Calendario
Info da proba

Pereiro de Aguiar

05/11/2022 12:45 - 13:45
Regulamento "XXV CROSS GUILLELME BROWN"
O sábado 5 de novembro de 2022 celebrarase o "XXV Cross Guillelme
Brown", proba incluída no calendario oficial da Federación Galega de
Atletismo, atendendo ás seguintes normas:
1. HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:
Hora Categoría Ano de
nacemento Distancia
10:30
Cadete Feminino
Xuvenil Feminino
2007-2008.
2005-2006. 3 voltas (2.520m)
10:45
Cadete Masculino
Xuvenil Masculino
2007-2008.
2005-2006.
4 voltas (3.360 m)
11:00 Infantil Feminino 2009-2010. 2 voltas (1.680 m)
11:15 Infantil Masculino 2009-2010. 3 voltas (2.520 m)
11:30 Alevín Feminino 2011-2012. 1 volta (840 m)
11:45 Alevín Masculino 2011-2012. 2 voltas (1.680 m)
12:00 Benxamín Feminino 2013-2014. 1 volta (840 m)
12:10 Benxamín Masculino 2013-2014. 1 volta (840 m)
12:20 Prebenxamín 2015 y
2016. 400 m
12:30 Pais, nais e profesores
do colexio 2 voltas (1.680 m)
12:45 Absoluta 2004 e
anteriores 5 voltas (4.200 m)
13:30 Entrega de trofeos
O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no
interior do recinto escolar.
2. PARTICIPACIÓN
Poderán participar todos os colexios, clubes e asociacións
convidadas ao efecto cun só equipo por categoría sen número límite de
corredores/as, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.
3. INSCRICIÓNS
As inscricións, dos deportistas federados, realizaranse polos clubs
na intranet da RFEA, antes das 24'00 horas do martes día 1 de novembro.
Os deportistas non federados realizarán a súa inscrición, ata as
24’00 horas do martes 1 de novembro, cubrindo o formulario do seguinte
enlace:
https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xxv-cross-guillelme-brown/e3a30593-
1c32-ba40-638b-3a07024f2cbf
A Organización establece un límite de 500 inscricións.
O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos
ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.
4. DORSAIS
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30
minutos antes do inicio do Cross.
5. CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas clasificacións:
a) Individual; segundo a orde de entrada en meta.
Ojo morado Por equipos; sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor
clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que
sume menor número de puntos.
6. PREMIOS E TROFEOS:
a) Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías
benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil tanto masculino como
feminino.
Ojo morado Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c) Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.
A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín, benxamín,
alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta, tanto masculino como feminino).
7. OUTROS APARTADOS:
- Debido ao carácter popular e sobretodo gratuíto da proba, o colexio
contará con 350 bolsas deportivas como agasallo para os participantes,
que serán preferentemente para as categorías escolares e para os
adultos en función da súa orde de chegada e ata acabar as existencias.
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes
do inicio, unha vez avisados polos xuíces.
- Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na
ficha de inscrición o seu número.
- Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos
tendo en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo e, de
ser preciso, a normativa RFEA e WA.