída Carreira Sub 14 ( nenos e nenas de 12-13 anos). 1,5 km
- 11:55 Saída Carreira Sub 12 (nenos e nenas de 10 -11 anos).1km
- 12:10h Saída Carreira Sub 10 ( nenos e nenas de 8-9 anos).500mts
- 12:20h Saída Carreira pequenos ( 7 ou menos anos)
- 12:40 Entrega de premios
LUGAR DE SAÍDA E META:
Xardíns do Malecón
CATEGORIAS:
1- Carreiras de 5km e 10km:
•Sub 18: (de 14 a 17 anos , nacidos dende o ano 2008 ao 2005) Homes e Mulleres
• Senior : (de 18 a 35 anos, nacidos dende o ano 2004 ata o ano 1987) Homes e Mulleres
• Master 1: (de 36 a 49 anos, nacidos dende o ano 1986 ata o ano 1973) Homes e Mulleres
• Master 2: (de 50 o + anos, nacidos dende o ano 1972 e anteriores) Homes e Mulleres
2- Carreiras de menores :
• Sub 8 : (7 ou menos anos, nacidos no ano 2015 e posteriores). Homes e Mulleres
• Sub 10:( de 8 a 9 anos, nacidos nos anos 2014 e 2013). Homes e Mulleres
• Sub 12: ( de 10 a 11 anos, nacidos nos anos 2012, 2011). Homes e Mulleres
• Sub 14: ( de 12 a 13 anos, nacidos nos anos 2010, 2009). Homes e Mulleres
INSCRICIÓNS E RECOLLIDA DE DORSAIS:
• As inscricións faranse exclusivamente na páxina web, https://cronotec.es/
2
• Estarán limitadas inicialmente a 400 participantes no cómputo de todas as categorías así como
na ANDAINA.
• Poderán tomar parte nas diferentes probas todas aquelas persoas interesadas que debidamente
se inscriban nas mesmas.
• Para os participantes das Carreiras de menores ( categorías SUB 8, SUB 10, SUB 12 e SUB 14 ),
nenos e nenas de 13 anos ou menos, a inscrición será GRATUITA.
• O custo de inscrición para os participantes nas probas de 5km, 10km e Andaina será de 5 EUROS
ata o 30 de Xullo, e 7 euros despois de dita data. Unha vez realizada a inscrición non se fará
devolución de ningún importe. A plataforma de inscripción cobrará 0,50 euros en concepto de
gastos de xestión de inscripción.
• A data tope de recepción de inscricións será o xoves 11 de agosto, ás 23.59 horas non
admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por
suposto o mesmo día da competición.
• Recollida de dorsais : No Concello ou nos Xardíns da Alameda o Sábado día 13 en horario de
11:00 h a 13:30 horas e de 17:00 h a 20:00 horas. O mesmo día da proba nos Xardíns do Malecón
ata media hora antes do inicio de cada competición. Recoméndase a retirada do dorsal o día antes
da proba, e chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora o día da proba. Para
a retirada do dorsal, todas as persoas participantes deberán acreditar a súa identidade á hora de
recoller o mesmo, con calquera dos seguintes documentos oficiais: Maiores de 14 anos: DNI, ou
outro documento oficial, os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do
pai/nai/titor/a.
PERCORRIDOS:
• Nas probas está prohibido acompañar a pé, en patinete, bicicleta, moto, ou calquer outro medio
de locomoción, aos participantes por parte de persoas alleas á organización da proba. As persoas
participantes deberán ser autónomas na realización do percorrido
AVITUALLAMENTO:
Haberá avituallamento na meta (Xardíns do Malecón) para tódolos participantes das probas de
menores, 5KM, 10KM e ANDAINA.
CIRCUÍTO A (PROBA DE 5KM E 10KM) .
PERCORRIDO DE 5KM: Saída Malecón Alameda- Calle Luciano Pita/Cantón- Avenida de Cuba- Avda
Escola de Gaitas- AC-832 dirección Ferrol- Xiro no eucalipto da Lagarea- Volta por Avda Escola de
Gaitas- Avda Penela- Xiro na Perla Carretera da Praia- Avda Juan Luis Pía- Rúa Pedro CastiñeirasRúa Curuxeira- Casa do Concello- Igrexa- Rúa da Soidade- Paseo Barro Soto- Malecón- Xardíns.
CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa CRONOTEC.
TROFEOS E PREMIOS:
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados das probas de 5km e 10 km, tanto
en Homes como Mulleres
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías estipuladas para
as probas de 5km e 10Km, tanto en Homes como en Mulleres
• Os premios das probas anteriores non son acumulativos, prevalecendo a clasificación xeral sobre
as categorías
•Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías de menores ( SUB 10,
SUB 12 E SUB 14) tanto en Homes como en Mulleres
• Todolos participantes nas probas de menores, SUB 8 ( nacidos no ano 2015 e posteriores)
recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha proba non competitiva, non haberá
clasificación nin trofeos
• Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos
• Farase entrega dos mesmos según o plan establecido
• Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos
• Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega poderán
perder o dereito para recollelo. Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada deberán
poñer en contacto coa Peña Ciclista Santa Marta nos teléfonos 609828741 e 610885324, nun prazo
máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega posterior do premio.
Cumprido o dito prazo perderán o dereito a recollelo
CONDICIÓNS XERAIS:
• A organización da proba resérvase o dereito de modificar o percorrido por causas de forza maior,
así como de aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen que exista dereito a
reclamar ningunha compensación
• A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que
poidan cometer durante o seu transcurso
• Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de saúde
que lle impida a práctica deportiva e a disputa desta carreira
• A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou imputadas
por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
• Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o
mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o
dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellan. O non recollido no
6
mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A
participación leva a total aceptación do regulamento desta proba
• O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición no
momento de disputa da carreira
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento
da proba
• A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como ambulancia
• A proba contará co apoio do GES e Policía Local de Ortigueira, así como de voluntarios de diversas
entidades do Concello
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas na Piscina Municipal
• Os resultados publicaranse nun lugar visible que se indicará o longo do desenrolo da proba e a
posteriori na web de GALITIMING, así como nas distintas webs de ámbito deportivo que así o
estimen oportuno
DESCALIFICACIÓNS:
A descalificación dun/ha atleta na proba pode ser polos seguintes motivos:
•Por deterioración física do/a atleta. Nestes casos a decisión será tomada pola organización da
proba a instancias dos servizos médicos dela, e a súa decisión será inapelable
• Non levar o dorsal colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a
súa entrada na meta
•Non atender as indicacións da organización ou xuíces
• Entrar fóra do control, previamente establecido, ou non realizar o percorrido completo
• Non inscribirse na proba
• Correr ou sobrepasar ao Guía na ANDAINA
• Correr co dorsal ou chip doutra persoa ou con máis dun dorsal ou chip. Serán descalificadas
ambas as persoas
• Por condutas antideportivas
• Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.