Calendario
Ver carrera

Touro

22/10/2022 17:00 - 18:30

[ Go Back ]

Descripción VIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO
DE TOURO
Sábado 22 de outubro
partir das 17:00 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada de
cada proba farase na rúa Isabel II, a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
3.- A inscrición da proba absoluta (de sub 20-sub 23 a máster) poderá realizarse na web
www.emesports.es ata o mércores 19 de outubro ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a sub 18) farase a través da páxina web
www.emesports.es ; a data límite de inscrirción será o mércores 19 de outubro ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a sub 18 incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de sub 20 – sub 23 a máster): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
https://emesports.es/eventos. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto cos teléfonos 654 285 692 (de martes a venres de 09:00 a 15:00) ou
981 504 029 en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres ou no em@il
soporte@emesports.es.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada na Casa do Concello, a
carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos antes de cada proba
correspondente.
5.- PREMIOS
Percibirán trofeos:
• Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos, agás a categoría pitufo que non
teránclasificación, e tamén os tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
masculino e feminino.
• Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como femeninos
tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible estar
empadroado no Concello de Touro.
• O primeiro clube masculino e o primeiro clube femenino na clasificación final,
establecida pola suma dos seis primeiros clasificados e seis primeiras clasificadas do
clube na clasificación individual final. Nesta clasificación só se admitirá a
participación de clubes federados que deberán inscribir os seus atletas de xeito
individual marcando a opción de “participa na clasificación de clubes” en cada
inscrición.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automaticamente descalificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición
non máis tarde de 20 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
Categorías e horarios
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Sub 20 – Sub 23 2000 a 2004 17:00 h 10000 m aprox
Senior de 1988 a 1999 17:00 h 10000 m aprox
Máster A masc/fmno de 1982 a 1987 17:00 h 10000 m aprox
Máster B masc/fmno de 1973 a 1981 17:00 h 10000 m aprox
Máster C masc/fmno 1972 e anteriores 17:00 h 10000 m aprox
Pitufo 2017 e posteriores 19:15 h 150 m
Prebenxamín 2015 / 2016 19:10 h 300 m
Sub 10 2013 / 2014 19:00 h 1000 m
Sub 12 2011 / 2012 18:45 h 2000 m
Sub 14 2009 / 2010 18:45 h 2000 m
Sub 16 2007 / 2008 18:20 h 3000 m
Sub 18 2005 / 2006 18:20 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:30 HORAS
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta
normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela,
resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as regras da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.

[ Go Back ]