Calendario
Ver carrera

Nigrán

13/08/2022 10:00 - 11:00

[ Go Back ]

Descripción ART.1)
A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o sábado día 13 de agosto
do 2022 a XI Nigrán Area, Carreira pola Praia, que dará comezo ás 10:00 h.
ART.2).
Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas. Non poderán participar
atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas extranxeiros que houbesen realizado
( durante a presente tempada ou as dúas anteriores) unha marca igual ou mellor a 950 puntos de
táboa WA, segundo recolle o artigo 3.4 do Regulamento para as competicións de campo a través,
marcha, carreiras en estrada e reunión en pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas da RFEA(1). Esta prohibición non afecta aos atletas que teñan licenza federativa pola FGA. (1)
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2021916124314.pdf
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
ART.3)
CATEGORIAS, DISTANCIA HORARIOS E ORDEN DE SAIDA.
O horario establecido será o seguinte que, PODERÁ SUFRIR MODIFICACIÓNS EN FUNCIÓN DOS
INSCRITOS/AS
HORA CATEGORÍA ANO DISTANCIA
10:00 Absoluta F/M 2006 e anteriores 6.000 m
11:00 Sub 16 F/M 2007/2008 2.000 m
11.15 Sub 14 F/M 2009/2010 1.500 m
11:30 Sub 12 F/M 2011/2012 1.000 m
11:40 Sub 10 F/M 2013/2014 500 m
11:50 Sub 8 F/M 2015/2016 300 m
12:00 Pitufos F/M 2017/2018 100 m
ENTREGA DE PREMIOS AO REMATE DE CADA PROBA UNHA VEZ PUBLICADOS OS RESULTADOS
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Sub 18 2005/2006 Máster A de 35 a 44 anos
Sub 20 2003/2004 Máster B de 45 a 54 anos
Sub 23 - Senior 2002/ata Máster Máster C de 55 anos en diante
Art.4) LUGAR DE SAIDA DO PERCORRIDO.
Os circuítos discorrerán entre o peirao de Panxón e Praia América, son circuitos llanos sobre a
area mollada da praia, coa marea baixa.
Art.5) INSCRICIÓNS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de
licenza federativa si a ten, teléfono de contacto e nome do club no caso de non ser independente, ademáis de aportar marca en 5000m no caso de tela.
O prazo remata o martes día 9 de agosto ás 23:59 horas, a organización será rigorosa co
período de peche das inscripcións.
INSCRICIÓNS CARREIRA ABSOLUTA: DE SUB 18 A MÁSTER
Terán un custe de 10 €.
Farase accedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo no enlace:
https://www.carreirasgalegas.com/, onde será obrigatorio facer o ingreso dos 10 € con tarxeta
na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.
No caso de cancelación da proba farase a devolución da cota na mesma forma de pago.
INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES
Nas categorías menores a inscripción é gratuita.
Realizarase a través da pax. web da Federación Galega de Atletismo no enlace:
https://www.carreirasgalegas.com/ cumprimentando os campos indicados a través do formulario de inscripición.
Art.6) RETIRADA DE DORSAIS.
Os dorsais , serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no CLUB MARÍTIMO
DE PANXÓN, situado na Praza José Moginmes Nº14 de Nigrán en horario de 16:30 a 20:30 horas
e o mesmo día da proba no mesmo lugar, a partir das 08:30 horas da mañá, e ata 30 min. antes
da celebración da carreira, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e
respectar a publicidade impresa durante toda a proba. Ante calquer dúbida é imprescindible
presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.
Art.7) PREMIOS.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta . Os trofeos non
serán acumulativos.
SUB 18, SUB 20, SUB 23/SENIOR e MASTER A, B, C.
Trofeo para o primeiro clasificado do Concello de Nigrán na categoría absoluta feminina e masculina. Os trofeos non serán acumulativos.
Otorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina. Os trofeos non serán acumulativos.
Haberá camiseta conmemorativa para os inscritos da carreira absoluta ata fin de existencias.
CATEGORÍAS MENORES
Entregarase trofeo aos tres primeiros clasificados nas seguintes categorías menores, tanto masculina como feminina:
SUB 8, SUB 10, SUB 12, SUB 14, SUB 16, e medalla conmemorativa a todos os pitufos ata fin de
existencias. Os premios non serán acumulativos.
Art.8)
Todo corredor que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou
que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da
RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
Art.9)
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art.10) SERVIZOS.
• Avituallamento o fin da carreira.
• Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
• A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes deportivos
para os participantes. A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
• Servizo de duchas no Pavillón de Panxón.
• Non haberá servizo de gardarroupa.
Art.11)
Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento. Todo o non
previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e IAAF en
vigor.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento
da mesma.

[ Go Back ]