Calendario
Ver carrera

Monforte

13/08/2022 19:30 - 20:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Clube A Gándara de Monforte organiza a IV Milla Urbana Monforte de Lemos.
A proba organizárase o Sábado 13 de agosto de 2022, con saída e meta na Rúa Reboredo de
Monforte.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para
rematar a proba.
Artigo 3: Categorías e distancias:
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
PITUFOS (2015 e posteriores) – NON COMPETITIVA 150m
PROMOCIÓN (2013-2014) 1 volta (500m)
ALEVÍN (2011-2012) 2 voltas (1000m)
INFANTIL (2009-2010) 2 voltas (1000m)
XUVENIL (2005-2008) 2 voltas (1609m)
SENIOR (2004 e anteriores ata máster) 2 voltas (1609m)
MÁSTER A 35-44 anos 2 voltas (1609m)
MÁSTER B 45-54 anos 2 voltas (1609m)
MÁSTER C 55-64 anos 2 voltas (1609m)
MÁSTER D +65 anos 2 voltas (1609m)
Artigo 4: Horario:
HORARIO PROBA DISTANCIA
19:00h PITUFOS – NON COMPETITIVA 150m
19:05h PROMOCIÓN 1 volta (500m)
19:15h ALEVÍN - INFANTIL 2 voltas (1000m)
19:30h MILLA MÁSTER B-C MASCULINA 2 voltas (1609m)
19:45h MILLA MÁSTER A MASCULINA 2 voltas (1609m)
20:00h MILLA FEMININA (asbsoluta, xuvenil e máster) 2 voltas (1609m)
20:15h MILLA MASCULINA (absoluta, xuvenil) 2 voltas (1609m)
20:30h ENTREGA DE PREMIACIÓN
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición serán gratuitos.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
• Os dorsais entregaránse na Rúa Reboredo.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharáse o mércores 10 de agosto ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do reglamento, a decisión quedará en man da
organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descalificar a calquera
atleta que incumpla oregulamento.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada,
así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 8: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• PREMIOS EN METÁLICO:
- Primeiro: 100 €
- Segundo: 75 €
- Terceiro: 50 €
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos.
• Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para
esta categoría nin se farán clasificacións.
• Nas categorías de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo aos
tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• A ceremonia de premiación será ás 20:15h na zona de meta.
• A victoria da categoría absoluta e por tanto os premios en metálico faránse cos mellores de
todas as carreiras de milla.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Vestiarios, baños e duchas no campo de fútbol a escasos metros do circuito.
3. Recollida anticipada de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
5. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de
seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das
leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.

[ Go Back ]