Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
A Pobra do Caramiñal
28/08/2022
11:30 - 12:30
[
Go Back
]
Descripción
XIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
V CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES BARBANZA AROUSA
VIII CIRCUÍTO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA
No domingo 28 de agosto de 2022 terá lugar no concello da Pobra do Caramiñal a
13.ª edición da Carreira Popular deste concello, organizada polo Concello da
Pobra do Caramiñal, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a
Federación Galega de Atletismo. Esta carreira será a proba do Circuíto de
Carreiras Populares Barbanza Arousa e tamén pertence ó VIII Circuíto Provincial
de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
A carreira contará co protocolo anti-COVID-19 (FISI-COVID – DXT GALEGO). As
probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo coma non
federados/as. Estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo e seguirán o seguinte regulamento:
1- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
SUB-6 2018-2017
SUB-8 2016-2015
SUB-10 2014-2013
SUB-12 2012-2011
SUB-14 2010-2009
SUB-16 2008-2007
SUB-18 2006-2005
SUB-20 2004-2003
SUB-23 2002-2001-2000
SÉNIOR H/M de 1999 ata 1988
MÁSTER 1 H/M de 1982 ata 1987
MÁSTER 2 H/M de 1972 ata 1981
MÁSTER 3 H/M de 1962 ata 1971
MÁSTER 4 H/M de 1961 e anteriores
SAPATILLA INCLUSIVA H/M Categoría única absoluta para
persoas con diversidade funcional
2- HORARIO DAS PROBAS:
HORA CATEGORÍA NADOS DISTANCIA
10.45 SUB-10 2014-2013 650 m
11:00 SUB-12 2012-2011 1200 m
11.15 SUB-14 2010-2009 1850 m
11.30 SUB-16 2008-2007 3900 m
(1º paso pola meta)
11.30 SAPATILLA
INCLUSIVA
3900 m
(1º paso pola meta)
11:30 SUB-18 – SUB-20 –
SUB-23 – SÉNIOR –
MÁSTER 1,2,3 e 4
2006 e anteriores
8000 m aprox.
(2 voltas ó circuíto)
12.45 SUB-8 2016-2015 400 m
13.00 SUB-6 2018-2017 200 m
13.30 h ENTREGA DE PREMIOS
3- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
As inscricións realizaranse en liña (online) a través da páxina web
www.emesports.es
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
Sub-6, 8, 10, 12, 14, 16 e Sapatilla Inclusiva GRATUÍTO
Persoas adultas (de sub-18 a máster) 6 €
INFORMACIÓN:
Para máis información poderán acudir ó Dpto. dos Deportes do Concello da
Pobra do Caramiñal, na casa da cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler
no horario de 9:30 h a 14:30 h
Para información telefónica, 981832590 / 981831545 ou no teléfono móbil
619229946.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata xoves 25 de agosto ás 14
horas.
4- RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderanse recoller na praza Maior da Pobra do
Caramiñal ata MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.
5- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS:
A saída das probas estará situada na rúa Xerardo Fernández Albor. A meta
estará colocada no interior da praza Alcalde Segundo Durán.
Percorrido: rúa Fdez. Albor, peirao comercial, aparcadoiro Díaz de Rábago,
rúa Anxo Rei Ballesteros, rúa Castelao, rúa da Ponte, rúa Gavoteira, rúa
Luís Seoane, paseo dos Areos, rúa Venecia, ponte de Santo Antonio,
paseo dos Areos, rúa Anxo Rei Ballesteros, rúa Fdez. Albor e meta na
praza Alcalde Segundo Durán.
6- PREMIOS E AGASALLOS:
A entrega de trofeos realizarase no lugar da meta a partir das 13:30 h
Outorgaranse os seguintes trofeos:
- Medallas a tódolos/as participantes nas categorías sub-6 e sub-8.
- Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categoría.
- Premios en metálico e agasallos ós/ás cinco primeiros/as
clasificados/as da xeral.
- Camiseta técnica para os/as participantes na proba absoluta
(8000 m aprox.).
PREMIOS EN METÁLICO PROBA ABSOLUTA:
HOMES MULLERES
1.º) 200 € 1.ª) 200 €
2.º) 100 € 2.ª) 100 €
3.º) 75 € 3.ª) 75 €
4.º) 50 € 4.ª) 50 €
5.º) 30 € 5.ª) 30 €
Ós/ás atletas gañadores/as dos premios en metálico poderáselles requirir
documentación acreditativa da súa identidade (o DNI ou o permiso de
circulación en vigor).
7- SERVIZOS MÉDICOS E FISIOTERAPIA:
A organización disporá dos servizos médicos obrigatorios, seguro de
accidentes deportivos e responsabilidade civil e servizo de fisioterapia na
zona de chegada.
8- RECLAMACIÓNS:
Tódalas reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro da
competición, situado na zona da meta, non máis tarde de 30 minutos despois da
publicacións dos resultados oficiais que serán expostos nun lugar visíbel pola
organización.
9- DESCUALIFICACIÓNS:
Os/as xuíces/as da proba e membros da organización reservarán para si a
facultade de descualifica-lo infractor/a con respecto a quen se comprobe calquera
irregularidade: que non leve visíbel o seu dorsal, que o manipule ou ceda a
outro/a, que altere os datos facilitados á organización ou ó xuíz árbitro con
respecto ós que figuran no seu DNI ou ficha federativa, que non complete o
percorrido, que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a
documentación que se lle requira ou incumpra calquera outra norma recollida nas
normas de competición vixentes da FGA e RFEA para probas en ruta.
Serán descualificados os/as corredores/as que non respecten as indicacións da
Policía local, Protección Civil, Garda Civil, xurado, servizos médicos ou membros
da organización debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados/as perderán o dereito a recibiren calquera
premio en metálico ou trofeo.
[
Go Back
]