Calendario
Ver carrera

Lira

13/08/2022 19:20 - 20:50

[ Go Back ]

Descripción XXVII CARREIRA A PÉ - LIRA
DATA: sábado 13 de agosto
LUGAR: Portocubelo (Lira)
PROMOVE: A. C. Canle
PATROCINA: Stolt Sea Farm. S.A.
COLABORA: Concello de Carnota
Categoría, ano de nacemento e inscricións:
Categoría Ano de nacemento Inscrición
Prebenxamíns 2014 e posteriores 0 €
Benxamíns 2012-2013 0 €
Alevíns 2010-2011 0 €
Infantís 2008-2009 0 €
Cadetes 2006-2007 0 €
Xuvenís 2003-2004-2005 8 €
Sénior 1983-2002 8 €
Veteranos/as 1982 e anteriores 8 €
Inscricións:
Ata o xoves 11 de agosto ás 23:59 h a través de https://ccnorte.com/
As inscricións das categorías: xuvenís, sénior e veteranos/as, terá un custo de 8 euros,
cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e pre-benxamíns, non terá custo.
* En caso de non presentarse á proba, non se devolverá a inscrición.
Datos obrigatorios para as inscricións:
NIF, nome e apelidos, data de nacemento, sexo, teléfono de contacto e mail de
contacto.
Premios:
Pre-benxamíns: medalla para todos os participantes.
Benxamíns: medalla para todos os participantes.
Alevíns: trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Infantís: trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Cadetes: trofeo para 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º clasificado.
Xuvenís: trofeo para os tres primeiros clasificados.
Séniors: trofeo para os tres primeiros clasificados.
Veteranos/as: trofeo para os tres primeiros clasificados.
Percorridos:
Todas as carreiras sairán e chegarán a Portocubelo
 200 m pre-benxamíns.
 400 m benxamíns.
 1500 m alevíns e infantís.
 3000 m cadetes, veteranos/as.
 3000 m séniors, veteranos/as.
 10 km xuvenís, séniors, veteranos/as.
Regulamento:
1. A asociación CANLE será a organizadora da XXVII CARREIRA A PÉ de Lira.
2. A carreira estará controlada por persoal de Champion Chip Norte e de A.C. Canle
(comité organizador).
3. A asociación e os seus colaboradores non se fan responsables de danos morais, fisicos
ou materiais que así mesmo ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba
deportiva, nin outros que, con motivo da competición, poidan corresponder ante o seguro da
proba ou outra mutualidade.
4. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e
regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
5. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
6. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización,
estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe de estar sempre ben visible.
7. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou
a xuízo da organización cometa algunha irregularidade, será descalificado.
8. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba. Os
horarios son os seguintes.
 Prebenxamíns: 18:30 h
 Benxamíns: 18:40 h
 Alevíns: 19:00 h
 Infantís: 19:00 h
 Cadetes: 19:30 h
 Carreira 3Km (séniors, veteranos/as): 19:30 h
 Carreira 10Km (xuvenís, séniors e veteranos/as): 19:20 h
NOTA: os horarios das carreiras non están libres de sufrir algunha modificación se
presenta algún imprevisto de última hora.
1. Na carreira de 10 Km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na
metade do percorrido (Susiños).
2. Na carreira de 3 Km independentemente da idade recibirán trofeos os 3 primeiros en
cruzar a liña de meta.
3. O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois da chegada
á meta do primeiro clasificado.
4. Os trofeos non serán acumulativos.
5. O horario da entrega de trofeos efectuarase da seguinte maneira:
 as categorías inferiores (alevíns, infantís e cadetes) ás 19:45 h
 categorías absolutas (3 Km e 10 Km, xuvenís, sénior e veteranos/as) ás 21:00 h
Algún cambio estaría suxeito a decisión do comité organizador previamente comunicado o día
das carreiras.
1. Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que
presencie a proba, un comportamiento exemplar cara aos compañeiros, público, organización
en xeral.
2. Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
3. Límite de participantes 500 corredores.

[ Go Back ]