Calendario
Ver carrera

Bande

07/08/2022 9:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción Reglamento Protocolo covid-19: En todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas que estean implicadas no transcurso do evento seguirán as normas sanitarias establecidas, no caso de habelas. 1.- XERAL: Aproveitando o medio rural e o entorno paisaxístico no que se encontran localizadas as zonas de municipio de Bande, o concello organiza a XIV Andaina popular e o VII Trail. Participación: Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores. Horario: Recollida de dorsais. A organización con antelación suficiente facilitara a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice para a promoción e información do evento VENRES, 5 agosto Ourense: na rúa Picasso, nº12 – 32002 O Couto, en horario de 10:00h. a 13:00h. SÁBADO, 6 de agosto Bande: Concello de Bande de 10:00h. a 13:00h. e de 16:00h. a 20:00h. DOMINGO, 7 de agosto Bande: dende as 8:00h. ata 8:50. Por favor, revisa con antelación o teu dorsal para respectar a hora de recollida de dorsais e de saída. Saída A saída será grupal tanta para corredores como andaríns as 9:00 h na praza da Constitución. A saída tamén poderá sufrir modificación por temas COVID informando previamente a todol@s corredor@s. Entrega de trofeos e pinchos de degustación 14:00 Entrega de trofeos, sorteos de material deportivo (bastóns, mochilas, riñonera...) e diversos pinchos de degustación. 2.- CATEGORÍAS: Estableceranse as seguintes categorías: CHICOS: Absolutos Senior < 40 anos. Veterano A de 40 a49 Veterano B de 50 a 59. Veterano C de 60 > CHICAS: Absolutas Senior < 36 anos. Veterana A de 36 a 45. Veterana B de 46 a 55. Veterana C de 56 > 3.- INSCRICIÓNS : Pódese inscribir na APP “Saudeter Live”, ou na biblioteca municipal, de 9:30h. a 14h., ata o MARTES 2 DE AGOSTO. O custe da inscrición será de 12 euros para participar na andaina e 15€ no trail. 4.- PREMIOS: No trail trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s absulut@s (masculino e feminino, tanto na modalidade do trail longo como de curto e para os primeiros das categorías establecidas (senior, vetA, vetB, vetC). Trofeos para o/a atleta máis veterano/a do trail longo. Trofeos para o primeiro/a estranxeiro/a clasificado/a do trail longo. Todos os atletas premiados cumpriran estritamente as indicacións da organización e dos protocolos establecidos para recoller oe trofeos. Os premios non son acumulativos. OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU PASAPORTE. 5.- AGASALLOS Camisetas para os 300 primeiros inscritos da proba, avituallamento para tódolos participantes e sorteos de diverso material deportivo. 6.- SERVIZOS Entrega de dorsais. Puntos kilométricos sinalizados no trail longo Avituallamento cada 4 Km aproximadamente, dependendo da dureza do terreo. . Roupeiro. Vestiarios e duchas. Aparcamentos. Entrega de premios. . Música . Sorteo de material deportivo. . Comida conxunta fin de proba. . Seguro accidentes e R.C. . Servizo masaxista postcarreira. . Bañeiras de xeo (crioterapia). 7.- SINALIZACIÓN E CONTROIS O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, estacas, sinais, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos. Estará sinalizado o recorrido cada 300 m ou en puntos conflitivos Quedarán fóra da competición tódol@s atletas que nos superen o primero tramo14km en menos de 2:45 debendo entregar o dorsal e quedar en dita zona para regresar a Bande. 8.-AVITUALLAMENTOS Por respecto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin. Haberá 7 avitullamentos o longo do percorrido: Dous líquidos. Cinco sólidos e líquidos. Trail longo Sarreaus km 2,5 Liquido Corvelle km 7 Liquido e sólido Estrada Pereira km9,7 Liquido e sólido Cadós km 13,5 Liquido e sólido Souto 17km Liquido e sólido PG 19km Líquido Minicentral 22,6km Liquido e sólido Trail curto Sarreaus km 2,5km Liquido Estrada Pereira km 4,5km Liquido e sólido Cadós km 8km Liquido e sólido Minicentral 12 Liquido e sólido 9- OUTRAS CONSIDERACIÓNS A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados. A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión. A organización contará cos servizos de ambulancia, médico, comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para cada un dos participantes de ambas probas. A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON preparación física ou mental do asistente.

[ Go Back ]