Calendario
Ver carrera

Ourense - San Martiño

20/11/2022 11:00 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO XLV CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO
2022
A XLV edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo
Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 20 de
novembro de 2022.
1. REGULAMENTO XERAL DA CARREIRA ABSOLUTA - 10KM
1.Esta carreira pedestre está incluida no calendario oficial de probas en ruta
da Federación Galega de Atletismo e está reservada para todas as persoas
nadas no ano 2005 e anteriores.
2.O prazo de inscrición é desde o día que se publicite pola Organización ata o
13 de novembro de 2022. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún/ha
corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web
[www.asanmartino.com] facendo constar todos os datos requiridos no
procedemento de inscrición.
O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e
camiseta é ata o 6 de novembro de 2022, nos puntos físicos que se informen
para este cometido.
3.A cuota de inscrición será de 5 € desde o día que se publicite pola
Organización ata o 4 de novembro de 2022 e de 7€ desde o 5 ao 13 de novembro
de 2022. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
4. Dorsal Solidario: Os/as participantes que o desexen poderán facer unha
doazón económica en favor dunha causa solidaria. Na pasarela de inscrición
terán a posibilidade de efectuar unha doazón, marcando DORSAL
SOLIDARIO e no casilleiro indicar o importe que desexan doar. O importe
recadado doarase en favor dunha causa humanitaria elixida de xeito motivado
polos membros do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes.
As asociacións interesadas poderán presentar os seus proxectos solidarios
antes do 6 de novembro de 2022. O Consello Municipal de Deportes dará a
publicidade a través das súas redes da campaña na que colabora efectuando un
acto público de entrega da doazón.
Cod. Validación: WKST6CNT6L9A3RG5X66XP4ZEL | Corrección: https://deportesourense.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 11

5.A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través
da páxina web e da pasarela de inscrición e, despois de pechar o prazo de
inscrición, o venres 18 de novembro de 16:00h a 20:00h, e o sábado 19 de
novembro de 10:00h a 20:00h, no momento de entrega e recollida de dorsaischips.
6.A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha
inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do/a corredor/a ou persoa na que
delegue.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por
parte do/a atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá
presentar a documentación acreditativa pertinente nun prazo máximo de 10 días.
7. É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes. O día da carreira haberá unha persoa encargada do trámite no
caso de accidente. A Organización contará con servizos médicos a disposición
dos/as corredores/as, non obstante, recoméndalles aos/ás participantes
someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos
que entraña a realización de actividade física.
A Organización contará cun local debidamente sinalizado, atendido
por unha persoa responsable nomeada pola Federación Galega de
Atletismo, para facilitar os partes de accidentes aos/ás interesados/as,
formalizar a súa presentación e resolver as posibles incidencias dos/as
accidentados/as.
8. A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 18 de novembro de
16:00h a 20:00h e o sábado día 19 de novembro de 10:00h a 20:00h na cancha
central do Pavillón dos Remedios.
Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas
será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
Non se entregarán dorsais o día da carreira.
A recollida anticipada de dorsais-chips (para os/as inscritos/as ata o 5 de
novembro de 2022) será os días 17, 18 e 19 de novembro de 2022 nos puntos
acordados que se anunciarán debidamente.
Cod. Validación: WKST6CNT6L9A3RG5X66XP4ZEL | Corrección: https://deportesourense.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 11

9. O dorsal-chip deberá ser colocado no peito de maneira visible e sen doblar.
Os/as corredores/as que non leven o dorsal-chip ben colocado non entrarán nas
clasificacións. É obrigatorio levar o dorsal-chip no peito durante toda a proba.
10.O control das inscricións, dorsais-chips, resultados e secretaría será
realizado por procedementos automatizados. Gravarase a chegada para
solventar calquera reclamación.
11. A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11:00 horas.
A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.
12. O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación
Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas
seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza
da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr.
Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de
Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón,
Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros
Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao,
Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente
Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e
Pardo de Cela.
13. Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos
controis queda previsto do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos
da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h
e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre a primeira persoa
clasificada.
14. Os abastecementos (avituallamento) estarán situados no Km 5 e á chegada
no Pavillón Municipal dos Remedios.
15. Estableceranse varios caixóns, sinalizados por cores, en función da marca
rexistrada no San Martiño anterior:
- Caixón negro: para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 35
minutos (homes) e 40 minutos (mulleres) na carreira do SM 2019 ou SM2021.
Cod. Validación: WKST6CNT6L9A3RG5X66XP4ZEL | Corrección: https://deportesourense.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 11

- Caixón vermello: para os/as atletas que teñan unha marca entre 35 e 40
minutos (homes) e entre 40 e 45 minutos (mulleres) na carreira do SM 2019 ou
SM2021.
- Caixón amarelo: para os/as atletas que teñan unha marca entre 40 e 45
minutos (homes) e entre 45 e 50 minutos (mulleres) na carreira do SM 2019 ou
SM2021, ou ben debidamente acreditados na pasarela de inscrición.
- Caixón verde: Popular.
Os/as participantes deberán situarse no caixón correspondente 15 minutos antes
do comezo da proba, atendendo en todo momento ás indicacións da
Organización.
16. Só poderán permanecer no percorrido os vehículos de axuda que a
Organización estime oportuno, prohibíndose explicitamente o uso de bicicletas,
patíns, carriños de bebé e/ou similares para evitar accidentes.
17. A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se
responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.
18. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións
diferenciadas.
As categorías corresponden aos/ás nados/as nos anos indicados:
Sub’20: Nado/as en 2003 e 2004
Sub’23: Nado/as en 2000, 2001, 2002
Sénior: Nado/as desde 1999 ata máster
Máster: A M–35 W–35
Máster: B M-40 W-40
Máster: C M-45 W-45
Máster: D M-50 W-50
Máster: E M-55 W-55
Máster: F M-60 W-60
Máster: G M-65 e posteriores W-65 e posteriores
19. Premios: Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as “absolutos” e
“locais”; trofeo ao/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría e camisetas para
todos os/as participantes ata esgotar existencias.
Cod. Validación: WKST6CNT6L9A3RG5X66XP4ZEL | Corrección: https://deportesourense.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 4 a 11

Clasificación “absoluta” Clasificación “locais”
1º posto: trofeo e 1.000 €
2º posto: trofeo e 700 €
3º posto: trofeo e 500 €
1º posto: trofeo e 300 €
2º posto: trofeo e 200 €
3º posto: trofeo e 100 €
Para optar ao premio de “locais”, o/a atleta con nacionalidade española, será
nado/a ou empadroado/a no Concello de Ourense.
Premios especiais:
 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina
(Homes: 28’49’’ no ano 2010, Mulleres: 32’45’’ no ano 2010).
 Premio especial Caixabank: 300€ polo primeiro posto ao cruzar o
control do 5km, tanto na categoría masculina como feminina. É
imprescindible rematar a carreira e clasificarse para optar a este premio.
Os premios non son acumulables, agás os premios especiais, e aplicaráselles a
normativa vixente do IRPF.
20. A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas no entorno do Pavillón dos
Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar,
previa xustificación dos datos aportados na inscrición, presentando a
documentación acreditativa que proceda (DNI, pasaporte, certificado de
empadroamento... etc). É de obrigado cumprimento a asistencia á Cerimonia de
Premiación para percibir os trofeos e os premios económicos.
21. Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
non realizar todo o circuíto da carreira, non pasar por todos os controis, non levar
dorsal-chip visible por diante ou manipulalo, falsificar datos persoais e a
suplantación de identidade.
22. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
23. Aceptación do regulamento: Todos/as os/as participantes, polo feito de
inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no
caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo,
resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor. O feito de participar nesta carreira implica a
autorización á Organización para poder facer uso das imaxes do evento.
Cod. Validación: WKST6CNT6L9A3RG5X66XP4ZEL | Corrección: https://deportesourense.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 5 a 11

A participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas,
rexerase polas normas recollidas no REGULAMENTO DE COMPETICIÓNS
TEMPADA 2022 RFEA
https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2022/05_ReglamentoCompeticion.pdf
SECCIÓN TERCERA: DE CATEGORÍA AUTONÓMICA
Artículo 16. Competiciones de categoría autonómica
Artículo 17. Requisitos de Participación
Aqueles/as atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta
proba, proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados/as.
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA,
rechazará a inscrición dos/as corredores/as federados/as doutras federacións
autonómicas que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións de
ámbito autonómico.
24. Esta proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e
Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense) e por procedementos
automatizados contratados pola Organización.
25. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis
tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados.
26. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de
Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores.
27. Este regulamento poderá ser actualizado se hai normas federativas que así
o aconsellen. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e
ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima
oportuno por razóns de seguridade.
28. Asistencia médica: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da
competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
Cod. Validación: WKST6CNT6L9A3RG5X66XP4ZEL | Corrección: https://deportesourense.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 6 a 11

Seguro: Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que
se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que
a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
Organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe
á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de
Datos.

[ Go Back ]