Calendario
Ver carrera

A Estrada

24/06/2022 23:00 - 24:15

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO X ESTRANOITE 2022
Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo San Paio, Atletismo A
Estrada e CAI A Estrada, organizan o venres día 24 de Xuño a X ESTRANOITE
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas
patronais de San Paio 2022 nun circuito urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta
terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes duas voltas o mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos
pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A
organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de
Xuíces da FGA.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes
categorías:
 PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2017 e posteriores.
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2015 e 2016.
 BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2013 e 2014.
 ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2011 e 2012.
 INFANTIL/SUB 14 Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
 CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 XUVENIL/SUB 18: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 JUNIOR/SUB 20: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 PROMESA/SUB 23 Atletas nados/as nos anos 2000, 2001 e 2002.
 SENIOR: Atletas nados/as dende 1999 ata máster A.
 MASTER A: Atletas de 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
 MASTER B: Atletas de 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
 MASTER C: Atletas de 55 anos ou máis cumpridos o día da proba.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
21:00 h PITUFOS 80 m
21:10 h PREBENXAMÍN 150 m
21:20 h BENXAMÍN/SUB 10 400 m (1 volta circuito A)
21:45 h ALEVÍN/SUB 12 800 m (2 volta circuito A)
22:00 h INFANTIL/SUB 14 900 m (1 volta circuito Ojo morado
22:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES
22:45 h CADETE/SUB 16 1.300 m (1 volta A+1 volta Ojo morado
23:00 h XUVENIL/SUB 18, JUNIOR/SUB 20
PROMESA/SUB 23,SENIOR E MASTER
8.000 m (2 voltas circuito C)
0:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 21 de Xuño de 2022 as
23:59 horas na web www. emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro
da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 21 de Xuño de 2022 as 23:59
horas na web www. emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os
datos da inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se
aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes
no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 600 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os
teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes@aestrada. gal
O PREZO da inscrición será o seguinte:
 ADULTOS (xuvenil e superiores): 6,00 €
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nun local habilitado para á organización da carreira, a
partir das 19:00 horas na zona de saída/meta, que será o punto de saída e chegada.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (23:00 horas) estará controlada a través dun
CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá
colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A
SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON
ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, master A, master B e master C; tanto
masculina como feminina. Na proba 4K so haberá clasificación absoluta masculina e
absoluta feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descualificado.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou
as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído
a criterio dos xuices da FGA que farán a supervisión técnica da proba. Todas as
reclamacións deberán ser dirixidas a organización da proba que as valorará cos xuices da
FGA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da
que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto nas
categorías pitufo e prebenxamin, que non haberá trofeos e si medalla para todos os
participantes.
- Trofeo na proba 8K os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na proba
absoluta.
- Os gañadores da carreira absoluta na categoría masculina e feminina levarán o seu
peso en botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
-Trofeo o clube con maior número de participantes inscritos.
- So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a súa
idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
-Os premios non son acumulativos.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da
sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro,
sito na zona deportiva.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización da X Estranoite non se fai responsable de perdas ou danos
materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes
desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.

[ Go Back ]