Calendario
Info da proba

Vigo

23/06/2022 21:00 - 22:00
Regulamento XXXVII CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN
REGULAMENTO
1. Co patrocinio e colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a
Deputación de Pontevedra, a Agrupación Viguesa de Atletismo organiza a XXXVII Carrera
Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de 2022 en Vigo.
Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.
2. A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00
dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar
Boo, Avda de A Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos
soportais da praza do Berbés.
3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estén ou non federadas.
As inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO (http://runrunvigo.com) , ata o
20 de xuño ás 23:59 horas. Non se admitirán inscripcións o día da carreira.
4. A cuota de inscripción é de 8 €.
5. Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 22 de xuño na tenda
DECATHLON do Parque Comercial do Meixueiro en horario de 12:00 a 14:00 y de 18:00 a
21:00, e o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se
entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os seus.
6. Concederánse trofeos ós tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das
seguintes categorías: tanto en homes como mulleres
Femininas Masculinas Ano de nacemento
F-0 M-0 Entre 2003-2007 (ambos incluídos)
F-1 M-1 Entre 1983-2002 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1973-1982 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1963-1972 (ambos incluídos)
F-4 M-4 Entre 1958-1962 (ambos incluídos)
F-5 M-5 1957 ou anteriores
7. PREMIOS:
A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha
paletilla ós/ás primeiras/os de cada categoría agás os vencedores absolutos. Haberá un sorteo de
agasallos entre as/os participantes. Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó
remate da carreira, recibindo estos/as un tícket á entrada en meta para dita sardiñada.
8. Colaboran neste evento; a Asociación de veciños do Casco Vello, Coca Cola, Cofradía de
pescadores San Francisco, Autoescolas Faro-Paso-Salaberri, Policía Local de Vigo, Protección
Civil de Vigo, Fundación VODEA, DECATHLON, Porto de Vigo, Visual Publinet, Clínica
Dentfor, Frutas Sol, Balneario de Mondariz e Zunfer S.A..
9. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para as/os participantes da proba.