Calendario
Ver carrera

Ferrol

10/09/2022 21:00 - 22:00

[ Go Back ]

Descripción A IX Carreira Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do
Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación
Galega de Atletismo, terá lugar o sábado 10 de setembro a partir das 21:00 horas
(carreira absoluta) e 20:00 horas carreiras de menores.
A proba pertence o VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola
Deputación da Coruña.
A proba está suxeita ás seguintes normas:
1) A Saída e a chegada situaranse nas proximidades da Praza de armas.
2) O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo
Concello de Ferrol para as categorías absolutas.
3) A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
4) A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil,
persoal da concellería de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o
longo do percorrido.
5) Serán motivos de descualificacións os seguintes:
a) Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de
apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata
descualificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos
autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de
seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa
apropiada e visible.
Ojo morado Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión
(no peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta.
c) Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
d) Non realizar o percorrido da carreira completo.
e) Non pasar polos controis de carreira establecidos.
f) Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo
de duración da proba.
g) Non atender as indicacións dos membros da organización e dos
xuíces.
h) Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
i) Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
j) Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co
espírito deportivo da proba.
k) Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que non
sexa motivo de expulsión da carreira.
l) Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización
poda se considerada como conduta antideportiva merecedora de
sanción disciplinaria
m) Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de carreira.
n) Ningún/ha atleta federado/a poderá competir con outro club que non
sexa o que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se
producise esta situación, o/a atleta será descualificado/a
automaticamente
6) A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá
os correspondentes controis ao longo do circuíto.
7) O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta
o primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de
peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será
avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a
carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico
automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de
continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e
sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a
organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer
(Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
Cool As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30
minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da
competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o
non previsto neste regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ;
R.F.E.A e a W.A. por este orde.
9) A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos
participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento
médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
10)Non se disporá de servizo de duchas.
11)CATEGORÍAS: Aplícanse as categorías recollidas nas Bases do VIII Circuíto
Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña.
CATEGORÍAS ABSOLUTAS. CARREIRA NOCTURNA. CORRE POR
FERROL
Sub 20: Nacidos/as no ano 2003 e 2004
Sub 23: Nacidos/as no ano 2002 – 2001 - 2000
Sénior Nacidos/as no ano 1999 ata o 1987
Master 1 Nacidos/as en 1986 ata 1981
Master 2 Nacidos/as en 1980 ata 1972
Master 3 Nacidos/as en 1971 ata 1962
Master 4 Nacidos/as 1961 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
CATEGORÍAS DE MENORES. CARREIRA NOCTURNA CORRE POR FERROL
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2006 - 2005 20:40 2. 000 mts
Sub 16 Nacidos/as no 2008 - 2007
Sub 14 Nacidos/as no 2010 - 2009 20:20 1.000 mts
Sub 12 Nacidos/as no 2012 - 2011
Sub 10 Nacidos/as no 2014 - 2013 20:10 500 mts
Sub 8 Nacidos/as no 2015 - 2016 20:00 250 mts
12) INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS. As inscricións
poderán efectuarse a partir do día 22 de agosto o ata as 22:00 h do día
o 7 de setembro a través da páxina web carreirasgalegas. Non se admitirá
outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A inscrición é gratuíta e a organización establecerá os seguintes limites de
inscricións
▪ 900 dorsais carreira absoluta
▪ 900 dorsais carreiras de menores
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 9 todo o
día e sábado 10 pola mañá no Pavillón polideportivo de A Malata así como
o sábado 10 de setembro, dende as 16:30 ata as 20:00 horas no posto
habilitado na praza de Armas para tal fin.
13) PREMIOS. A organización premiará as tres primeiras persoas
clasificadas de cada categoría das absolutas e menores. A entrega de
trofeos realizarase unha vez pechado o control de meta.
A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que
discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir
sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual
maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus
datos sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da súa
actividade.
Todos os participantes no circuíto, polo simple feito de realizar a inscrición na
carreira popular aceptan todas e cada unha das presentes regras e no caso de
dúbida, sempre prevalecerá o criterio da organización do “VIII Circuíto de Carreiras
Deputación da Coruña”.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter
persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico
dirixido a Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n,
15402 Ferrol, .
Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento.

[ Go Back ]