Calendario
Info da proba

Arbo - SUSPENDIDO

28/08/2022 9:00 - 15:00
Regulamento 1.- Presentación
A Asociación Cultural “BARCA DE LOIMIL” (Arbo) organiza o II Trail “Tres Rios” , o vindeiro
28 de agosto de 2022. Esta carreira discorrerá polo termo municipal de Arbo, sendo os ríos que
regan o noso concello os que dan nome á proba, o Miño e os seus dous afluentes, Cea e Deva.
Ademais ascenderemos aos cumios máis senlleiros da orografía: San Felipe, San Fins e o Drago.
Serán daquela dúas distancias:
un Trail Longo de 30 km e un Trail Curto de 16 km, para poder escoller segundo as preferencias.
 Trail Longo cunha distancia aproximada de 30 km e 1200m desnivel positivo.
 Trail Curto cunha distancia aproximada de 16 km e 600m desnivel positivo
2.- Tarefas Organizativas
2.1.- Patrocinadores da carreira.
2.2.- Inscricións.
2.3.- Seguro da proba.
2.4.- Seguridade.
2.5.- Colaboradores no transcurso do Trail.
2.6.- Aloxamentos.
2.7.- Controis de paso, saída e meta.
2.8.- Avituallamentos.
2.9.- Duchas e hixiene.
2.10.- Servizo asistencial
2.11.- Animación festiva
2.1. Patrocinadores.
Fundamentalmente os costos derivados desta carreira serán sufragados pola colaboración da
adega “Pazo Pondal”, os fondos propios da “AC Barca de Loimil” e o recadado nas incricións dos
participantes.
Os colaboradores/patrocinadores serán publicados na web/facebook da proba, medios de
comunicación e prendas patrocinadas, tamén poderán poñer publicidade en valos, carteis,
trofeos etc.
A camiseta técnica que se regala aos participantes será serigrafiada cos logotipos da da Adega
“Pazo Pondal”, da Asociación Cultural “Barca de Loimil” e do Trail 3 Rios.
2.2. Inscricións.
Ao través dunha plataforma de inscricións on-line magmasports.es. Abrirase unha data de inscrición
e outra de peche publicadas en todos os medios que utilizaremos para promocionar a carreira,
fundamentalmente RRSS ( facebook e Instagram)
Especificarase o límite de corredores a participar. Un total de 300, 150 por percorrido, no caso de
existir demanda poderia ampliar o tope en 50 persoas máis.
2.3. Seguro da proba.
Contrataranse os seguros e licencias obrigatorios (Federación, Concello, delegación de
goberno ou calquera outro organismo legal que se requira)
2.4. Seguridade.
A seguridade e asistenza en carreira será fundamentalmente persoal voluntario propio da
AC Barca de Loimil. Faremos plans de emerxencia que coñecerán os membros encargados de
velar pola seguridade dos participantes.
 Emerxencia de Evacuación. Vehículos ao efecto
 Emerxencia de Asistencia Médica. Caixa de Urxencias
2.5. Colaboradores (voluntarios/as) no dia do Trail
Nos postos de abastecemento puntos de control e cruces conflitivos. A poder ser identificables
con chalecos de alta visibilidade
2.6. Aloxamentos.
No el caso que se necesiten aloxamentos para corredores, invitados ou outro persoal que o
solicite, teremos previsto a contratación por conta allea de pensións ou hoteis próximos a
prezos asequibles.
2.7. Controis de Paso, Saída e Meta
Será realizado por persoal colaborador, persoal cualificado e crono contratado cunha
empresa especilizada . Estarán ubicados en lugares estratéxicos e haberá tantos como estime a
organización.
2.8. Avituallamentos.
Estarán formados por persoal voluntario e subministrados polos nosos colaboradores. Serán
atendidos por 2/3 membros do voluntariado e situados aproximadamente cada 7/8 Km.
Intercalaranse en abastecementos líquidos e sólidos. Os líquidos estarán provistos de auga e
bebida isotónica e os sólidos con froitas, froitos secos, agua, etc…
2.9. Duchas e Hixiene.
A súa ubicación será o Pavillón Municipal ( a 2.5 km de meta), con espazo para
aparcamento e con bo acceso.
2.10. Servizo asistencial.
Haberá un servizo asistencial durante e despois da proba. Colocada en puntos estratéxicos con
mobilidade permanente mediante transporte en quad, moto ou todo terreo.
Animación Festiva.
Contaremos cun speaker que presentará e animará o evento, asi como cun servizo de
música/megafonía en meta.
3.- Tarefas Técnicas.
3.1. Percorridos.
Os dous percorridos serán deseñados pola organización coas medicións técnicas, tanto en
distancias como en altitudes. Será visible tanto en condicións climatolóxicas boas como adversas.
Para confeccionar a balizaxe farase dunha forma clara, que no dea lugar a confusións .
Os balizamentos faranse con fitas plásticas de cores vivas, estacas pintadas ou indicadores de
dirección dos percorridos. Estarán penduradas da vexetación cada 30/40 metros.
3.2. Tempos de paso en avituallamentos, desniveis, altitudes e
distancias.
Son datos técnicos que a organización comunicará nas semanas previas xunto cos itinerarios
elixidos.
3.3. Coberturas de telefonía.
Todos os grupos de voluntariado, seguridade, emerxencia, etc,… estarán comunicados entre si
por móbil . Serán os encargados de darnos toda a información en tempo real, tanto de carreira
como as posibles incidencias.
3.4. Permisos.
Sempre e cando algún trazados do itinerario transcorra por outros terreos distintos, ben sexan
particulares ou de outra entidade, pediranse os permisos oportunos para evitar problemas de
paso.
3.5. Supervisión dos itinerarios.
Desde quince días antes da proba, un día antes e o mesmo día. O obxectivo é revisar o percorrido
e comprobar que todo está perfecto para o comezo.
Entrega de Dorsais
Os dorsais poderán retirarse ata cando estimase oportuno a organización antes da proba no local
do que se dispoña e ata media hora antes o mesmo día.
3.6. Listaxe de Clasificacións/ Premios
Serán publicadas ao remate da proba na Plataforma contratada ao efecto .
3.7. Limpeza de itinerario.
Ao paso do derradeiro participante de carreira polo primeiro control ou posto de avituallamento
( xunto cos corredores vasoira) desmontarán todos os postos progresivamente ao igual que
recollerán as balizas. Nun prazo máximo de 8 dias os recorridos ficarán limpos de balizas.
4.- Regulamento
REQUISITOS:
Ser maior de idade no día da proba. Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento.
Estar totalmente informado sobre as características do que é un Trail (carreira por
montaña) con este perfil e distancia e dispoñer do coñecementos, experiencia, material e os
niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder e superar os posibles problemas
relacionados coa resistencia física, desnivel, orografía e o entorno do evento, tales como:
fatiga, problemas dixestivos, problemas musculares/articulares, contusións, lesións menores,
frío, choiva, esvaróns, calor ... etc.
Realizar correctamente a inscrición polos medios que dispoña a organización
INSCRICIÓN
Realizarase a través da empresa especializada nos prazos que figuran en devandita
páxina.
A inscrición leva implícito un seguro de accidentes con vixencia durante a proba,
asistencia e os abastecementos líquidos/sólidos que se establezan, tanto ao longo dos
percorridos como no final.
A inscrición implica o coñecemento e aceptación deste Regulamento de carreira.
DEREITOS DE IMAXE
Os/as participantes aceptan que as imaxes e reproducións producidas nesta carreira por
montaña poderán ser utilizadas pola organización, para a proxección do evento, e nunca para
o prexuízo das persoas nin dos dereitos fundamentais das mesmas. De acordo co
establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro LOPD (Lei Orgánica Protección
de datos), todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán
incluídos nun ficheiro privado propiedade da Asociación “Barca de Loimil”, con fins
exclusivos de xestión da proba.
Todos/as as/os interesados/as poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico a
barcadeloimil@hotmail.es
NÚMERO DE PRAZAS
A proba está limitada a 300 participantes. Trail Longo 30 km 150 prazas e, Trail Curto 16 km 150
prazas. Unha vez esgotadas as prazas, pecharanse as inscricións. O feito de formalizar a inscrición,
implica a aceptación do presente regulamento.
PRAZOS DE INSCRICIÓN
1º Prazo: do 10 de xuño de 2022 ao 18 xullo ás 23:59h, de 2022.
Prezos:
Trail Longo 30 km: 18 euros
Trail Curto 16 km: 14 euros
2º Prazo: do 19 de xullo ao 21 de agosto as 23:59h, de 2022.
Prezos:
Trail Longo 30 km: 22 euros
Trail Curto 18 km: 18 euros
A inscrición implica :
Os abastecementos sólidos/líquidos ao longo dos percorridos e en meta final.
Bolsa do corredor con dorsal e camiseta técnica conmemorativa.
Asistenza durante o transcurso e ao finalizar a proba.
Duchas e gardarroupa
Todos cantos agasallos poida conseguir a Organización
DORSAIS
A cada corredor/a entregaráselle un dorsal persoal e intransferible, que deberá levar durante toda
a carreira. Será ben visible e na parte dianteira, sen dobrar nin cortar. Os dorsais entregaranse no
lugar, data e hora que a organización designe á persoa interesada debidamente identificada cun
documento legal en vigor. Para iso debe presentar o orixinal do DI, carné de conducir, pasaporte
ou documento equivalente para estranxeiros.
O dorsal, permitirá acceder a todos os servizos que presta a Organización. A ausencia do dorsal
sen causa xustificada supoñerá a descualificación do corredor.Por cuestións legais (coberturas de
seguro dos participantes) non está permitido ningún cambio de dorsal entre corredores.
Exclusivamente por caso de forza maior e debidamente xustificada, o corredor poderá anular a súa
inscrición, con un prazo de 15 días anteriores ao peche das inscricións. Descontarase 5 euros da
inscrición por gastos de xestión. Así mesmo, ata o día 1 de agosto poderanse facer cambios na
titularidade do dorsal. Calquera cambio ou anulación deberase formular a través do correo
electrónico barcadeloimil@hotmail.es
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA
Zona de saída dende as 7:45 h ata as 8:45h., (pechan a recollida de dorsais 15 minutos antes da
saída)
Programa
Sábado, 27 de agosto
Entrega dorsais das 19h às 21h – Secretaria no Cámara Agraria (Turbela-Arbo) .
Domingo, 28 de agosto
7.45 h - Apertura do secretariado - Lugar de partida. Adega Pazo Pondal (Cabeiras)
9.00 h Partida Trail Longo (30 km)
9.30 h Partida Trail Curto (16 km)
11 h - Chegada prevista dos primeiros participantes Trail Curto
13 h - Entrega de Premios
TROFEOS E CLASIFICACIÓNS
Entregaranse trofeos, medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto
masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade a categoría
absoluta.
Categoría Absoluta: a partir de 18 anos cumpridos o ano de referencia.
-Masculina
-Feminina
Categoría Sénior:
-Masculina de 18 a 44 anos cumpridos o ano de referencia.
-Feminina de 18 a39 anos cumpridos o ano de referencia.
-Categoría veterana :
-Masculina a partir dos 45 anos cumpridos o ano de referencia.
-Feminina a partir dos 40 anos cumpridos o ano de referencia
A idade a ter en consideración será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da
competición. En todas as categorías será necesario para validar a clasificación ter unha
participación mínima de 5 competidores. Polo que por baixo dese número non haberá protocolo
de entrega de premios en devanditas categorías.
HORA DE ENTREGA
Trail Longo e Trail Curto ás 13:00h
A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega destes, entenderase como renuncia aos
trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e
premios, deberá ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación.
MODIFICACIÓNS NO PERCORRIDO
A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido,
incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen, ou por
outras causas de forza maior. O importe da inscrición non sería devolto.
Se fose necesario interromper e suspender a proba nun punto do percorrido, a clasificación
determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de interrupción ou, na súa
falta, no último control realizado.
SEMI-AUTOSUFICIENCIA
Dado o carácter de semi-autosuficiencia da proba, cada participante deberá prever e portar a
cantidade de alimentos, bebidas, sales e complementos que estime necesarios para poder
completar o percorrido.
Abastecementos
A Organización disporá como apoio dos seguintes avituallamentos, con bebidas e alimentos en
cantidades estimadas como razoables, que se deberán consumir no mesmo lugar e depositar
no lixo indicado pola organización:
VASOS E REFUGALLO
A organización non porá vasos nos postos de abastecementos polo que cada corredor/a
é responsable de levar un recipiente para beber. O obxectivo é respectar o medio ambiente e
minimizar o impacto medioambiental. É obriga de cadaquén levar os seus refugallos/lixo ata a
meta ou lugares sinalados .
MATERIAL ACONSELLADO E OBRIGATORIO.
Recoméndase a cada corredor/a levar o seguinte material:
• Sistema de hidratación , as condicións de calor requiren este como obrigatorio.
• Reserva alimentaria
• Gorra ou similar, para protexerse do sol
• Cortaventos (dependendo das condicións do día da proba)
• Zapatillas de trail running axeitadas
 Teléfono móbil con batería.
Será causa de descalificación
• Saltarse algún control de paso
• Utilizar algún medio mecánico
• Cambio de dorsal
• Non prestar auxilio a outros corredores
RECLAMACIÓNS E SISTEMAS DE APELACIÓNS
O sistema de apelacións e reclamacións rexeranse por dito regulamento. Ditas reclamacións
só serán atendidas por medio do formulario facilitado pola organización.
ACEPTACIÓN E RESPONSABILIDADE
Os participantes do II Trail “Tres Rios” fano de xeito voluntario, sendo plenamente conscientes
da lonxitude, desnivel e esixencia física da proba, que se desenvolverá baixo posibles condicións
climáticas adversas de frío ou calor, choiva e vento, por terreo de montes, camiños, pistas,
sendas ou monte a través.
Os participantes deben ter unha mínima experiencia previa en probas de carreiras en
montaña e asegurarse de que as súas condicións físicas, sexan as máis apropiadas para
afrontar a proba, así como levar e saber usar o material obrigatorio, sendo
responsabilidade seus os problemas que poidan xurdirlles no desenvolvemento da proba
por ignorar estes requisitos.
A organización declina toda responsabilidade, en caso de accidente por neglixencia do
corredor, así como pola perda ou rotura dos obxectos persoais de cada participante. Cada
corredor será responsable de todo dano ou lesión que poida causarse a si mesmo ou a
terceiros, exonerando á Organización e á A.C. Barca de Loimil de calquera responsabilidade
en caso de accidente ou lesión.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse, aceptan as condicións establecidas no
presente Regulamento, que debe coñecer e ter en consideración.