Calendario
Ver carrera

Lestrobe

12/10/2022 12:15 - 13:45

[ Go Back ]

Descripción CARREIRA PEDESTRE DE LESTROBE 2022
O mércores 12 de outubro de 2022 a partir das 11.00 h O Concello de Dodro
organiza a Carreira Pedestre de Lestrobe 2022 na Rúa Fortunato Cruces (Lestrove)
baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA
Artigo 1. Normativa xeral
• A Carreira Pedestre de Lestrobe 2022 rexerase polas actuais regulamentacións
de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que
establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía
urbana.
• A proba contará con un seguro de responsabilidade civil e tamén contará con
un seguro de accidentes.
• Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha
ambulancia e un médico.
• A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de
seguridade, circunstancias que serán comunicadas aos participantes con tempo
suficiente. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha
alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data
adecuada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
• Os participantes na carreira terán á súa disposición o Pavillón Polideportivo dos
Centros Escolares de Padrón para que se poidan duchar.
• Así mesmo tamén se poñerá a disposición dos corredores un servizo de
gardarroupa situado na Unitaria de Lestrobe.
• Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a
organización e os xuíces da competición.
• A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexerase de acordo rexerase de acordo co disposto nos artigos 16 e 17 da
seccicón terceira do "Reglamento para las competiciones de la temporada 2022
de la RFEA". Máis información desta norma na seguinte ligazón:
https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2022/05_ReglamentoCompeticio
n.pdf
• Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de
30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
• Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
• O peche do control na carreira absoluta, producirase ó cabo de 50 minutos a
contar dende que o primeiro participante cruce a liña de meta.
Artigo 2. Participantes e control técnico
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación
conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Pavón 2017-2018-2019.
• Pé de Millo 2015-2016.
• Benxamín (sub 10) 2013-2014.
• Alevín (sub 12) 2011-2012.
• Infantil (sub 14) 2009-2010.
• Cadete (sub 16) 2007-2008.
• Xuvenil (sub 18) 2005-2006.
• Júnior (sub 20) 2003-2004.
• Promesa (sub 23) 2000-2001-2002.
• Sénior de 1999 a 1988.
• Veterán/a A: Atletas nados/as entre 1978 e 1987
• Veterán/a B: Atletas nados/as entre 1968 e 1977
• Veterán C: Atletas nados/as no ano 1967 e anteriores.
Artigo 4. Distancias e horarios
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA PERCORRIDO Nº VOLTAS
PAVÓN 11.00 H 100 M VERDE 1
PÉ DE MILLO 11.10 H 650 M VERMELLO 1
SUB 10 11.20 H 750 M NEGRO 1
SUB 12 11.30 H 1.300 M VERMELLO 2
SUB 14, SUB
16 11.45 H 3.700 M LARANXA 1
SUB 18, SUB
20, SUB 23,
SÉNIOR,
VETERÁN A,
B E C
12.15 H 10.000 M AMARELO 2
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Rúa Fortunato Cruces (Lestrobe)
Establécense 5 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de
distancias.
1. Percorrido verde: 100 M.
2. Percorrido vermello: 650 M.
3. Percorrido negro: 750 M.
4. Percorrido laranxa: 3.700 M.
5. Percorrido amarelo 5.000 M. (700 M de terra)
Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o domingo 9 de outubro de 2022 ás 24 h. Non se aceptarán inscricións fora de
prazo ou con datos incompletos.
Onde:
www.carreirasgalegas.com
Prezo:
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de Dodro.
• Gratuíto para as categorías de pavóns a cadete (Sub 16).
• 6 € nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e
veteráns.
Límite prazas: Haberá un límite de 300 inscritos na categoría absoluta (xuvenís e
posteriores).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Retirada de dorsais:
Na unitaria de Lestrobe (sita na R/Fortunato Cruces) o mesmo día da proba a partir
das 9 h. e ata o inicio da mesma.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías pavóns e pés de millo (non competitivas), os
demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada
participante xunto co dorsal. (non retornables).
Artigo 8. Premios
Na Carreira Pedestre de Lestrobe 2019 outorgaranse os seguintes:
Camisetas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Pavón, Pé
de Millo, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba
absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.
Medalla Podium para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
feminina e masculina. Excepto categorías Pavón e Pé de Millo ( non competitivas )
Trofeo para os/as 3 primeiros/as corredores/as locais masculinos e femininos na proba
absoluta. ( locais serán aqueles empadroados en Dodro ).
Trofeo ao club con mais participantes.
Agasallos. Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa
(Sub 23), sénior e veteráns recibirán un agasallo técnico.
Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
Unitaria de Lestrobe
Vestiarios e Duchas
Pavillón Polideportivo de Padrón ( anexo á piscina )
Aparcadoiros:
Complexo Deportivo de Lestrobe ( 42º 43´38.80” N, 8º 40´19.80” O )
Zona da feira xunto ó río Sar. ( 42º 44´02.13” N, 8º 39´44.37” O )
Publicación Resultados
Facebook dodrodeportes
carreirasgalegas.com
Artigo 10. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas
carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
Artigo 11. Aviso Legal
L.O.P.D.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA
Este circuíto pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros,
dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A
Coruña.
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da
FGA e RFEA.

[ Go Back ]