Calendario
Info da proba

Noia

03/09/2022 21:30 - 22:30
Regulamento XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
Memorial Hipólito Rey “Polo”
O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizarán
conxuntamente a XXIV edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 3 de setembro de
2022 na localidade de Noia baixo o control técnico do comité galego de xuices da Federación
Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do calendario oficial de
probas da Federación Galega de Atletismo e se rexirá polo seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación
conxunta.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS APROX.
CHUPETE* nados/as en 2018 e posteriores 250 metros aprox.
PITUFO* nados/as en 2015-2016-2017 350 metros aprox.
SUB 10 nados/as en 2013-2014 1000 metros aprox.
SUB 12 nados/as en 2011-2012 1000 metros aprox.
SUB 14 nados/as en 2009-2010 3000 metros aprox.
SUB 16 nados/as en 2007-2008 3000 metros aprox.
SUB 18 nados/as en 2005-2006 3000 metros aprox.
SUB 20 nados/as en 2003-2004 8 km aprox.
SUB 23 nados/as en 2000-2001-2002 8 km aprox.
SENIOR nados/as entre 1988 e 1999 8 km aprox.
MASTER 1 MASC/FMNO nados/as entre 1982 e 1987 8 km aprox.
MASTER 2 MASC/FMNO nados/as entre 1972 e 1981 8 km aprox.
MASTER 3 MASC/FMNO nados/as entre 1962 e 1971 8 km aprox.
MASTER 4 MASC/FMNO nados/as en 1961 e anteriores 8 km aprox.
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federadas.
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada
proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.
HORA CATEGORÍA
20:30 h Chupete Pitufo (250 metros aprox.)
20:37 h Pitufo (350 metros aprox.)
20:45 h Sub 10 e Sub 12 (1000 metros aprox.)
21:00 h Sub 14, Sub 16 e Sub 18 (3000 metros aprox.)
21:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster (8000 metros aprox.)
22:45 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)
4. As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través
da web www.emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online.
As INSCRICIONS DA PROBA DE ADULTOS (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a
través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 6 € por
participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.
O prazo de inscrición rematará o mércores 31 de agosto ás 23:59 horas, NON
ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das
probas ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os atletas da categoría sub 18 que desexen tomar parte na proba absoluta (8 km
aprox.) deberán comunicalo previamente no correo electrónico santiago@atletismo.gal
onde se lle indicará como deben proceder.
5. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Estableceranse os seguintes prêmios:
• Tres primeiros/as clasificados/as masculinos e femininos da proba absoluta (adultos).
• Tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, tanto masculinos como femininos, agás nas categorías chupete e pitufo
onde non haberá trofeos.
• Tres primeiros/as atletas locais clasificados/as da proba absoluta, tanto masculino
como feminino.
• Trofeo especial Hipólito Rey “Polo” para os 3 primeiros clubes federados da
clasificación final.
Os trofeos non serán acumulativos, agás o dos atletas locais.
Na clasificación por clubes puntuarán os 6 primeiros atletas de cada clube, dándolle 1
punto ao 1º, 2 puntos ó 2º, etc ... o clube que menos puntos acade será o vencedor. O
empate resolverase segundo o disposto na normativa da IAFF.
Para poder obtar a este prêmios os equipos deberán estar federados en atletismo, feito
que deberán xustificar así como a composición de cada equipo, co certificado federativo ou da
delegación correspondente no seu defecto remitindoo previamente ao email
santiago@atletismo.gal . Os clubes poderán ser mixtos.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes. Non
haberá trofeos nestas categorías nin se farán clasificacións.
PREMIOS EN METÁLICO
PROBA ABSOLUTA (De sub 20 a máster).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado: 300 € 1ª Clasificada: 300 €
2º Clasificado: 175 € 2ª Clasificada: 175 €
3º Clasificado: 125 € 3ª Clasificada: 125 €
PREMIOS A CLUBES
1º Clube Clasificado: 200 €
2º Clube Clasificado: 100 €
3º Clube Clasificado: 75 €
Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás
probas. Para elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa
identidade coa presentación do DNI, CIF, carnet de conducir ou pasaporte e deberán aportar o
seu nº de conta.
6. Os atletas da carreira absoluta correrán cun CHIP-DORSAL que lle será entregado no
momento da recollida do dorsal. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non
o leve colocado de xeito visible na zona anterior do corpo será automáticamente
descualificado.
7. Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS
COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2022”.
8. Haberá avituallamento situado na liña de meta.
9. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos atletas ó
finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta
conmemorativa do evento.
10. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
11. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da
FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.