Calendario
Ver carrera

Sanxenxo

28/08/2022 13:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción XXII MILLA VILA DE SANXENXO
 Tódolos corredores deberán formaliza-la súa inscrición na web
www.championchipnorte.com antes das 23:59 horas do xoves 25 de agosto
de 2022.
 Tódolos corredores durante a proba deberán levar unha camiseta co dorsal
visible na parte frontal da mesma.
 As categorías fixadas pola organización serán conforme o ano de nacemento.
Categorías
Prebenxamin 2015 – 2022
Benxamín 2013 – 2014
Alevín 2011 – 2012
Infantil 2009 – 2010
Cadete 2007 – 2008
Xuvenil - Junior 2004 – 2006
Promesa - Senior 1983 – 2003
Veteranos A 1972 – 1982
Veteranos B 1971 e anteriores
Milla Concello de Sanxenxo Élite
 A categoría prebenxamín deberá completar unha distancia de 200 m.
 A categoría benxamín deberá completar unha distancia de 400 m.
 A categoría alevín deberá completar unha distancia de 800 m.
 A categoría infantil deberá completar unha distancia de 800 m.
 A categoría cadete deberá completar unha distancia de 800 m.
 As restantes categorías completarán unha milla (1.609 m).
 Tódolos corredores que completen o percorrido na súa categoría, terán
dereito a recoller no lugar indicado pola organización una bebida previa
entrega do seu dorsal.
 O orde de saída das probas será o seguinte, segundo o seu horario:
Categorías
Prebenxamin 12:00
Benxamin 12:10
Alevín 12:20
Infantil 12:30
Cadete 12:40
Xuvenil - Junior 12:50
Promesa - Senior 12:50
Veteranos A 13:00
Veteranos B 13:00
Milla Concello de Sanxenxo 13:15
 Aqueles corredores que pola súa clasificación na liña de meta sexan
acreedores a un trofeo/medalla ou premio en metálico, terán adquiren a
obriga de acudir a entrega de premios e subir a recolle-lo mesmo.
 O primer clasificado de cada categoría recibirá un trofeo.
 Os segundos e terceiros unha medalla.
 Así mesmo, na categoría Élite Concello de Sanxenxo os cinco primeiros terán
un premio en metálico.
Categoría Masculina Categoría Feminina
1er clasificado 500 € 500 €
2º clasificado 250 € 250 €
3er clasificado 125 € 125 €
4º clasificado 75 € 75 €
5º clasificado 25 € 25 €
 Os premios en metálico serán so para a categoría Concello de Sanxenxo.
 Os participantes na categoría Concello de Sanxenxo, asinarán un documento
conforme, onde aceptan que os premios en metálico faranse efectivos por
tranferencia bancaria ou por cheque nos días seguintes a celebración da
proba.
 Tódolos participantes no momento de inscribirse, aceptarán e cumprirán estas
normas.
 Calquera corredor que incumpla unha ou mais das presentes normas, será
descalificado pola organización da proba.
 A organización non se fará responsable de cualquier tipo de daño material ou
moral que se poda ocasionar como consecuencia da participación voluntaria
neste evento.

[ Go Back ]