Calendario
Ver carrera

Trail Vikingo-Carnota

20/11/2022 10:30 - 14:30

[ Go Back ]

Descripción O Departamento de Deportes do Concello de Carnota e o Club de
Atletismo Carnota Runners organizan o domingo 20 de novembro a
VIII Trail Viquinga do Concello de Carnota, con dúas distancias
aproximadas, unha longa de 22 km e unha curta de 12,5 km, cun
desnivel positivo aproximado de 1000 m.
Nesta competición poden participar todas as persoas que o desexen,
tanto nenos/as como adultos/as.
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIOS
Chupete Mixta
2018 e
posteriores 50 m (aprox.) 11:35 horas
Pitufo Mixta 2015 – 2019 200 m (aprox.) 11:30 horas
Cativos I Masculina
2011 – 2014 1.000 m (aprox.) 11:15 horas Feminina
Cativos II Masculina
2007 – 2010 3.000 m (aprox.) 10:45 horas Feminina
Sénior
curta
Masculina
1973 – 2006 12.500 m (aprox.)
10:30 horas Feminina
Sénior
longa
Masculina
1973 – 2006 22.000 m (aprox.) Feminina
M50 curta Masculina 1972 e
anteriores 12.500 m (aprox.)
10:30 horas Feminina
M50 longa Masculina 1972 e
anteriores 22.000 m (aprox.) Feminina
NORMATIVA XERAL
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.
2. Haberá dous percorridos para maiores de 16 anos, unha distancia
curta de aproximadamente 12.500 m, e unha distancia longa de
22.000 metros, aproximadamente. Para os Chupetes, 50 metros;
para os Pitufos, 200 metros; para os Cativos I, 1.000 metros e
para os Cativos II, 3.000 metros.
3. A saída estará situada no Pavillón Municipal de Lamas de
Castelo.
4. O comezo da carreira das categorías Sénior e M50 será ás 10:30
h, aproximadamente.
As categorías base correrán mentres se leva a cabo a carreira das
categorías Sénior e M50. Os Cativos II comezarán a súa carreira
ás 10:45 horas, os Cativos I ás 11:15 e os Pitufos e os Chupetes
ás 11:30 horas, aproximadamente.
5. A Organización da proba resérvase o dereito a modificar os
horarios ou o percorrido, así como a aprazar ou suspender a
carreira, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de
seguridade.
6. Os/as atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra
do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin
de carreira considéranse, para todos os efectos, usuarios normais
da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios.
Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa
responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde
suficiente para afrontala.
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba, non
se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícita
a aceptación do Regulamento xeral da proba. O Concello de
Carnota non se fará responsable dos danos físicos, morais ou
materiais que ocasione a participación nesta carreira. Os aspectos
non recollidos neste Regulamento resolveranse segundo o criterio
da comisión organizadora, cuxas decisións serán inapelables.
10. A Organización porá á disposición das persoas participantes un
servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún
síntoma ou lesión durante a proba.
11. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o
percorrido.
12. Ofrécese un servizo de gardarroupa para os corredores e
corredoras que o precisen.
13. A organización pon á disposición dos/das participantes na carreira
o Pavillón Polideportivo Municipal de Lamas de Castelo para que
se poidan asear.
14. O tempo máximo de duración da proba será de 2:00 h, a partir da
entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir dese
momento, os corredores e as corredoras que permanezan en ruta
deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
15. Existirá un posto de avituallamento intermedio,
aproximadamente no quilómetro 11, no que se habilitarán
papeleiras para tirar os residuos.
16. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da
carreira. No avituallamento haberá servizo de recollida de
desperdicios.
17. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os
autorizados pola Organización.
18. En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
19. Non se permite o acompañamento de animais.
20. Os/as participantes autorizan a Organización a rexistrar total ou
parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión
ou calquera outro medio de difusión.
INSCRICIÓNS
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente
o presente regulamento e calquera posible modificación.
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario habilitado
na páxina web www.galitiming.com
2. Termos e prezos das inscricións:
▪ As inscricións efectuaranse na páxina www.galitiming.com e
poderanse facer ata o martes 15 de novembro ás 23:59 h.
▪ A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de
idade deberá ir acompañada dunha autorización
paterna/materna, segundo o modelo establecido pola
organización. O dito modelo, que se pode descargar na páxina
web www.galitiming.com ou na páxina web do Concello
(www.carnota.gal), deberá imprimirse e presentarse
debidamente cuberto e asinado á hora de recoller o dorsal ou
no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
▪ O prezo de cada inscrición será de 5€.
▪ A inscrición para os/as atletas menores de idade será gratuíta.
▪ Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
▪ En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
3. A entrega de dorsais abrirase ás 09:00 horas no Pavillón
Polideportivo de Lamas de Castelo e permanecerá aberta ata 15
minutos antes do inicio da proba.
4. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións
especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da
proba.
5. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no
regulamento, dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a
estas indicacións non poderá participar na proba.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA
1. Establécense os seguintes premios:
▪ Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e clasificadas
da categoría Sénior e M50.
▪ Trofeo ao/á mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no
concello de Carnota.
▪ Medalla para todas as persoas participantes nas categorías
base. Na categoría Pitufos levarán medalla todos/as os/as
participantes. Nas categorías Cativos I e Cativos II, levarán
medalla todos/as os/as participantes, e subirán ao podio os/as
tres primeiros/as de cada unha destas categorías.
▪ Agasallo conmemorativo para todas as persoas participantes
na carreira.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de
Galitiming.
PERCORRIDOS E HORARIOS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIOS
Chupete Mixta
2018 e
posteriores 50 m (aprox.) 11:35 horas
Pitufo Mixta 2015 – 2019 300 m (aprox.) 11:30 horas
Cativos I Masculina
2011 – 2014 1.000 m (aprox.) 11:15 horas Feminina
Cativos II Masculina
2007 – 2010 3.000 m (aprox.) 10:45 horas Feminina
Sénior
curta
Masculina
1973 – 2006 12.500 m (aprox.)
10:30 horas Feminina
Sénior
longa
Masculina
1973 – 2006 22.000 m (aprox.) Feminina
M50 curta Masculina 1972 e
anteriores 12.500 m (aprox.)
10:30 horas Feminina
M50 longa Masculina 1972 e
anteriores 22.000 m (aprox.) Femin

[ Go Back ]