Calendario
Info da proba

Santiago - Holi Gaiás

04/06/2022 11:00 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO HOLI GAIÁS
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizará, o sábado 4 de xuño de 2022, a cuarta
edición da Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica que empregará polvos certificados Holi Gulal
de cores durante o percorrido, así como animación tanto antes como despois da mesma.
A proba estará suxeita ao seguinte regulamento:
1. Poderán participar atletas federados e non federados. As probas estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuíces (Federación Galega de Atletismo).
2. A saída e meta da proba será na Cidade da Cultura (Praza Central).
3. A hora de inicio da carreira será ás 11 h na Cidade da Cultura.
4. A idade mínima para poder formar parte da proba será a das persoas nadas antes do
31 de decembro de 2012. A organización non se fará responsable dos atletas menores
da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2012, categoría sub-12), polo que
non poderán participar na proba.
5. Haberá unha proba conxunta única, na que as categorías e horarios serán os
seguintes:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
Infantil
Masculina
Do 2007 ao 2012
5 km aprox. 11:00 H
Feminina
Adultos
Masculina
2006 e anteriores
Feminina
ENTREGA DE PREMIOS APROXIMADAMENTE ÁS 12:45 HORAS
6. INSCRICIÓNS
Os prezos da inscrición en calquera das categorías será de 5€/persoa. Contan cun
desconto do 20% (4€) para os seguintes colectivos:
- Membros do Club Gaiás.
- Persoas xubiladas.
- Persoas en situación de desemprego.
- Persoas con discapacidades.
- Familias numerosas.
- Titulares do carné de estudante.
- Carné Xove.
As entradas para a carreira estarán á venda no Museo Centro Gaiás,
www.ataquilla.com no teléfono de Ataquilla: 902 504 500 e nos puntos físicos de
Ataquilla ata o mércores 1 de xuño ás 23:59 h.
As persoas interesadas na carreira deberán cubrir o formulario cos datos requeridos e
finalizar o proceso de inscrición.
Máis información en:
- www.carreirasgalegas.com
- www.atletismo.gal
- www.cidadedacultura.gal
A organización establecerá un límite de 1.000 participantes na proba. Unha vez
chegada a esa cifra pecharase a pasarela de inscrición.
O pago de inscrición poderá realizarse a través da pasarela de pago da páxina web
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es .
Para calquera dúbida ao respecto do proceso de inscrición poderán poñerse en
contacto no teléfono 881 997 584 (Centraliña Cidade da Cultura de Galicia), ou no
correo electrónico actividades@cidadedacultura.org .
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, marcado para o 1 de xuño ás
23:59 h nin se admitirán inscricións o día da proba.
7. PREMIOS
Existirán premios para:
- 3 primeiros clasificados na categoría infantil masculina. (5 km aprox.).
- 3 primeiras clasificadas na categoría infantil feminina. (5 km aprox.).
- 3 primeiros clasificados na categoría adulta masculina. (5 km aprox.).
- 3 primeiras clasificadas na categoría adulta feminina. (5 km aprox.).
8. DORSAIS DE PARTICIPACIÓN
A recollida de dorsais de participación realizarase nos seguintes prazos e lugar:
- LUGAR: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio do Museo, Sala Rega 1.
- Horarios e datas: Venres 3 de xuño de 16:30 h a 20:30 h.
Sábado 4 de xuño de 9:30 h a 10:30 h.
RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O VENRES 3 PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS DE
ÚLTIMA HORA O DÍA DA CARREIRA
9. CIRCUÍTO
O circuíto estará publicado nas páxinas webs www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal
10. A organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá
a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente prohibido correr na proba
sen estar previamente inscrito.
11. Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en
ruta da FGA e da FREA en vigor.
12. Está totalmente prohibido correr con animais.
13. Aplicarase o protocolo fisiocovid vixente na data de celebración da proba.