Calendario
Info da proba

Pontevedra

16/10/2022 11:00 - 13:30
Regulamento 1. DATA
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan o domingo
16 de outubro de 2022, a partir das 10:40 h o “XL Gran Fondo - XXVII Medio Maratón –
III 10K Pontevedra 2022”. Esta edición será Campionato de Galicia de Medio Maratón.
Os horarios de saída serán ás 10:40 h. para o 10 K. ás 11:00 h. o medio maratón.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas con 18 anos (o día da proba) ou máis, que o
desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola
Organización. A carreira desenvolverase en dúas fases diferenciadas dun máximo de
600 participantes no 10 K. e de 1400 no medio maratón. A organización resérvase 20
prazas a para deportistas convidados/as.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Quen participe comprométese a aceptar o presente regulamento e calquera posible
modificación da proba obrigada por causas alleas á vontade da organización. A
realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se
inclúen neste regulamento.
Todo/a participante inscrito/a declara:
✔ Que se considera nun estado de saúde óptimo para participar no Gran Fondo - Medio
Maratón de Pontevedra - 10K.
✔ Que exime de responsabilidade á Organización pola perda de obxectos persoais ou
roubo, así como como por calquera contaxio de calquera enfermidade que puidera
sufrir durante o evento deportivo.
✔ Que autoriza sen contraprestación algunha a que a Organización faga uso de
calquera tipo de material audiovisual no que poida figurar o/a participante,
aceptando a publicación do seu nome completo na clasificación da proba, nos
medios de comunicación, e/ou internet.
✔ Conforme á L.O. 03/2018, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a
formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra
con domicilio social na Rúa Xoán Manuel Pintos s/n 36005 Pontevedra. A finalidade
do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para o Gran Fondo - Medio Maratón –
10K así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito
á dirección sinalada, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte o
presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida
no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS
Faranse en https://mmpontevedra.com/ ata as 23:59 horas do día 9 de outubro de
2022 e non se admitirán inscricións posteriores.
OS/AS PARTICIPANTES NO MEDIO MARATÓN DAS EDICIÓNS 2020 E 2021 (EN
AMBAS EDICIÓNS) TERÁN A INSCRICIÓN GRATUÍTA NO ANO 2022 NESTA MESMA
DISTANCIA.
Haberá dous prazos para inscribirse:
✓ Ata as 23:59 horas do 30/09 e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida”
de 20 € para o medio maratón e 10 € para o 10K.
✓ Dende o 1/10 e ata o remate das prazas ou do prazo de inscrición e na que o/a
deportista pagará a cota “Xeral” de 25 € no medio maratón e 15€ para o 10K.
Aqueles/as que só fagan a súa inscrición no campionato de Galicia de medio
maratón, non optarán aos premios, nin á bolsa do corredor da proba popular.
Participación de atletas doutras federacións autonómicas e estranxeiros/as:
Nesta proba a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións
autonómicas rexerase de acordo co disposto nos artigos 16 e 17 da sección terceira do
"Reglamento para las competiciones de la temporada 2022 de la RFEA". Máis
información:
https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2022/05_ReglamentoCompeticion.pdf
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da
inscrición agás baixa médica documentada e enviada a info@sgpontevedra.com antes
das 23.59h do 15 de outubro. En caso contrario, non se fará o reembolso.
No caso de que o/a deportista se inscriba como desempregado/a (só primeiro prazo)
devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago; a persoa
beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como
Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día
(que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non
presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
PROMOCIÓN INSCRICIÓN GRATUÍTA. Coa compra igual ou superior a 125€ na tenda
Miler Vintage Running Club na rúa Peregrina nº6 soto, en Pontevedra; conseguirás a
inscrición gratuíta no Medio Maratón. Promoción válida ata 30 de setembro 2022.
Prazo Proba Inicio Fin €
Desconto
desemprego
Primeiro Medio Maratón 1/IX 30/IX 20 Si
Segundo Medio Maratón 1/X 9/X 25 Non
Primeiro 10 K 1/IX 30/IX 10 Si
Segundo 10 K 1/X 9/X 15 Non
5. ACCIÓN SOCIAL
Voluntariamente todos/as os/as participantes e persoas da Organización que desexen
colaborar coa Rede Axuda poderán facelo entregando un produto alimenticio non
perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome
a esta Institución (preferentemente aceite, leite, conservas,...).
6. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO.
A tradicional “quedada” a unha volta de todo o percorrido, será o venres 14 de outubro
ás 20:30 horas, é de acceso libre, e sairá de diante da porta principal do Centro Galego
de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asumible co obxectivo de dar
a coñecer todo o percorrido. Prégase acudir con prendas exteriores de cores
rechamantes.
7. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal entregado pola
organización no peito, sen dobrar nin ocultar, ben visible.
OPCIÓN DATA LUGAR
1
Do 13/X ao 15/X
En horario de tenda
Tenda Miler
r/ Peregrina 6 (soto) Pontevedra
2 16/X de 8 a 10:30 a.m.
Só deportistas de fóra de Pontevedra no
Pavillón Universitario de Pontevedra
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
8. GARDARROUPA.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición
no PavillónUniversitario.
9. CAIXÓNS DE SAÍDA
Haberá dúas zonas preferentes reservadas para todos os participantes:
PROBA ZONA XÉNERO TEMPO COR DORSAL
10K
1
Masculino Menor ou
igual a
00:36:00 Verde Feminino 00:46:30
2
Masculino Maior ou
igual a
00:36:01 Lila Feminino 00:46:31
Medio
Maratón
1
Masculino Menor ou
igual a
01:20:00 Amarelo Feminino 01:42:00
2
Masculino Maior ou
igual a
01:20:01 Azul Feminino 01:42:01
3
Masculino Maior ou
igual a
01:40:01 Branco Feminino 01:52:01
Haberá que indicar o lugar e data de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos
últimos 24 meses nunha carreira de medio maratón ou 10km.
Todos/as terán un tempo máximo de 01:10:00 para rematar o 10K. e 02:15:00 para
rematar o Medio Maratón tendo como límite de paso intermedio o último xiro de
Corbaceiras de 01:30:00.
10.PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude de 21.097 metros para o medio maratón e de 10.000 metros para
o 10K. Nun circuíto HOMOLOGADO, urbano, pechado ao tráfico e sobre asfalto ao que
se lle dará dúas voltas. Cada quilómetro sinalizarase visualmente.
A SAÍDA será dende a Ponte dos Tirantes cara Bos Aires (dirección Marín), ponte de
Santiago, Rafael Areses, Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro, Campus
Universitario, Celso Emilio Ferreiro, Alexandre Bóveda, Rafael Areses, ponte de
Santiago, Bos Aires (dirección Marín), Uruguai (xiro de 180 grados antes da rotonda de
Corbaceiras), Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, praza de España, Michelena, praza da
Peregrina, Odriozola, Soportais, praza Curros Enríquez, Real, praza Celso García de La
Riega, Valentín García Escudero, Bos Aires, Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, pista
atletismo CGTD, José Malvar, Bos Aires (xiro de 180 antes da praia fluvial), Bos Aires,
rotonda Sur da ponte dos Tirantes (comeza a segunda volta).
Despois do segundo xiro ao circuíto, ao chegar a rotonda da ponte dos Tirantes, deixala
a dereita para entrar en Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, acceso a pista de
atletismo do CGTD, os atletas correrán pola rúa 1 da mesma, para dar case unha volta
completa e META.
O percorrido para o 10 K será o mesmo pero dando unha única volta, e axutarase o
xiro de 180 que se realiza antes que o do medio maratón.
11.ARBITRAXE DURANTE A CARREIRA
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA), polo
que contaremos co control do Comité Galego de Xuíces da FGA. Haberá ciclistas que
acompañarán na carreira favorecendo a seguridade dos deportistas durante a proba.
12. DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización, están facultados para
retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que:
✔ Non leve axeitadamente o dorsal e/ou o chip oficial de control de tempos.
✔ Non realice o percorrido completo.
✔ Manifeste un mal estado físico evidente.
✔ Manifeste un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros
deportistas ou co público.
✔ Faga protestas maleducadas, ou se reitere en protestas ante a Organización.
✔ Non cumprir o tempo máximo de remate de 2h15´00” ou ao paso polo último xiro
de Corbaceiras en 1h30´00”.
13.SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de
Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes Deportivos. Haberá dúas
ambulancias e dous médicos/as para a atención.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña.
14.AVITUALLAMENTO
Haberá auga no circuíto cada 5 km aproximadamente. As botellas serán entregadas polo
voluntariado, cada participante será quen de coller o seu propio avituallamento, abrilo,
bebelo e encestar nos colectores de lixo dispostos para tal fin.
15.CHIP DE CRONOMETRAXE
Estableceranse controis de cronometraxe de chips por todo o percorrido co propósito
de verificar que todos os/as atletas cobren a totalidade do percorrido no mesmo
sentido da carreira. É obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe
dispostas ao longo do percorrido. Os/As atletas que non teñan todos os rexistros na
orde axeitada serán descualificados/as.
16.PERSOAS NON INSCRITAS
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e
non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a
abandonar o circuíto.
17.OUTROS
Na liña de meta, os participantes recibirán unha bolsa de produtos alimenticios,
bebidas, servizo de duchas, fisioterapia, médico, etc.
18.RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
19.PREMIACIÓN E PREMIOS.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13:30 h. na praza da Cruz
Vermella. Os/As atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma,
podendo delegar noutra persoa. Se non estivese presente ao inicio do acto, entenderase
que renuncia ao premio material e económico.
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais da categoría
ABSOLUTA masculina e feminina do medio maratón e do 10K.
Ademais, no medio maratón haberá medallas para os tres primeiros homes tres
primeiras mulleres das seguintes categorías:
Máster 1 Máster 2 Máster 3 Máster 4
Maiores de 35 Maiores de 45 Maiores de 55 Maiores de 65
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta do medio
maratón:
1º 2º 3º
ABSOLUTA Masculina
Feminina 300€ 200€ 100€
LOCAL Masculina
Feminina 100€ - -
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual
ou inferior a 1h14´00” en homes e 1h30´00” en mulleres.
Requirirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados. Poderán optar ao
premio local atletas do concello de Pontevedra ou vencellados aos Clubs federados do
mesmo concello.
Este premio non é acumulable, optando o/a atleta polo premio de maior contía,
cedendo o outro premio ao seguinte participante que cumpra os requisitos.