Calendario
Info da proba

Vilamartín de Valdeorras

27/11/2022 10:30 - 12:00
Regulamento “CARRERA DE LAS CIUDADES CONTRA EL CÁNCER DE PÁNCREAS”
VILAMARTÍN 27/11/2022
Andaina e Carreira
ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas), AESPANC (Asociación Española de Pancreatología) e
ACAPAVAL (Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras), coa colaboración da Delegación da F.G.A en
Valdeorras, organizan a Vª CARREIRA E ANDAINA DAS CIDADES CONTRA O CANCRO DE PANCREAS, que
terá lugar no Concello de Vilamartín o vindeiro 27 de novembro do 2022, a partir das 10.00 h.
PROBA OFICIAL DA F.G.A
 As inscricións para a Carreira e a Andaina se realizará preferentemente a través da web de carreiras
galegas, ata as 23.59 h do martes 22 de novembro, ou ben nos puntos habilitados
para a mesma ata o devandito 22 de novembro nos horarios específicos de cada establecemento
ou punto habilitado.
 Formas de inscricións e prezos:
 Retirada de dorsais: Pavillón Municipal de Vilamartín de Valdeorras
o sábado 26 de novembro de 16:00 h. a 20:00 h.
o domingo 27 de novembro de 08.30 h. a 10.00 h.
 Os menores de 16 so poderán participar na andaina e deberán aportar unha autorización asinada
polos pais ou titores legais.
Agradécese a realización da INSCRICIÓN ANTICIPADA online
- Carreira
(populares e
federados)
Adultos
10 €
INSCRICIÓN ANTICIPADA. Ata o 22 de Novembro:
Online: www.carreirasgalegas.com
En A Rúa: Trisport A Rúa
- Andaina
(Curta ou
Longa)
Adultos 10 €
Nenos 5€
(menores de 16 anos)
En O Barco:
 Garoba
 Bicis Chapi
 Trisport
En Rubiá:
 Librería Teresita
 Trastos
En Vilamartín: Fimar Consultores
- Carreira
Popular
(populares e
federados)
- Andaina
Adultos 10 €
Nenos 5€ s
INSCRICIÓN ÚLTIMA HORA. Ata o 27 de Novembro:
No mesmo día ata 1 hora antes do comezo da proba
INSCRICIÓNS:
Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos
ao Dorsal 0 habilitado na web de Carreiras Galegas.
O importe da inscrición así como do Dorsal 0 será destinado
integramente para o financiamento das becas de investigación contra o
Cancro de Páncreas
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser
visible no desenvolvemento da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá
durante o transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser
descalificados.
3º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 40
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
4º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
circuíto da carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
5º.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e o feito de tomar
parte na saída da proba significa a aceptación do presente regulamento.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; ao lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo non relacionado á
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización disporá SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do
comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos médicos, están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado
físico durante o desenvolvemento da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os
inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na proba un recoñecemento de aptitude
médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8º.- Coa inscrición, os participantes dan o seu consentimento para que a súa imaxe poida
ser utilizada con fins deportivos, de promoción, distribución e/ou explotación para
promover a celebración deste evento e/ou sucesivos, sen límite temporal, e/ou fomentar a
participación nos mesmos, mediante a reprodución de fotografías/vídeos/gravacións da
proba, a publicación de listaxes clasificatorias, etc., independentemente do medio ou
dispositivo a través do cal se realice (Internet, publicidade, etc.). Os inscritos ceden de
REGULAMENTO:
forma expresa o dereito a reproducir o seu nome e apelidos, o posto obtido na clasificación
xeral e a propia do participante, a categoría, a marca deportiva ou calquera outro dato
derivado da participación no evento.
9º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
10º.- Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
 Trofeo os 3 primeiros clasificados da Carreira Popular masculina e feminina*.
 Trofeo o primeiro clasificado Sénior masculino e feminino*.
 Trofeo o primeiro clasificado Master “A” masculino e feminino*.
 Trofeo o primeiro clasificado Master “B” masculino e feminino*.
- *Os premios da clasificación xeral individual e por categorías da carreira popular non serán
acumulativos.
 Trofeo o atleta máis veterano masculino e feminino.
 Trofeo o equipo, grupo ou familia, máis numeroso na andaina longa e curta.
Debes poñer o nome do teu equipo no formulario de inscrición.
 Trofeo o andarín mais maior (independentemente do sexo) na andaina longa e curta.
 Trofeo o andarín mais xoven (independentemente do sexo) na andaina longa e curta.
PREMIOS:
 CARREIRA POPULAR: Idade mínima de participación 16 anos.
 ANDAINA POPULAR: Poderán participar todas as idades.
Os participantes menores de 16 anos so poderán participar na andaina.
As distancias son orientativas e non homologadas.
SAIDA e META estará situada no Pavillón Municipal de Vilamartín de Valdeorras.
Distancias:
 ANDAINA CURTA: 5.000 M.
 ANDAINA LONGA E CARREIRA: 12.500 M.